XOVES 3 DE NOVEMBRO: PRESÉNTASE O LIBRO DE LUIS SUÑÉN “COMO NÉBOA QUE ENTRA”


O xoves, 3 de novembro, ás 20 horas terá lugar no Espazo Cultural Portas Ártrabas (rúa Sinagoga, 22, baixo) o acto de presentación do libro do poeta Luis Suñén “Como néboa que entra”. É unha antoloxía bilingüe castelán-galego, editada por Medulia. A selección e tradución dos poemas foi responsabilidade de Xosé María Álvarez Cáccamo. Intervirán no acto o autor, o tradutor, o escritor Xavier Seoane e o director da editorial Medulia, Xulio Valcárcel.