XOVES 24 DE NOVEMBRO: PRESENTACIÓN DE “CANCIONEIRO DE BUÑO” DE DOLORES CANCELA PÉREZ


O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 – A Coruña), terá lugar a presentación de “CANCIONEIRO DE BUÑO” de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos.

Participan no acto:

Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo Lista Cancela (Sobriño – Neto de Dolores Cancela) / Xosé Manuel Varela (Editor literario) / Antonio Fernández (Fotógrafo) / Modera: Felipe Senén López Gómez (Arqueólogo e escritor)