{"id":4760,"date":"2026-06-02T18:15:42","date_gmt":"2026-06-02T18:15:42","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=4760"},"modified":"2026-06-04T08:21:21","modified_gmt":"2026-06-04T08:21:21","slug":"domingo-7-de-xuno-manifestacion-a-prol-dos-murais-de-urbano-lugris-a-coruna-pola-beleza-deixade-pasar-as-ondas-do-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2026\/06\/02\/domingo-7-de-xuno-manifestacion-a-prol-dos-murais-de-urbano-lugris-a-coruna-pola-beleza-deixade-pasar-as-ondas-do-mar\/","title":{"rendered":"DOMINGO 7 DE XU\u00d1O: MANIFESTACI\u00d3N A PROL DOS MURAIS DE URBANO LUGR\u00cdS &#8220;A CORU\u00d1A POLA BELEZA, DEIXADE PASAR AS ONDAS DO MAR!&#8221;"},"content":{"rendered":"<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"668\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-18.11.43-668x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4761\" style=\"aspect-ratio:0.6523565455316197;width:447px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-18.11.43-668x1024.jpeg 668w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-18.11.43-196x300.jpeg 196w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-18.11.43.jpeg 710w\" sizes=\"auto, (max-width: 668px) 100vw, 668px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O<strong> domingo 7 de xu\u00f1o<\/strong>, \u00e1s <strong>12:00<\/strong>, con <strong>sa\u00edda dende o Obelisco<\/strong>, ter\u00e1 lugar a <strong>MANIFESTACI\u00d3N A PROL DOS MURAIS DE URBANO LUGR\u00cdS <em>&#8220;A CORU\u00d1A POLA BELEZA, DEIXADE PASAR AS ONDAS DO MAR!&#8221;<\/em><\/strong>. Non esquezas levar o teu paraugas.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><em>O Fornos<\/em> da Coru\u00f1a, a taberna mari\u00f1a so\u00f1ada por Lugr\u00eds<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Por Felipe-Sen\u00e9n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Lugr\u00eds, poeta, pintor \u00e9 &nbsp;creador de obras que son iconas da Galiza Atl\u00e1ntica. Mago que coas s\u00faas pinturas gustaba de abrir xanelas para mostrar a fartura do oc\u00e9ano maior, pre\u00f1ado de formas, de mitos, de lendas, de periplos celtas&#8230; Creador de santuarios para acoller o esp\u00edrito dos nosos vellos e sabios lobos de mar. Tabernas onde se conta e se canta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Urbano Lugr\u00eds Gonz\u00e1lez coru\u00f1\u00e9s, nacido baixo o mui\u00f1ar dos estralampos do Faro de Breog\u00e1n, un 28 xaneiro de 1908, para morrer o 23 do nadal do 1973. Do mesmo tempo que o pintor de Lal\u00edn, Laxeiro, tres anos m\u00e1is vellos que Cunqueiro, creadores do seu propio mito, os que saben que <em>navigare necesse est, vivere non est necesse<\/em>. N\u00e1ufragos asolagados na maxia da espiral c\u00e9ltica. Fillo de Manuel Lugr\u00eds Freire, precursor do proceso nacional galego e&nbsp; por nai a &nbsp;Purificaci\u00f3n, irma do pintor Urbano Gonz\u00e1lez Varela, profesor de Picasso na Escola de Belas Artes da Coru\u00f1a, pianista e mestra na Escola de Maxisterio da Coru\u00f1a. Afillado do historiador Tettamancy, raiceiras pois de fonda cultura.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Estuda comercio en Compostela, &nbsp;logo en Madrid, onde se suma como renovador escen\u00f3grafo gui\u00f1olista \u00e1s <em>Misi\u00f3ns Pedag\u00f3xicas<\/em>, xunto con Dieste, Lorca, Alberti&#8230; &nbsp;sempre, moi achegado a Cunqueiro. Creador do <em>Retablo de Fantoches<\/em> coa compa\u00f1\u00eda de&nbsp; Salvador Bertolozzi . Fundador da revista <em>B\u00e9tema, <\/em>a neboeira mar\u00edtima. Liberal, bohemio do <em>Carpe Diem<\/em> que no 1940 casa con Paula Vadillo, a que di co\u00f1ece no Museo do Prado, ante a Anunciaci\u00f3n de Boticceli. Matrimonio do que nacer\u00e1 Urbano Lugr\u00eds Vadillo, pintor seguidor do mesmo sentir atl\u00e1ntico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A decoraci\u00f3n de sitios, como santuarios&#8230; co esp\u00edrito portuario, atl\u00e1ntico<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Lugr\u00eds, grande e corpulento, como un atlante que escolle o pseud\u00f3nimo literario de Ulises Fingal, en relaci\u00f3n co heroe ga\u00e9lico&nbsp; do <em>poeta dos cemiterios<\/em> e das baladas de Ossi\u00e1n, Mcphers\u00f3n, inspirador de Pondal. Lugr\u00eds \u00e9 fundador da revista <em>Atl\u00e1ntida, <\/em>p\u00e1xinas nas que&nbsp; Mariano Tudela, Gonz\u00e1lez Garc\u00e9s, Luz Pozo ou Avil\u00e9s de Taramancos tanto significan.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&nbsp;Creador que, facendo parada e fonda en Compostela, traza un constante ir e vir da Coru\u00f1a ao&nbsp; Vigo de Cunqueiro, de Castroviejo, de Laxeiro, dos \u00c1lvarez Blazquez, de Pati\u00f1o de <em>Librouro<\/em>&#8230; dos conserveiros Mass\u00f3, os que lle permitir\u00e1n desenvolver o mellor da s\u00faa obra: vela\u00ed do 1944 o <em>Pol\u00edtico da navegaci\u00f3n <\/em>ou o <em>Cuarto do vello mari\u00f1eiro<\/em>, antol\u00f3xicos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Creador de desbordada cultura e dotes creadoras, de ins\u00f3lita axilidade &nbsp;para levar ao papel, a t\u00e1boas, a lenzos ou paredes o seu &nbsp;desbordado sentir oce\u00e1nico &nbsp;galego. As m\u00e1is delas pinturas planas, de cores vivas, sometidos a un punto de fuga astral e as que comeza polo ceo. De Surrealismo on\u00edrico, m\u00e1xico, entre alboradas e solpores, de cunchas, crocas, baleas, peixes, cabali\u00f1os de mar, medusas&#8230; entre ru\u00ednas de cidades asolagadas, con &nbsp;ermidas empoleiradas no monte, de&nbsp; arcas abertas ao horizonte, baixo o voo aceirudo das gaivotas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>Paredes so\u00f1adas<\/em> \u00e9 o aca\u00eddo titulo do cat\u00e1logo que se publicou con motivo da exposici\u00f3n que <em>Abanca<\/em> organizou do 31 de marzo ao 3 de setembro do 2017 na Coru\u00f1a. Necesario traballo comisariado por Ruben Ventureira. Entidade que xunto coa Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 souberon inverter en obra de Lugr\u00eds, tan escasa nos museos galegos, como cotizada no mercado. A veces anacos de paredes cortadas, descontextualizados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&nbsp;Vela\u00ed a Capela dos Santos Reis Magos ( 1948) en Bueu, recollendo no pa\u00eds das mouras, das meigas, de Prisciliano e do nigrom\u00e1ntico bispo Mu\u00f1iz o culto aos tres Magos: onde a cosmog\u00f3nica cuadratura do c\u00edrculo ten o seu significado, &nbsp;como a vieira, s\u00edmbolo da estrela matutina e vespertina&#8230; Mais semella que non se entende a lecci\u00f3n, visto o abandono.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No 1956 Lugr\u00eds recibe un encargo que satisfai as s\u00faas querenzas, decorar a <em>Casa do Pescador<\/em> de Malpica, aberta ao peirao, onde os mastros, as proas, os cantares das redeiras, o berro das gaivotas, os furan polas xanelas. Dese\u00f1a os mobles&#8230; e sempre por algures un reloxo, como nos films de Bergman, co tic-tac do tempo. Con cadros alusivos \u00e1 <em>Costa da Vida<\/em>, as illas Sisargas, o cabo de San Adri\u00e1n, os santi\u00f1os das devoci\u00f3ns mari\u00f1eiras: a Virxe do Carme, o San Telmo que escolleu Tui para sepultura, o San Xi\u00e1n, gardi\u00e1n e neles un inspirador cantar en letras g\u00f3ticas galegas, como as que propuxo Castelao. Vela\u00ed tam\u00e9n o triste estado da cuesti\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Manifestarse pola beleza, pola rehabilitaci\u00f3n e revitalizaci\u00f3n do templo lugrisi\u00e1n do<em> Fornos<\/em><\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No 1951 Lugr\u00eds recibe o encargo do seu amigo Jos\u00e9 Maria de decorar o seu mes\u00f3n do Fornos, situado no coraz\u00f3n da Coru\u00f1a, a r\u00faa dos Olmos 25&#8230;Entrando, &nbsp;\u00e1 dereita, como abrindo a un escenogr\u00e1fico trampantoxo cun cortin\u00f3n recollido nunha esquina, ofrece un oc\u00e9ano a devalar co nubeiros e sobre os que campa a torre de Breog\u00e1n. Seguen na parede dous ollos de boi que mostran peixes, no medio un espello entre rocalla de escaiola. E, \u00e1 esquerda novamente dous novos \u00f3culos e espello, dando paso ao arco baixo a cartela&nbsp; cos versos de Garc\u00eda Ferreiro: <em>Se me deran a escoller eu non sei que escoller\u00eda si entrar na Cru\u00f1a de noite ou entrar no ceo de d\u00eda<\/em>, &nbsp;baixo o que pinta a idealizada bad\u00eda e o Parrote coru\u00f1\u00e9s. Nesta vista, como noutras da Coru\u00f1a de Lugr\u00eds, latexa a inspiraci\u00f3n nos gravados de Pier Maria Baldi, o debuxante que acompa\u00f1ou a Cosme de Medicis na s\u00faa viaxe de 1669. Paisaxe semellante \u00e1 recollida por el no Banco Hispano-Su\u00edzo (1952), r\u00faa Real 74, arquitectura de Rey Pedreira, o que lle encarga a s\u00faa decoraci\u00f3n, para ser logo &nbsp;Caf\u00e9 Vecchio; mural no 2017 fragmentado, restaurado pola empresa <em>Arteca,<\/em> como as\u00ed nolo conta Carme Jim\u00e9nez e Ester Castro Trigo &nbsp;e&nbsp; trasladado a&nbsp; un pasadizo das dependencias de <em>Abanca <\/em>da mesma r\u00faa dos Olmos: &nbsp;no Monte Alto os mu\u00ed\u00f1os de vento espaventando un di\u00e1logo coa Torre, coa silueta de denantes da reforma de Giannini&#8230;. as espadanas dos templos, as tabernas e a&nbsp; fortaleza de San Ant\u00f3n, un veleiro e, nunha esquina, asomando do pentagrama do mar unha serea que ergue un peixe con alas.&nbsp; Arca sobre a que asoma un sorrinte sol a coquetear coa l\u00faa , por medio a Rosa dos Ventos coa cartela de <em>Hic habitat felicitas<\/em>. Nunha recunco diste arco un recorte:&nbsp; V<em>RBANO LVGRIS\/Pintor de la Coru\u00f1a( fino aqvesta obra\/ en el d\u00eda veinticua\/tro de febrero de\/ MCMLI<\/em>\/ LAVS DEV\/ LAVS VINUM (medio borrada esta verba). Nun dos arcos , entre d\u00faas cunchas de vieira, a cartela <em>Fundose esta casa en el a\u00f1o de 1870 e<\/em> no medio o seu escudo: unha pandereita co debuxo dunha xerra e dunha frauta atravesada. A car\u00f3n dos ba\u00f1os a retranqueira cartela cun \u201c<em>que ben che preste<\/em>\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Fornos foi o &nbsp;lugar preferido por Lugr\u00eds para celebrar os seus encargos. Alegra agora comprobar que colectivos como <em>O Mural e In nave civitas<\/em>, animados polo gran Xurxo Souto, aturuxan pola rehabilitaci\u00f3n e revitalizaci\u00f3n destes espazos, at\u00e9 conseguir da Xunta de Galiza a s\u00faa declaraci\u00f3n como <em>Ben de Interese Cultural<\/em>, (DOGA 5 marzo 2024), as\u00ed como a adquisici\u00f3n dos mesmos murais por 36.000 euros. Ansia que leva a convocar para o mediod\u00eda do 7 de xu\u00f1o unha manifestaci\u00f3n pola recuperaci\u00f3n destes espazos lugrisi\u00e1ns. E xa quixeramos que fora para o que este templo foi: un mes\u00f3n-museo no que se ofrecen saberes da terra e do mar,<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&nbsp;Lugr\u00eds non paraba, xa ti\u00f1a pintado para a <em>Asociaci\u00f3n Cultural Iberoamericano<\/em> (1951) da t\u00faa Emilia Pardo Baz\u00e1n 27 da Coru\u00f1a e o <em>Tr\u00edptico das lamentaci\u00f3ns&#8230; <\/em>obras perdidas e que o levan a realizar un gran retablo para o <em>Instituto de Cultura Hisp\u00e1nica<\/em> de Madrid. Cardeso Li\u00f1ares enc\u00e1rgalle cadros para a nova parroquial de Vilaboa (1964), os que al\u00ed seguen en di\u00e1logo coa humidade&#8230;o mural para o Hotel Embajador, Coru\u00f1a (1960), no Mes\u00f3n Le\u00f3n (1962) na Librar\u00eda Cervantes (1963)&#8230; Interveu tam\u00e9n no Restaurante Am\u00e9rica de Santiago (1954), r\u00faa do Franco 56, como na mesma cidade no Bar Lugo da r\u00faa da Ra\u00ed\u00f1a, &nbsp;no Restaurante Compostela (1956) da praza de Galicia, tinturar\u00eda, barber\u00eda, as vigas da botica Bescansa , no Sanatorio \u00c1lvarez tam\u00e9n de Compostela, <em>pintor de camarotes, <\/em>como o do <em>Azo<\/em>r, o iate doditador<em>&#8230; en<\/em> Madrid na Taberna Arrumbambaya (1959) en Librouro, Vigo (1970). Pois Ogall\u00e1 se saiba ollar, escoitar, enxergar tanta sensibilidade para devolver a dignidade que&nbsp; soubo por Lugr\u00eds, a que merece este cabodomundo que emproa ao Mar Maior.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"438\" data-id=\"4778\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Mural-do-Fornos-detalle-do-Hic-habitat-felicicitas-1024x438.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4778\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Mural-do-Fornos-detalle-do-Hic-habitat-felicicitas-1024x438.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Mural-do-Fornos-detalle-do-Hic-habitat-felicicitas-300x128.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Mural-do-Fornos-detalle-do-Hic-habitat-felicicitas-768x329.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Mural-do-Fornos-detalle-do-Hic-habitat-felicicitas-1536x658.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Mural-do-Fornos-detalle-do-Hic-habitat-felicicitas-2048x877.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Mural de Lugris no Fornos \/ Foto: La Opini\u00f3n<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"674\" data-id=\"4779\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Fornos-detalle-arco-Hic-habitat-felicitas-1024x674.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4779\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Fornos-detalle-arco-Hic-habitat-felicitas-1024x674.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Fornos-detalle-arco-Hic-habitat-felicitas-300x198.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Fornos-detalle-arco-Hic-habitat-felicitas-768x506.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Fornos-detalle-arco-Hic-habitat-felicitas-1536x1011.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/Fornos-detalle-arco-Hic-habitat-felicitas-2048x1348.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Restaurante Fornos \/ Foto: La Opini\u00f3n<\/figcaption><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O domingo 7 de xu\u00f1o, \u00e1s 12:00, con sa\u00edda dende o Obelisco, ter\u00e1 lugar a MANIFESTACI\u00d3N A PROL DOS MURAIS DE URBANO LUGR\u00cdS &#8220;A CORU\u00d1A POLA BELEZA, DEIXADE PASAR AS ONDAS DO MAR!&#8221;. Non esquezas levar o teu paraugas. O Fornos da Coru\u00f1a, a taberna mari\u00f1a so\u00f1ada por Lugr\u00eds Por Felipe-Sen\u00e9n Lugr\u00eds, poeta, pintor \u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21,19],"tags":[27,119,120],"class_list":["post-4760","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-comunicados","category-outras-actividades","tag-a-coruna","tag-lugris","tag-manifestacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4760","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4760"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4760\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4782,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4760\/revisions\/4782"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4760"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4760"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4760"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}