DOMINGO 14 DE XULLO: XEIRA AO VAL DE NEIRA


Intensa xeira para  burlar o caluroso tempo de verán penetrando na frescura das bidueiras das ribeiras do río Neira, paraiso ecolóxico, dende Baralla a Portomarín, pasando polas igrexas románicas de  Berselos, Santiago de Covas, a Casa dos antepasados de Fidel Castro en Armea, Láncara, Ponte Neira , Portomarín e Ferreira de Pallares…entre outros puntos e aproveitando ao máximo a luz desta longa xornada.

Unha xeira a lugares pouco turísticos, onde a cultura do río está aínda moi marcada e presente na gastronomía, como ben comprobaremos. Terra tamén dos antepasados do escritor Vázquez Montalbán.

Apúntate e non faltes a esta iniciativa viaxeira intensamente cultural e pouco coñecida.