“COÑECER GALICIA 2020”
Viaxar de xeito colectivo é algo máis que aprender, é convivir, compartir o que os seres humanos fixemos e desfixemos ao longo da historia: arqueoloxía, arte, etnografía, paisaxe… Deste xeito, a institución do museo proxéctase máis alá do seu continente e das vitrinas ao verdadeiro escenario do acontecer cotián. Roteiros estudados para cada estación do ano, onde sempre haberá algo novo por sentir.
FEBREIRO
* 19 mércores: (Saída 15 hrs. Obelisco). Visita á Escola de Canteiros de Pontevedra.
MARZO
* 15 domingo: Xeira por amadas terras ourensáns de Otero Pedrayo e da Xeración Nós: Amoeiro, Trasalba e o Ribeiro do Barbantiño no tempo de mimosas.
* 29 domingo: (Atención ao cambio de horario, sairemos ás 9, horas oficial). Xeira á cidade de Lugo e aos seus arredores, atendendo a novas e vellas iniciativas arqueolóxicas e museolóxicas.
ABRIL
* 1 mércores: “Día das Artes de Galicia”, dedicado ao arquitecto barroco Domingo de Andrade.
* 18 sábado: Celebración do “Día Internacional dos Monumentos e os Sitios”. Baixo o lema “Patrimonio Compartido”.
* 19 domingo: Xeira a Mondoñedo, coñecendo os misterios da súa catedral, ás novas iniciativas en relación con Álvaro Cunqueiro e os antigos camiños de Bretoña.
* A fin de mes, en día e hora que se prefixará visitarase o complexo hípico de Casas Novas, Arteixo.
MAIO
* 10 domingo: Xeira a terras ourensáns da Limia e Monterrei,
* 17 domingo: “Día das Letras Galegas” dedicado ao profesor Carballo Calero.
* 18 luns: “Día Internacional dos Museos” 18 de Maio, convocado polo ICOMOS, baixo o lema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” Acto en “Portas Ártabras” e no que se dará a coñecer o “Premio Pedra do Destino 2020”…
* 23-24 (sábado – domingo): o Val do Silencio e as Médulas por camiños diferentes e coas novas perspectivas arqueolóxicas.
XUÑO
* 27 sábado: (saída ás 16 hrs. do Obelisco): Visita por enclaves etnográficos e arqueolóxicos da beiramar bergantiñán, Buño, Borneiro, Dombate, Torre do Allo, batáns do Mosquetín.
* En data e tarde que se fixará previamente farase unha visita ao Pazo do Faramello e enclaves rosaliáns do Sar.
XULLO
* 5 domingo: Xeira pra coñecer a Terra de Montes, Acibeiro, Soutelo… Avión e Pena Corneira.
AGOSTO
* 2 domingo: Xeira a terras lusas de Ponte da Lima e Ponte da Barca.
* 22 sábado (Saída ás 16): Xeira pra coñecer espazos arqueolóxicos do entorno de Betanzos, Coirós, Espenuca, Aranga, Irixoa…
* 30 domingo: Antolóxica e tradicional xeira ao Courel de Novoneyra por camiños diferentes.
SETEMBRO
* 13 domingo: Xeira e visita aos pazos do Ulla e terras e espazos de Neira Vilas.
* 27 domingo: Xeira a terras de Ribadeo e praia das Catedrais.
OUTUBRO
* 25 domingo: (ollo ao cambio de horario, sairemos, como sempre ás 9 adaptándonos ao horario oficial): Xeira pola península e o mar do Grove e Arousa.
* En data e tarde que se prefixará, farase unha visita especial ao Pórtico da Gloria e Catedral de Santiago
NOVEMBRO
* 8 domingo: Xeira a Terras de Lalín, arqueoloxía, historia, etnografía.
* 14 Sábado (ás 17 horas dende o Xardín de S. Carlos). Visita guiada á cidade Vella da Coruña.
* 16 luns: “Día Mundial do Patrimonio Cultural”.
* 21-22 (sábado-domingo): Coñecer integralmente a Ribeira Sacra do Sil e Miño pola banda lucense e ourensán (de Monforte a Ourense).
Neste mes teremos o tradicional cursiño: "Como se visita un Museo".
DECEMBRO
* 20 domingo: A Terra Cha de Manuel María…e máis co Belén de Begonte.
* 21 luns: Despedida de Ano en “Portas Ártabras”.