DOMINGO 16 DE DECEMBRO 2018: XEIRA A OURENSE E OS SEUS BELÉNS


Está aberta a inscripción para sumarte a esta xeira a Ourense. Actividade pensada pra tempo invernal, especialmente para coñecer o Museo e o Belén artístico de Arturo Baltar, un dos "Artistiñas", dos que na taberna de "o Volter", con Quessada, os irmáns de Dios, Buciños, Virxilio, Conde Corbal, Acisclo… compartía tertulia con Risco, parolando arredor da "Arte Galega".

Continuando cunha visita especial ao taller do Escultor  Xosé Cid, en Taboadela…así como aos Tesouros da Catedral de Ourense. Un día intenso, cun xantar apropiado pra este tempo nunha terra que celebra como poucas o tradicional nadal galego.Un xeito de avivar, entre vilancicos e panxoliñas o mellor facer festivo galego.