XOVES 11 DE NOVEMBRO ACTUACION MUSICAL DE AMPARO E ROGER ARIAS: “STRANGE MISTERY FLOWER”


O xoves 11 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a actuación musical de Amparo e Roger Arias STRANGE MISTERY FLOWER sing William Blake”

“Strange Mystery Flower sing Willliam Blake”. Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias. Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. Eses escritos místicos e visionarios, que xiran en torno aos anhelos máis íntimos e fondos do ser humano con respecto ao seu papel no mundo, a súa relación e harmonía coa natureza, así como unhas pingas de crítica social non exenta de certa mordacidade espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas. Así é como se orixina SMF; e baixo este pseudónimo decídese a gravar dez desas cancións xurdidas durante a viaxe coa colaboración fundamental da súa irmá Amparo, para poder compartir este tesouro atopado hai xa un lustro, que foi cociñándose a lume lento nun proceso de creación e gravación máxicos. Para o directo contan cun espectáculo multidisciplinar que en aproximadamente unha hora percorre o imaxinario poético de William Blake a través destas breves pezas musicais, algún que outro poema recitado e a proxección dalgunhas das ilustracións e pinturas máis emblemáticas do célebre poeta e pintor inglés. O próximo xoves 11 de novembro ás 20h poderedes velos en Portas Ártabras (casco vello da Coruña). Aforo limitado.