XEIRA NO TEMPO DE SANTOS, DEFUNTOS E MAGOSTOS POLO MINHO PORTUGUÉS DO 30 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO


O MINHO PORTUGUÉS CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

30 – 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO

Xeira a través dun tempo e dunha terra que sabe saudar ao outono.  E faise lembrando aos defuntos e aos santos, con flores e silencios nos camposantos e nesas igrexas revestidas de arte de todo tempo. Días nos que se acenden as lumeiradas dos Magostos, se asan castañas e se proba o viño novo. É este o tempo do celebrado San Martiño, o das primeiras matanzas. Poucos países hai no mundo que saiban celebrar e ofrecer o mellor destas tradicións como o Minho Portugués, terra de castros, de románico e barroca por excelencia.

Esta parte parte do Portugal de hoxe foi da antiga e suevica Gallaecia Bracarense. Minho que ten tres partes diferenciadas:  O Alto Minho con base en Ponte da Lima; o das beiras do Cávado, con centro en Barcelos e o Baixo Miño ou o que rega o río Ave, esta con cidades como Braga e Guimarães entre outras, que están na área periurbán do inmediato Porto.

Tres días moi completos para adentrarse na arqueoloxía, etnografía, na historia e mesmo na gastronomía desta terra e no  tempo propicio.

Saberemos adaptarnos ás circunstancias meteorolóxicas, pois penetramos nunha cultura que trata deso precisamente. Somos especialistas en saber enxergar o mundo, que é algo máis que poñer os cinco sentidos, a intuición poética, o saber , as relacións. Procuraremos saír cunha visión teórica e práctica do que é o Minho.

É esta unha viaxe  fundamentalmente  cultural, imprescindible para internarse na cultura e na irmandade galaico-portuguesa.

Para estancia, como ida e volta por este recorrido Minhoto, eliximos a pequena vila mariñeira de Vila Praia de Áncora, o familiar Hotel Meira, onde teremos a cea e o aloxamento.

Domingo 30 de Outubro: VIANA DO CASTELO, BARCELOS… DUME

Saída do Obelisco, puntualmente, para deixar no itinerario a provincia da Coruña, a de Pontevedra, pasar o Miño en Tui e facer a primeira parada técnica e visita a Caminha, cidade pensada para dar paso e para o mar. Sigue o noso itinerario por Viana do Castelo, a que recorreremos como unha enciclopedia da mesma historia de Portugal debuxada nas súas construcións e nas mesmas tradicións e historia que garda a súa exemplar rede museística. De seguido partiremos a  Barcelos, capital dos grande oleiros, homes e mulleres que, na aldea de San Martiño de Galegos fixeron singular arte co barro:  Misterio, Rosa Ramallo, Ana Baraça, Cota, a Sapateiro…. Aquí teremos un xantar enxebre.

Cerquiña, preto temos Dume, arrabaldos de Braga, tan relacionados con Galiza e coa vida de San Martiño de Dume, o cristianizador deste confín de tradicións celtas e panteístas, priscilianistas  temos a igrexa  altomedieval de San Fructuoso de Montelius  (Sc. VII) da boa proba de canto dicimos. Igual que o mosteiro de Tibães,  antigo e grandioso centro de formación dos bieitos misioneiros polo mundo, proba do imperio portugués entre os séculos XVI e XVIII.

Retornamos á base que é  a fermosa e pequena Vila Praia de Ancora, onde nos aloxaremos.

Luns 31 de Outubro: BRAGA, GUIMARÃES… BRITEIROS

Saída ás 9 (hora española) en dirección a Braga coa ansia de facer un amplo recorrido pola cidade, contar a súa historia, os seus pazos e templos, as súas tradicións… que precisamente neste tempo teñen o seu mellor esplendor, pois en Braga reina o barroco en harmonía cun eterno outono. Dende o alto do Sameiro entendese moi ben o que significaron estas terras na Bracarense. Xantar en lugar típico.

Seguiremos a Guimarães para un novo recorrido por vila tan histórica e tan en relación con Galiza, pois “aquí naceu Portugal”, o seu  castelo, palacios, igrexas, mosteiros… Dependendo do tempo climatolóxico e cronolóxico podemos visitar os arredores tan en relación coa arqueoloxía, os castros… entre eles o grandioso castro de Briteiros.

Retornamos novamente a Vila Praia de Ancora, onde teremos a cea e aloxamento.

Martes 1 de Novembro: ARCOS DE VALVEDEZ,  O SOAJO…

Saída ás 9 (hora española)en dirección a Ponte da Lima, para seguir a Arcos de Valvedez, por as máis emblemáticas paisaxes que caracterizan os Viños Verdes e grandes pazos. Vilas que bordean a serra do Soajo e da Peneda e que levan a Melgaço e Monçao… vilas da raia caracterizadas polas súas tradicións e pazos como a Brejoeira. Nun destes puntos ou ben da serra teremos o xantar enxebre.

A ultima hora da tarde dende a mesma fronteira retornaremos cara ao punto de orixe.

INFORMACIÓN E RESERVAS EN:

Rúa Federico Tapia, 41 (A Coruña)     –    Telf.: 981 216 600