{"id":4848,"date":"2026-06-22T08:13:56","date_gmt":"2026-06-22T08:13:56","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=4848"},"modified":"2026-06-22T08:13:57","modified_gmt":"2026-06-22T08:13:57","slug":"xoves-25-de-xuno-a-celebracion-do-san-xoan-en-galicia-a-converxencia-dos-4-elementos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2026\/06\/22\/xoves-25-de-xuno-a-celebracion-do-san-xoan-en-galicia-a-converxencia-dos-4-elementos\/","title":{"rendered":"XOVES 25 DE XU\u00d1O: &#8220;A CELEBRACI\u00d3N DO SAN XO\u00c1N EN GALICIA: A CONVERXENCIA DOS 4 ELEMENTOS&#8221;"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <strong>xoves 25 de xu\u00f1o<\/strong> \u00e1s <strong>20 horas<\/strong> ter\u00e1 lugar en Portas \u00c1rtabras unha conferencia pronunciada polo Historiador da Cultura Galega, <strong>Felipe -Sen\u00e9n<\/strong> arredor do &#8220;<strong><em>A CELEBRACI\u00d3N DO SAN XO\u00c1N EN GALICIA: A CONVERXENCIA DOS 4 ELEMENTOS<\/em><\/strong>&#8220;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se trata de furar nas orixes, na orixinalidade da aura que cobre a singular festa no Vello Mundo e m\u00e1is nesta s\u00faa estremeira occidental, a noite do solsticio de ver\u00e1n, a metade do ano, cristianizada polo San Xo\u00e1n. Encontro de fondo car\u00e1cter agrario, pag\u00e1n, onde os Catro Elementos son os protagonistas. Noite de purificaci\u00f3n da casa, a tribo, de fogueiras particulares, cachelas, coas que acender o Lume Novo e m\u00e1is de grandes fogueiras tribais, arredor das que cantar e brincar\u2026 Na grella e na mesa as sardi\u00f1as asadas. Ent\u00f3n na escuridade das lagoas esc\u00f3itase o rumor de cidades asolagadas\u2026na pedra das fontes aparece gravada a cruz e asoman as mouras\u2026 Pola ma\u00f1\u00e1, nun rito de anovaci\u00f3n, lavarse coa auga que acolleu as humildes plantas curativas e recibiu a bendici\u00f3n do sereno m\u00e1xico\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entrada libre ata completar aforamento<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" data-id=\"4851\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4851\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-300x225.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-768x576.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-2048x1536.jpg 2048w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-5-Foto-F.-Senen-120x90.jpg 120w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"1004\" data-id=\"4850\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen-1024x1004.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4850\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen-1024x1004.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen-300x294.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen-768x753.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen-71x71.jpg 71w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen-75x75.jpg 75w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-8-Foto-F.-Senen.jpg 1077w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Noite e d\u00eda que cristianizado traslada o solsticio ao 24, dedicada ao santo do bautismo. Confluir dos Catro Elementos&#8230;celebrada en ritos tradicionais&#8230;con novas e acertadas incorporaci\u00f3ns, como a sardi\u00f1ada, outras non tanto , como levala \u00e1s praias<\/strong><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"720\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada-720x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4849\" style=\"aspect-ratio:0.7032967032967034;width:290px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada-720x1024.jpg 720w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada-211x300.jpg 211w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada-768x1092.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada-1080x1536.jpg 1080w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada-1440x2048.jpg 1440w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/San-Xoan-Sardinada.jpg 1735w\" sizes=\"auto, (max-width: 720px) 100vw, 720px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Noite e d\u00eda do San Xo\u00e1n, metade do ano, eixo do almanaque agrario, tempo do solsticio de ver\u00e1n, celebrado nunha noite de encontro entre homes e mulleres, mozos, nenos e vellos&#8230;xuntos a fortalecer a casa, a tribo, o pobo arredor das tradici\u00f3ns que enxalzan a vida, \u00e1 alegr\u00eda, \u00e1 paz, a car\u00f3n dunha lumeirada e en paisaxes abertas \u00e1 sacrosanta Terra que nos soporta, para afianzar ese pante\u00edsmo paisaxe-paisanaxe, sentirse ecoloxista&#8230; quizais para rematar degrad\u00e1ndose, corromp\u00e9ndose, profan\u00e1ndose o sentimento humanista ao faltar campas, espazos ceibes nos que expresarse, xa que foron reconvertidos en aparcadoiros, en mostrarios da ilustraci\u00f3n municipal, con fontes, monumentos, faroli\u00f1os austrohungaros&#8230;.que non permiten a celebraci\u00f3n festiva&#8230; ent\u00f3n, sen cavilalo, a xente vaise ao que queda ceibe, inmaculado polo poder\u00edo do mar, \u00e1s praias&#8230; coa incorporaci\u00f3n do mercadeo, do botell\u00f3n, dos decibelios&#8230; e vela\u00ed a profanaci\u00f3n. Fen\u00f3meno medrando e imitado a partires da metade dos anos setenta. Pero tam\u00e9n con acertos que se suman e complementan a festa: as sardi\u00f1adas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Celebrado tempo do solsticio que ocorre no hemisferio norte entre o 20 e 21 de xu\u00f1o, cando o o sol brilla con maior intensidade e a noite \u00e9 a m\u00e1is corta. Converxer dos&nbsp;<em>Catro Elementos<\/em>: Lume, Auga, Terra e Aire. Amenceres nos que as raiolas do sol fix\u00e9ronas&nbsp; furar os prehist\u00f3ricos entre as p\u00e9treas c\u00e1maras escuras da morte, as &nbsp;dos dolmens megal\u00edticos, as que tam\u00e9n, &nbsp;como bo agoiro, &nbsp;traspasan os p\u00f3rticos dos trilitos, como no brit\u00e1nico Stonehengue. Noite e d\u00eda considerados m\u00e1xicos, que &nbsp;cristianizados ser\u00e1n &nbsp;apartados \u00e1 xornada do 24,&nbsp; dedicada ao santo&nbsp; toleir\u00e1n que clama no deserto, o do bautismo coa cuncha, o San Xo\u00e1n Bautista, tan en relaci\u00f3n coas augas que todo purifican e apagan . D\u00e1ndolle voltas \u00e1 espiral da historia, no &nbsp;s\u00e9culo VI, o celta galo Gregorio de Tours propu\u00f1a ir e cristianizar os sitios de cultos pag\u00e1ns e sobre eles erguer altares cristi\u00e1ns, iso si, permitindo a festa e recomendando para estas xornadas a celebraci\u00f3n de solemnes bautismos. E vela\u00ed ermidas dedicadas ao San Xo\u00e1n vencelladas a sitios e ritos noutrora pag\u00e1ns,&nbsp; en relaci\u00f3n coas augas, co sol, co lume, co aire e quizais detr\u00e1s da s\u00faa historia e do seu mito a historia alg\u00fan ermit\u00e1n, ebrio de Deus.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Converxer de ritos celtas,&nbsp; romanos, cristi\u00e1ns&#8230;e novidades aculturais<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Celebrados d\u00edas e noites no Eir\u00edn c\u00e9ltico, entre o tempo do&nbsp;<em>Beltaine<\/em>&nbsp;( 1 de maio) e o do&nbsp;<em>Lugnasad<\/em>, ( 1 de agosto) e&nbsp; que o panceltismo moderno segue a facer seus. A denominaci\u00f3n com\u00fan do San Xo\u00e1n prende na Galiza, borra as divindades celtas e romanas para levalas as augas do&nbsp;<em>Leteo<\/em>&nbsp;e cada tempo incorporar\u00e1 cada s\u00faa moda: a tradici\u00f3n transita.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao respecto non ven mal ler aos cl\u00e1sicos e para este tempo vela\u00ed \u201c<em>La Estaci\u00f3n del Amor, fiestas populares de mayo a San Ju\u00e1n\u201d1992)<\/em>&nbsp;de Julio Caro Baroja, como a etnograf\u00eda de Vicente Risco&#8230;e a partir delas todo o que se queira, que haber haina. Festas de flores e rechouch\u00edo de aves &nbsp;que abren ao ver\u00e1n, farturentas de mitos e rituais, de c\u00e1nticos e contos, de agoiros e oraci\u00f3ns, propicias \u00e1 maxia e mesmo aos exorcismos, \u00e1 aparici\u00f3n de seres fant\u00e1sticos, de se\u00f1as e \u00e1nimas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na noiti\u00f1a do 23, na soleira da xanela, po\u00f1erase a almof\u00eda coa auga, dis que mellor recollida de sete fontes&#8230; e nela as sete flores de sete plantas, entre elas&nbsp; a principal, o sabugueiro, xunto cos estraloques, o romeu, a malva, a xesta, a herba Lu\u00edsa, a verbena&#8230; ao respecto desta planta Caro Baroja pona en relaci\u00f3n cos postos de plantas que se instalaban arredor dos santuarios nos que se fac\u00eda festa, de onde sa\u00edu pois o nome da verbena festiva. Perda que non haxa colectividades que nestes d\u00edas fagan e espallen ramilletes, asociados con libros de tradici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os gregos celebraba este tempo de flores e sol &nbsp;recollendo auga do mar, para asperxela sobre as s\u00faas casas,&nbsp; adornadas con ramallos de flores, facendo banquetes. Os romanos festexaban as&nbsp;<em>\u201cPalilia<\/em>\u201d, en relaci\u00f3n co deus Pales, protector dos pastores, acend\u00edanse ent\u00f3n &nbsp;fogueiras, polas que brincaban e pasaban cos seus raba\u00f1os, tam\u00e9n enramando de flores as casas&#8230; ofrecendo aos deuses as primicias das colleitas. E vela\u00ed de semellantes tradici\u00f3ns os \u201c<em>Hirpi Sorani\u201d (&nbsp;<\/em>sacerdotes, lobos do deus solar&nbsp;<em>Sorano,<\/em>&nbsp;venerado no monte Sorano<em>),<\/em>&nbsp;os que pasaban descalzos sobre as cinzas acesas, tradici\u00f3n viva na vila soriana de San Pedro Manrique.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un &nbsp;dos serm\u00f3ns de San Agosti\u00f1o (Sc. V) ref\u00edrese aos que toman o ba\u00f1o no mar neste tempo, as\u00ed como&nbsp; aos que acenden fogueiras nas campas. Pouco despois Marti\u00f1o Dumiense, paisano da Panonia e seguidor do seu hom\u00f3nimo de Tours, cristianizador da Gallaecia no \u201c<em>De Correctione Rusticorum\u201d,<\/em>&nbsp;ref\u00edrese a cousas semellantes. &nbsp;Noite na que se abren as portas e xanelas para deixar que entre o orballo, o aire do San Xo\u00e1n purifique a casa&#8230;e quizais nesa mesma soleira da xanela se pouse unha cunca con clara de ovo&#8230; a que, na ma\u00f1anci\u00f1a, tomar\u00e1 algunha forma que se saber\u00e1 interpretar como agoiro. Noite equiparable \u00e1 da l\u00faa de agosto, nas que ten lugar na Lanzada o fecundador ba\u00f1o das nove ondas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dise no universo celta que nesta noite se escoitan baixo as lagoas (Valdovi\u00f1o, Doni\u00f1os, Antela, Puzo do Lago de Maside&#8230;) o tanxer das camp\u00e1s de igrexas de cidades asolagadas por avaricia<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E vela\u00ed nese reconverter gastron\u00f3mico das festas unha nova incorporaci\u00f3n, sabendo que&nbsp; \u201c<em>polo San Xo\u00e1n a Sardi\u00f1a molla o pan\u201d<\/em>: &nbsp;as grellas de sardi\u00f1as \u00e1s portas de cada taberna ou casa . E toda Galiza e m\u00e1is a\u00ednda a beiramar env\u00f3lvese en fume espeso e recendo a sardi\u00f1a asada. Para maior enxebreza sardi\u00f1as acompa\u00f1adas con cachelos e pan de boroa , sen faltar as cuncas de vi\u00f1o&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As\u00ed, dende as movidas dos oitenta , a sardi\u00f1a prateada e a s\u00faa espi\u00f1a pasan a ser icono do popular tempo de San Antonio e de San Xo\u00e1n, ben o saben os lisboetas e mesmo a Galiza de&nbsp;<em>\u201cpara mari\u00f1eiros n\u00f3s<\/em>\u201d: humilde xantar do pobo, s\u00edmbolo da abundancia, por algo, de xeito retranqueiro levada e tra\u00edda en enterro e fogueira ao rematar o Entroido e entrar na Coresma, cando debera ser ao rev\u00e9s: resucitar a sardi\u00f1a e deixar as carnes de porco para o outono&#8230; O arous\u00e1n Julio Camba dic\u00eda que comer unha sardi\u00f1a \u00e9 como xantar o mar e sempre mellor medindo ben onde e con quen. Lisboa soubo manter, facer seu e recrear sobre o s\u00edmbolo da sardi\u00f1a, tal como fixo o ceramista Bordalho Pinheiro (1846-1905) e m\u00e1is modernamente Joana Vasconcelhos&#8230; e vela\u00ed a tenda de&nbsp;<em>souvenirs<\/em>&nbsp;no Ressio \u201c&nbsp;<em>O Mundo fant\u00e1stico da Sardinha<\/em>\u201d. Lecci\u00f3n recollida pola movida brav\u00fa coru\u00f1esa, pintores como Xaime Cabanas, Cabezas, o mesmo Peteiro souberon darlle voltas e recrear sobre o tema da sardi\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sardi\u00f1a, peixe, amuleto, s\u00edmbolo cristi\u00e1n, noutrora xantar dos pobres, con tantas significaci\u00f3ns b\u00edblicas, apost\u00f3licas, milagreiras&#8230; que entra no remu\u00ed\u00f1o festivo, arredor das fogueiras, cachelas, das danzas, de contos e cantos, de pasados con presentes, de realidades con ideais e esperanzas, como ben sabe celebrar Carballo de Berganti\u00f1os,&nbsp; Poio, a Estrada, Orto\u00f1o, Muras, R\u00edo&#8230;. Bergondo, Camari\u00f1as, Ribeira&#8230; E cando faltan as campas abertas, fronte \u00e1 tradici\u00f3n asexa a transgresi\u00f3n, a profanaci\u00f3n ecol\u00f3xica, o botell\u00f3n, a aculturaci\u00f3n nas praias .<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O xoves 25 de xu\u00f1o \u00e1s 20 horas ter\u00e1 lugar en Portas \u00c1rtabras unha conferencia pronunciada polo Historiador da Cultura Galega, Felipe -Sen\u00e9n arredor do &#8220;A CELEBRACI\u00d3N DO SAN XO\u00c1N EN GALICIA: A CONVERXENCIA DOS 4 ELEMENTOS&#8220;. Se trata de furar nas orixes, na orixinalidade da aura que cobre a singular festa no Vello Mundo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[17],"tags":[125,26,126],"class_list":["post-4848","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-conferencias","tag-felipe-senen","tag-portas-artabras-2","tag-san-xoan"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4848","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4848"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4848\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4852,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4848\/revisions\/4852"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4848"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4848"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4848"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}