O xoves 14 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a proxección do documental “As miradas de Isaac” comentado pola Historiadora da Arte, Iria Friné Rivera.
Peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó.
Un documental creado a partir de materiais de arquivo, na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma radicalmente diferente de reivindicar e lembrar a figura de Díaz Pardo, máis acorde coa súa propia visión vangardista, na que se quere revivir o seu universo e o seu espírito sempre aberto, tanxencial e polifacético.
Onde se pon de manifesto a teoría de arte e industria, tradición e modernidade… que caracterizou ao Laboratorio de Formas, base do Museo de Arte Contemporanea Carlos Maside, no pasado referente nos plans muselóxicos, hoxe en lamentable situación e incerto futuro.
Aforo limitado, é preciso reservar no 630 930 298
