DOMINGO 10 DE XUÑO. XEIRA ÁS TERRAS DE ORTIGUEIRA


Está aberto o prazo de inscripción para sumarse a esta excursión que recorrerá vellas e novas iniciativas culturais e turísticas das terras de Ortigueira, Bares e o Vicedo, como o xa famoso "Banco de Loiba", Estaca de Bares e os seus muiños de Mañón, o Barqueiro, o Semáforo, o Coído… "o Fuciño do Porco" nos acantilados de o Vicedo, entre aspectos museísticos como o Museo Etnográfico de Meixido…e as ribeiras e escondrixos do mítico bandoleiro Mamede Casanova en Grañas do Sor…Unha xeira axeitada, ilustrada literariamente a lugares frescos e atractivos pra o tempo de verán… sen faltar o xantar enxebre. Anónate xa, chamando ao 981210101.