Podes anotarte, sempre hai sitio, neste caso para unha xeira inmensamente cultural. Como unha expresiva antoloxía da Historia de Galicia, por canto significan na súa vinculación con Compostela esta dúas vilas, xenuinamente mariñeiras: MUROS E NOIA
E entre elas un universo no que enredarse, dende os Tamaricos á casa de Trastámara para entrar na contemporaneidade, velaí a central do Tambre do arquitecto Antonio Palacios, a Serra de Outes e o Santuario de San Ourente de Entíns coas reliquias do San Campio, a fonte milagreira do Rial… os carpinteiros de Ribeira do Freixo, o Monte Louro e os petróglifos, a Lagoa… Terras de intelectuais, artístas, humanistas… e retorno por Carnota, Lires… E esta unha xeira que levará a moitas outras…. Non faltes.
ANÓTATE EN PORTAS ÁRTABRAS TELF.: 981 210101 / 630 930298