{"id":3652,"date":"2025-03-27T10:02:43","date_gmt":"2025-03-27T10:02:43","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=3652"},"modified":"2025-03-27T10:33:07","modified_gmt":"2025-03-27T10:33:07","slug":"o-dia-das-artes-galegas-dedicado-a-diaz-pardo-o-compromiso-etico-e-estetico-con-galiza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2025\/03\/27\/o-dia-das-artes-galegas-dedicado-a-diaz-pardo-o-compromiso-etico-e-estetico-con-galiza\/","title":{"rendered":"O \u201cD\u00cdA DAS ARTES GALEGAS\u201d DEDICADO A D\u00cdAZ PARDO: O COMPROMISO \u00c9TICO E EST\u00c9TICO CON GALIZA"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>POR<\/strong> <strong>FELIPE SEN\u00c9N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dende o 2015 a&nbsp;<em>Academia Galega de Belas Artes<\/em>&nbsp;celebra &nbsp;cada&nbsp; 1 de abril como \u201cD\u00eda das Artes Galegas,&nbsp; neste 2025, dedicado ao creador de formas Isaac D\u00edaz Pardo. Data que rememora as calendas de Abril do 1188, cando o Mestre Mateo, o primeiro celebrado con este \u201cd\u00eda\u201d, asenta os linteis do P\u00f3rtico da Gloria.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">D\u00edaz Pardo, o eterno insatisfeito, queix\u00e1base de que ning\u00fan goberno galego fora capaz de recuperar o&nbsp;<em>Seminario de Estudos Galegos<\/em>&nbsp;: co\u00f1ecer para querer e defender Galiza, o que coa crueldade da guerra, foi espoliado e moitos dos seus creadores paseados, represaliados, exiliados, trastornados&#8230; Iso si, v\u00e9xase o que fixeron os catal\u00e1ns, despois da morte do ditador, retomando a misi\u00f3n do&nbsp;<em>Institut, d\u00b4Estudies Catal\u00e1ns<\/em>. E vela\u00ed a teima na vida de Isaac.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Colgar co cabalete e a pintura \u201cde galer\u00eda\u201d polo dese\u00f1o industrial: arte con orixe e orixinalidade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Fillo de Antonia Pardo M\u00e9ndez, pegado ao&nbsp; facer do seu pai, Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o, singular nas&nbsp;<em>Irmandades da Fala<\/em>,&nbsp; escen\u00f3gafo con talleres na traseira da&nbsp; compostel\u00e1&nbsp;<em>Casa da Tumbona<\/em>&nbsp;na r\u00faa das Hortas, traballador para o empresario Isaac Fraga, padri\u00f1o de Isaac.&nbsp; Onde o habilidoso moci\u00f1o colabora facendo carteis para o&nbsp;<em>Partido Galeguista<\/em>, os que mesmo asina Castelao&#8230; D\u00e1se o golpe franquista, co encadeamento e aleivoso asasinato de Camilo nunha cuneta de Palas de Rei. Entre o horror o fillo fuxe e esc\u00f3ndese na Coru\u00f1a&#8230;. Para despois da Guerra ser bolseiro da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a: f\u00f3rmase en San Fernando de Madrid, onde o tema relixioso e m\u00edtico est\u00e1 nas s\u00faas primeiras obras, recorre a Italia, afonda nos veneci\u00e1ns. Autor de lenzos que el mesmo enmarca recordando as habilidades do pai. Faise o&nbsp; enfermo para non pintar o encargo da b\u00f3veda da bas\u00edlica franquista de Cuelgamuros, que realizar\u00e1 o mosa\u00edsta catal\u00e1n Padr\u00f3s&#8230; Anos de varias exposici\u00f3ns con motivos simbolistas. Vela\u00ed en gran formato \u201cA barca de Caronte\u201d&nbsp; lecci\u00f3n de saber en forma e fondo: a loita colectiva en dif\u00edciles circunstancias&#8230; \u201cOs afogados\u201d (Col. Abanca) que debera referirse aos m\u00e1rtires: no chan dun peirao corpos mortos, de ollos desencaixados, sangue dun tiro na cabeza,&nbsp; a xente recoll\u00e9ndoos &#8230;e ao fondo a luz dun faro. \u201cO Discurso\u201d (Col. Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Museo B. Artes, Coru\u00f1a) en realidade \u00e9 un mitin&#8230;e sempre vellos, mozos, homes, mulleres, nenos, o pobo con esa singular ollada \u00e1 esperanza, as camisas brancas que lembran \u00e1s de Goya nos fusilados. \u201cO Concerto da Zanfona\u201d, Alba de Gloria: unha moza toca a zanfona&#8230;tribo arredor, como no P\u00f3rtico da Gloria.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A obra de Isaac encarreirase cara \u00e1 divulgaci\u00f3n, ao cartaz de cego, recollendo as lecci\u00f3ns de Castelao: con debuxo e texto. Para no 1948 deixalo todo e dedicarse, en teor\u00eda e praxe \u00e1 conciliar a idea de arte e industria, tradici\u00f3n modernidade, o debate sobre arte popular, artesanais&#8230;Puntualizando de xeito retranqueiro que o que el fac\u00eda, non era arte, nin artesan\u00eda era&nbsp; \u201ccapitalisan\u00eda\u201d,&nbsp; defin\u00edndose a un tempo como un \u201cconservador libertario\u201d ou un \u201c limpamerdas e templas gaitas\u201d . Non se entendeu esa lecci\u00f3n case de cartuxo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As ideas de Luis Seoane, de D\u00edaz Pardo, at\u00f3panse para ser axudados por intelectuais do exilio arxentino e retomar aquela espoliada misi\u00f3n \u201cde esp\u00edrito\u201d , po\u00f1endo en marcha, en teor\u00eda e praxe, o&nbsp;<em>Laboratorio de Formas de Galicia<\/em>, proposta da que sa\u00edron m\u00e1is de duascentas publicaci\u00f3ns. Contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 informaci\u00f3n e formaci\u00f3n na democracia. Empresas nas que se anova sobre o perdido: a misi\u00f3n do&nbsp;<em>Movemento Renovador da Arte Galega<\/em>,&nbsp; d\u00e1ndolle voz aos exiliados, auxiliando, en silencio a intelectuais, &nbsp;retomando c\u00f3digos&#8230; tratando de normalizar \u00e9tica e est\u00e9tica a trav\u00e9s do&nbsp;<em>Instituto Galego da Informaci\u00f3n<\/em>. A misi\u00f3n do vello Seminario de Estudos Galegos estaba en marcha. M\u00e1is outros movidos m\u00e1is polos cartos que pola dignidade de Galiza, fix\u00e9ronse coa administraci\u00f3n das empresas . Sitio no que un Isaac solitario, curtido nas andainas, enfermo, resiste numantinamente e esperanzado at\u00e9 o seu final, o que chegou nunha noite de Magos do 2012. A un tempo &nbsp;\u201csecuestraron\u201d os fondos editoriais de \u201cGr\u00e1ficas o Castro Moret\u201d, &nbsp;tan necesarios, entre eles unha edici\u00f3n facsimilar de \u201cGalicia Hoy\u201d ( Ruedo Ib\u00e9rico en 1965)&#8230;Ao respecto conv\u00e9n co\u00f1ecer a entrevista realizada por Xos\u00e9 Manuel del Ca\u00f1o en \u201co Contencioso de Sargadelos\u201d. Edc. Linteo (2009).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O p\u00f3rtico, a teima do asasinado Camilo D\u00edaz&nbsp; como novo logotipo&#8230; a busca da Luz&#8230;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">D\u00edaz Pardo escolleu o p\u00f3rtico como logotipo das empresas que ti\u00f1a ao fronte, o que significa a elementalidade arquitect\u00f3nica: dous chantos como xambas, un oco central e un lintel sobre deles. S\u00edmbolo de Galiza, da Esperanza, de pasaxe, tam\u00e9n como Ara Gael, interpretada con teimos\u00eda pola xeraci\u00f3n do seu pai, Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o. Mesmo nos derradeiros anos de Isaac ao encargarlle o Parlamento de Galiza un vitral para coroar a presidencia do hemiciclo, elixiu este p\u00f3rtico. Aqu\u00ed representado entre unha cenefa, debaixo con caracois que asoman ao sol e que, dende as esquinas, ascenden polo arco e se van convertendo en aves que voan&#8230;&nbsp; Rastros do Decadentismo e do simbolismo rom\u00e1ntico que tam\u00e9n moveu a Castelao.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Isaac viviu radicado nas s\u00faas orixes, dedicado a superar a obra escenogr\u00e1fica do seu pai, a dignificar Galiza. Conf\u00edn tan susceptible a esperpentos e feismos, efectos da degradaci\u00f3n cultural. Coidando a misi\u00f3n de levar a Arte a un sistema industrial humanizado, para espallala como s\u00edmbolo dunha terra e dun tempo. Aspectos na vangarda mundial que a cr\u00edtica acocha.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Outros prefiren e cotizan m\u00e1is ao D\u00edaz Pardo pintor, como mesmo podiamos facelo noutras vertentes do humanista, entregado a servir, non a servirse: cartelista, escultor, mesmo arquitecto, editor, animador cultural, escritor&#8230; E para iso compre escoitalo, leelo&#8230; e abondan textos, o mesmo v\u00eddeos como \u201cAs olladas de Isaac\u201d, determinante confesi\u00f3n. Mesmo tam\u00e9n os&nbsp;<em>Cadernos do Laboratorio de Formas de &nbsp;Galicia<\/em>, do&nbsp;<em>Seminario de Estudos Galegos<\/em>&#8230; Ansioso de re-crear e superar as teor\u00edas revolucionarias do obradoiro de arte ruso de Wchutem\u00e1s (1920-1930), preparando, dende o racionalismo, artistas para a industria. Nas miras tam\u00e9n a busca do esencial proposta polo grupo alem\u00e1n Bauhaus (1919-1933)&#8230;e, como non, nesas bases os esforzos de Risco, Castelao, de Maside por dignificar Galiza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><em>\u201cAs formas han de ter patria como as linguas; ao fin e ao cabo elas son unha linguaxe&#8230;.\u201d<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Isaac forma un tandem &nbsp;e coincide co creador &nbsp;Luis Seone, teimundo coa misi\u00f3n social da Arte. Saberes e esforzos dos que naceron &nbsp;as cer\u00e1micas do Castro de Samoedo, despois na Mari\u00f1a Lucense, retomando a memoria do ilustrado Iba\u00f1ez e o nome de Sargadelos para unha nova f\u00e1brica de porcelana. Sempre deixando constancia de que este no \u00e9 un capricho, nin unha obra valeira, que detr\u00e1s de todo est\u00e1 o \u201cesp\u00edrito\u201d de Galicia&#8230; Sendo pioneiro en empregar a idea e misi\u00f3n de \u201cnon da a esquecemento da inxuria&#8230;\u201d o &nbsp;de \u201cmemoria hist\u00f3rica\u201d. Para a difusi\u00f3n nacen as&nbsp;<em>Edici\u00f3ns do Castro,<\/em>&nbsp; coa colaboraci\u00f3n valios\u00edsima de Moret; &nbsp;auditorios con actividade nunha e noutra factor\u00eda, os museos coas s\u00faas colecci\u00f3ns, e no Castro o Museo de Arte Contempor\u00e1neo Carlos Maside, para homenaxear e mostrar como a partires do Rexurdimento nacen os Renovadores e unha reflexi\u00f3n te\u00f3rica, \u00e9tica- est\u00e9tica. Isaac di: \u201cAs formas han de ter patria como as linguas; ao fin e ao cabo elas son unha linguaxe e xa sabemos o que pasou cos esperpentos (Significado e orixe da labor restauradora de Sargadelos\u201d Cadernos do Laboratorio de Formas de Galicia. N.1. Ed. do Castro Sada. A Coru\u00f1a 1970. Asumindo a importancia da comunicaci\u00f3n, creando en Compostela, &nbsp;o&nbsp;<em>Instituto Galego da Informaci\u00f3n<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Isaac entregouno todo, o comunista integral, outros vi\u00f1eron e f\u00f3ronse facendo coa maior\u00eda, mesmo cout\u00e1ndoo e esborrallando as bases, os fins, a \u00e9tica e a est\u00e9tica. Queda no haber o orgullo de ter participado naqueles cursos internacionais no Castro e Sargadelos, con &nbsp;creadores de todo o mundo, os que hoxe se gaban de ter tal escola.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os poderes p\u00fablicos a\u00ednda non entenderon o que significa a inversi\u00f3n en dignidade, en cultura, en canto sup\u00f3n a obra e o legado de D\u00edaz Pardo. Inmenso capital e madurez para anos dif\u00edciles<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">27 MARZO 2025<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"717\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-717x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3654\" style=\"width:831px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-717x1024.jpg 717w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-210x300.jpg 210w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-768x1097.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-1075x1536.jpg 1075w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-1433x2048.jpg 1433w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartaz-ISAAC_BAIXA-11-1-scaled.jpg 1792w\" sizes=\"auto, (max-width: 717px) 100vw, 717px\" \/><\/figure>\n<\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>POR FELIPE SEN\u00c9N Dende o 2015 a&nbsp;Academia Galega de Belas Artes&nbsp;celebra &nbsp;cada&nbsp; 1 de abril como \u201cD\u00eda das Artes Galegas,&nbsp; neste 2025, dedicado ao creador de formas Isaac D\u00edaz Pardo. Data que rememora as calendas de Abril do 1188, cando o Mestre Mateo, o primeiro celebrado con este \u201cd\u00eda\u201d, asenta os linteis do P\u00f3rtico da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22],"tags":[],"class_list":["post-3652","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3652"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3652\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3662,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3652\/revisions\/3662"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}