A partires da década dos oitenta, acolléndose a argumentos históricos, potenciase a Ribeira Sacra con canto ela significa de paisaxe natural e cultural. Territorio repartido entre as provincias de Lugo e Ourense, elixindo como centro neurálxico Monforte de Lemos. No 2019 poténciase a súa candidatura á declaración de Patrimonio da Humanidade. Os argumentos para tal potenciación e denominación parten do 1124, tal como aparece no documento da fundación do Mosteiro de Montederramo: Rivoira Sacra , na que Tereixa, filla de Alfonso VI, esposa de Enrique de Borgoña e nai de Afonso Enriquez, tiña extensas propiedades
Viaxe fondamente Cultural, que dependendo do tempo, por canto comporta de climatoloxía e cronoloxía, levaranos por exteriores e interiores dos máis significativos paraxes e monumentos: igrexas, mosteiros , miradoiros, centros de produción artesanal, adegas…
Como conclusión porase en valor a misión de humanización do territorio por parte dos mosteiros: a vitivinicultura, a castaña, os camiños de arrieiros, da feira…
Agardamos pois que o tempo nos acompañe e nos facilite facer boa parte do recorrido proposto:
Sábado 26 de novembro:
Saída do Obelisco ás 9 da mañá, en dirección a Chantada, pasando previamente polas igrexas das abas do mítico Monte faro, como S. Miguel do Monte, seguindo cara a igrexa de Nogueira, célebre polas súas pinturas… De seguido a Ribas de Sil, Diomondi… Eiré, San Fins de Cangas, Ferreira de Pantón… os vellos camiños romanos e logo de ermitaños cristianizadores.
Apartámonos do recorrido para chegar a Torbeo, celebre pola súa igrexa románica e pola súa meiga, onde teremos un xantar enxebre.
Pola tarde, recorreremos as Ribeiras do Bibei por Portomourisco, o Bolo e o célebre Santuario das Hermidas. Dependendo da Luz poderiamos retornar seguindo o Bibei e a súa Ponte Romana, entre espectaculares socalcos, propios da “vendima heroica”.
Chegada ao hotel, acomodación e cea, despois da que daremos un paseo nocturno pola cidade da celebérrima familia Castro, da que , no medievo e no Renacemento, cando “Gallaecia Fulget” saíron princesas, cardeais, virreis…
Domingo 27 de novembro:
Saída ás 9,cara Sober e centro cerámico de Gundivós, visita á igrexa de Mañente e varios miradoiros sobre o Sil: Santiorxo, Santuario de Cadeiras… Doade… cara a vila de Castro Caldelas presidida polo seu mosteiro de Montederramo., onde haberá moito que falar da Orde do Cister e do seu fundador Bernardo de Claraval tan en relación co Reino de Galicia.
Estamos en terras de Parada de Sil, a dos barquilleiros e dos afiadores, a da solitaria igrexa de Santa Cristina de Ribas de Sil… onde teremos o noso xantar, para seguir e finalizar o día no Itinerario de San Pedro de Rocas e San Estebo de Ribas de Sil e canto sexa posible pois sempre espera por nós un santuario , perto da romana Vía Nova ou XVIII que cristianiza un antigo templo pagan.
Chegada á Coruña, esperamos que todos felices e contentos, cargados de saber e con gañas de retornar, arredor das 22 horas.
INFORMACIÓN E RESERVAS EN:

Federico Tapia, 41 (Baixo) – A Coruña
Telf: 981 216 600
