LETRAS ORFAS de AFRICA COLL, creacións pictóricas en Portas Ártabras até finais de marzo de 2022.
Esta mostra realizada en colaboración coa Fundación Vicente Risco de Allariz e que ten como punto inspirador, de partida , a historia de Manuel Blanco Romasanta, “o Home Lobo”: a súa contorna e as cartas que supostamente escribiu, entendidos como territorios inexplorados.
Africa Coll é unha artista española establecida en Suecia.
Traballa principalmente con pintura, fotografía, vídeo e instalacións. Todo dentro dunha suxestión poética que tenta interaccionar co espectador.