XOVES 24 DE FEBREIRO: INTRODUCIÓN A CULTURA GALEGA (CONTINUACIÓN)


O xoves 24 de febreiro ás 20 horas, en Portas Ártabras, o museólogo Felipe – Senén continurá con este ciclo de catro sesións que trata de adentrar en aspectos que significan á Cultura Galega no devalar da súa Historia: a teoría do panceltismo, o saudosismo, o culturalismo, os mitos, os ritos, a arte… a aculturación.