XOVES 1 DE MARZO: COÑECER A CARAVAGGIO


Por mor da viaxe que o noso colectivo realizará ao corazón de Italia no vindeiro mes de xuño, abrimos agora a un ciclo de conferencias, proxeccións e documentais sobre os etruscos, os ligures, o Lazio. Roma…o Renacemento. Nesta ocasión, e a través dun documental, adentrarémonos na figura do pintor do século XVI, CARAVAGGIO,  primeiro expoñente do Barroco, xenial creador que escandalizou no seu tempo polo realismo e a elección de modelos entre a xente popular, prostitutas, mendigos, nenos da rúa. Como sempre os actos son ás 20 horas no noso espazo de cultura, portas Ártabras