RETOMAMOS O CAMIÑO DA NORMALIDADE NAS ACTIVIDADES DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA


As Portas Ártabras  seguiron e siguen abertas nos horarios de costume de 19 a 21 todas as tardes, agás os sábados que abrimos de 12 a 14 e os domingos pechamos. Tivemos en exposición unha serie de fotografías que documentaban a actividade de Chamoso Lamas en difíciles anos no que respecta  ao estudo, rehabilitación e revitalización do Patrimonio Cultural.  Meses pasados de maior prudencia no que  foron moit@s  @s que nos visitaron e agradecémolo ben, entendido como un xeito de manter acesa a esperanza. De xeito esporádico e conforme o recomendaban ás circunstancias organizamos algúns actos en Portas Ártabras. Respecto ás xeiras dominicais, ás visitas e ás grandes excursións entendemos mellor agardar prudentemente.

Período no que pouco a pouco fomos experimentando as posibilidades, escoitando e practicando as recomendacións especializadas, compartimos así algunha xeira minoritaria colaborando coa UNED Senior da Coruña-Xestoso, tamén abrindo vencellos de participación coa Fundación Novoneyra, entre outras que nos reclamaron

Agora, á vista xa de setembro e do outono iremos retomando actos, comezando polos luns  de proxeccións e especialmente xoves de setembro no que retomaremos as conferencias sobre o estado da cuestión cultural . Así mesmo queda aberto xa o programa de xeira minoritaria a través da cultura de Teruel, do que incluímos programa bestas páxinas.  En programa para outubro prevense tres días en Coimbra… en en decembro unha semana en Bruxelas e arredores. Antes de fin de ano convocaremos unha desas xeiras domingueiras, da serie “Coñecer Galicia”. Conforme ás posibilidades iremos dando puntual información  do programado.

Mantente en contacto con nós. Agardamos volverte a ver, como sempre.