VOLVEMOS… RETOMA OS CAMIÑOS E A ILUSIÓN… ESPERÁMOSTE.


Volvemos…

Retoma os camiños e a ilusión, esperámoste

Sempre tivemos as Portas Ártabras abertas, esperándote. E agora, en Setembro e na medida que se normaliza a cuestión volvemos á actividade colectiva e continúa. Xa en programa están prefixadas as seguintes actividades. Inscríbete. Outras iranse incorporando na medida das circunstancias

·       Todos os XOVES: Leccións sobre a Cultura Galega

-2 Setembro:  “Compostela e os seus Camiños” (Felipe –Senén)

-9 Setembro:   ”As mulleres na guerra” (Adela Figueroa)

-16 Setembro:  Os señores de Soutomaior” (Diego Piay)

-23 Setembro “Álvaro Cebreiro artista” (Xesús Torres)

-30 Setembro “Interpretando a Pondal e a súa teoría sobre os Celtas” (Suso Martinez)

·  Todos os LUNS: proxeccións variadas de temas culturais.

VIAXES LONGAS: Anotarse en CiberViaxes Federico Tapia 41, Tfn 981216600

·  20-26 de Setembro: Paisaxe e Cultura de Teruel e das súas serras

·  9-12 de Outubro: Coñecer A Historia e os Museos de Coimbra

·  4-11 de Decembro:  Bélxica e Bruxelas recuperando o Nadal

XEIRAS “COÑECER GALICIA” (Información en Portas Ártabras, Sinagoga 22, tfn.-981210101

·  31 Outubro: O Ribeiro do Barbantiño, Trasalba.

·  28 Novembro:  Ribeira Sacra do Monte Medo, os Milagres…

Pode incorporarse algunha máis, como “Outono no Courel” ou nas Médulas... veremos

ASEMBLEA SOCIOS, elección directiva, programa 2022: Martes 19 Outubro, 20 horas en Portas Ártabras

Actividades que se farán seguindo a normativa vixente en cada momento e das que, previamente,  se dará puntual información.

Colabora e suma ilusión retomando vellos e novos camiños da cultura. Ven ¡¡¡¡¡¡