XOVES 21 DE OUTUBRO: CONFERENCIA DE JOSÉ M. MONTERROSO DEVESA “PEDRA, MÁRMORE E BRONCE”


O xoves 21 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia impartida polo historiador e escritor José M. Monterroso Devesa, titulada “PEDRA, MÁRMORE E BRONCE” na que realizará un percorrido pola historia da Coruña a través das súas placas.

Trátase dun paseo por prazas e rúas analizando epigrafe en pedra , bronce ou barro lembrando a persoalidades ou feitos históricos. Algúns destes documentos desaparecidos, cando non dañados pola erosión ou o vandalismo.

Aforo limitado. É preciso reservar no 630 930 298