NORMATIVA PARA EXPOÑER EN PORTAS ÁRTABRAS


As favorables condicións museolóxicas do espazo de cultura , " Portas Ártabras", fan que  este espoazo do noso colectivo sexa moi solictado para exposicións temporais de diferente índole, especialmente de pintura. Por todo o cal informamos da normativa para esta actividade, que fundamentalmente debe estas suxeta aos fins de sensiblización sobre a creación, a Arte e o Patrimonio Cultural. 

 

PARA EXPOÑER OU CEDER O ESPAZO DE CULTURA "PORTAS ÁRTABRAS"

  • Preferiblemente socios (pode facerse socio)

  • Presentarase o proxecto á Directiva e deberá ser aprobado previamente por esta

  • O proxecto expositivo ou actividades terná únicamente fins culturais , non lucrativos

  • Amigos dos Museos de Galicia marcará as datas da exposición ou actividades segundo as posibilidades e compromisos do seu espazo de cultura "Portas Ártabras" 

  • Os criterios expositivos correrán a cargo do equipo de Amigos dos Museos de Galicia, conxuntando criterios

  • A difusión, apertura, peche, conferencias, etc. correrán a cargo de quen expón ou cedatario

  • ´Portas Ártabras´ e Amigos dos Museos de Galicia non se responsabilizan da vixiancia e seguridade do exposto

  • Ó final doarase unha obra das expostas a Amigos dos Museos de Galicia