A continuación presentamos o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizará entre o 18 e o 24 de abril de 2022 ao REINO DE ARAGÓN;
DÍA 18/ABRIL: A CORUÑA – JACA
Presentación no Obelisco para saír en dirección a Jaca, xantar en restaurante en roteiro. Durante o itinerario coñeceremos algún punto de interese na “Ruta do Cid”, como San Pedro de Cardeña. Chegada ao hotel de Jaca e distribución de habitacións. Cea e aloxamento.
DÍA 19/ABRIL: JACA – SAN JUAN DE LA PEÑA – SANTA CRUZ DE LA SERÓS
Almorzo e pola mañá visitaremos Jaca, a primeira capital do reino de Aragón. Situada ao comezo do camiño de Santiago conserva unha das máis antigas catedrais da península. Coñeceremos o centro histórico e tamén o museo diocesano que alberga unha das coleccións máis importantes de arte románico. A continuación achegarémonos ao Mosteiro de San Juan de la Peña, panteón dos primeiros monarcas aragoneses e que está escavado na propia roca. Faremos unha parada na localidade de Santa Cruz de la Serós para coñecer a igrexa do que foi singular mosteiro feminino que deu nome á localidade.
Despois dirixirémonos cara a Sos del Rey Católico, onde teremos o xantar. Pola tarde visitaremos esta vila, declarada conxunto histórico artístico en 1968. Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.
DÍA 20/ABRIL: GRAUS – RODA DE ISÁBENA – AÍNSA
Almorzo. Sairemos pola mañá con dirección a Graus para recorrer esta localidade, capital da comarca da Ribagorza, un dos condados históricos da chamada Marca hispánica. Veremos a súa pintoresca praza maior e a Basílica da Virxe da Pena. Continuaremos cara a Roda de Isábena, modesta localidade para coñecer a súa catedral e tesouros.
Pola tarde regresaremos a Jaca pasando por Aínsa, unha das máis belas localidades do pirineo aragonés; daremos un paseo polas súas rúas e visitaremos a súa igrexa parroquial. Cea e aloxamento.
DÍA 21/ABRIL: MALLOS DE RIGLOS – HUESCA – ALQUÉZAR – ZARAGOZA
Almorzo. Tomaremos o camiño panorámico para descender con dirección a Huesca, facendo unha parada para contemplar os impresionantes Mallos de Riglos. En Huesca visitaremos a súa catedral, a igrexa e claustro de San Pedroovello e o museo provincial coas salas medievais do antigo palacio dos reis de Aragón. Continuaremos a Alquézar, situado na Serra de Guara, daremos un paseo polas súas rúas e comprenderemos a súa singular colexiata. Xantar en restaurante. Tras a visita continuaremos a nosa viaxe cara a Zaragoza.
DÍA 22/ABRIL: ZARAGOZA
Almorzo. Dedicaremos todo o día a coñecer a que foi capital da Coroa de Aragón e que conserva testemuños do seu rico pasado. Visitaremos a Basílica da nosa Señora do Pilar e a coñecida como Catedral da Sé, co seu extraordinario museo de tapices e o Palacio da Aljafería, do século XI que foi residencia do monarca da Taifa de Zaragoza. Aloxamento no hotel.
DÍA 23/ABRIL: ZARAGOZA
Almorzo. Este día centrarase no artista máis internacional aragonés de todos os tempos; Francisco de Goya e Lucientes. Desprazarémonos ata a Cartuxa da aula Dei para coñecer un dos conxuntos relixiosos máis importantes que realizou o artista. Visitaremos o museo Ibercaja-Goya para coñecer todas as series de gravados que realizou ao longo da súa carreira. Tampouco deixaremos o museo provincial onde se gardan algunhas das obras máis interesantes. Xantar en restaurante.Completaremos o recorrido pola cidade con outros lugares típicos de Zaragoza.
DÍA 24/ABRIL: ZARAGOZA – A CORUÑA
Almorzo e regreso á cidade de orixe. Retorno no que faremos algunha visita na contorna de Burgos, como o mosteiro de Santa María a Real das Huelgas, en Burgos. Xantar en roteiro.
Chegada e, FIN DA VIAXE E DOS nosos SERVIZOS
Para máis información e reservas contactar con:
CIBERVIAXES: Federico Tapia, 41 (A Coruña) – Telf.: 981 216600