DOMINGO 12 DE MAIO: XEIRA A TRAVÉS ARQUEOLOXÍA DAS MÉDULAS E DO BIERZO


Anunciamos que o domingo 12 de maio realizaremos a tradicional xeira ao emporio mineiro e arqueolóxico de AS MÉDULAS. Actividade que realizaremos coñecendo singularidades das terras de Valdeorras, seguindo o Sil, así como desta parte do Bierzo, adentrándose no pasado romano, na Historia, nas lendas, coñecendo novos aportes arqueolóxicos e achados sobre as máis grandiosas minas auríferas da antigüidade.

E como sempre non faltará o xantar enxebre berciano. Os que veñan por primeira vez non esquecerán este día e os que repitan enriqueceránse aínda máis a través das novas alternativas culturais e turísticas nunhas paisaxes e Historia da que sempre queda que aprender e admirar.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas. Dado que se vai en autocares pequenos e estando chea a primeira xeira, a máis do domingo 12 realizarase para o excedente de interesados (conseguindo un número mínimo de participantes ) o seguinte domingo 19 de maio.