MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO: PRESENTACIÓN DE “ESCONXUROS” DE MERCHE ANTÓN


O mércores 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), terá lugar a presentación do libro de poesía de Merche Antón: “ESCONXUROS”. No acto acompañarán a autora: Siro López (ilustrador) , Santiago Fernández (actor) e Xulio Valcárcel (editor).

Resumo: “A reflexión amorosa atinxe, a un tempo, á memoria de vivencias e aconteceres do pasado e a denuncia dos problemas actuais: atentados ecolóxicos, desgrazas, naufraxios, guerras e inxustizas cometidas por causa do imperialismo, a cobiza e as ideoloxías.

Porén, a esperanza triúnfa sobre o mal no epifonema que pon broche de honra a estes esconxuros: “A humanidade en flor será purificada!”. Extracto do prólogo de Xulio Valcárcel.