{"id":3548,"date":"2025-02-14T16:43:31","date_gmt":"2025-02-14T16:43:31","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=3548"},"modified":"2025-02-15T07:22:25","modified_gmt":"2025-02-15T07:22:25","slug":"a-destrucion-deses-simbolos-daidentidade-galega-que-son-os-cruceiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2025\/02\/14\/a-destrucion-deses-simbolos-daidentidade-galega-que-son-os-cruceiros\/","title":{"rendered":"A DESTRUCI\u00d3N DESES S\u00cdMBOLOS DA IDENTIDADE GALEGA QUE SON OS CRUCEIROS"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A destruci\u00f3n deses s\u00edmbolos da identidade galega que son os cruceiros<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Por Felipe-Sen\u00e9n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cruceiros e h\u00f3rreos, ambos cunha fonda significaci\u00f3n cultural e mesmo relixiosa, son dous dos enxebres t\u00f3picos, iconas que identifican Galiza no mapamundi. Algo a ter moi en conta na era da imaxe, e m\u00e1is dende os poderes p\u00fablicos, a fin de aplicar sensibilidade e leis que os protexan e dignifiquen<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Si, alarmante titular o de arriba e puidera selo m\u00e1is. Os fen\u00f3menos meteorol\u00f3xicos, o vandalismo, efecto con causa na ignorancia; os roubos e o mesmo desgaste do paso dos anos, son alg\u00fans dos efectos que ameazan tan significativas mostras da arte popular galega. &nbsp;Entre elas, insistimos, a m\u00e1is grave \u00e9 a ignorancia, a que nutre a incultura, o desco\u00f1ecer o seu significado hist\u00f3rico, o seu&nbsp; m\u00e9rito, en definitiva o valor cultural. Polo tanto vela\u00ed o seu abandono campando \u00e1 intemperie e entre os feismos, a falla de coidados polos fregueses e polos poderes p\u00fablicos, evidente mostra&nbsp; da degradaci\u00f3n cultural. \u00c1 vista pois asfaltados que cobren at\u00e9 os chanzos, ara\u00f1eiras de instalaci\u00f3ns de cables que os usan como poste, cando non impactando e deteriorando a s\u00faa contorna visual, a falla de respecto dos que inconsciente ou conscientemente, abusando da liberdade e da brutalidade, acometen contra eles&#8230;e por suposto, a carencia do necesario control &nbsp;e inspecci\u00f3n permanente, coas s\u00faas pertinentes atenci\u00f3ns por parte do Concello, onde, iso si, non falta unha Concellar\u00eda de Cultura. Compre pois teimar e implicar no asunto, tomar medidas urxentes dende tanto aparto oficial apelidado &nbsp;\u201cde cultura\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O sempre celebrado Castelao, ao final da s\u00faa vida no exilio arxentino, retoma o seu querido e vello tema de pescuda co que no 1924 ingresou no <em>Seminario de Estudos Galegos<\/em> e no 1934 na Academia Galega. Anos de traballos, tomando notas, lendo e relacionando Galiza cos conf\u00edns c\u00e9lticos irm\u00e1ns, viaxando \u00e1 Breta\u00f1a. E como resultado o coidado libro de \u201cAs cruces de pedra na Galiza\u201d, corrixindo probas, sa\u00eddo do prelo cando o rianxeiro falece en Bos Aires un d\u00eda dos celebrados Magos do Nadal de 1950. Castelao poido escoller calquera de tantos temas nos que ti\u00f1a posta a s\u00faa aguda sensibilidade, pero por algo escolle o dos cruceiros, ademais coa ansia de deixalo en herdo e testamento. Obra feita con amor, de principio a fin, na que se pon a data de sa\u00edda da Editorial N\u00f3s no 1949, baixo o selo do <em>Seminario de Estudos Galegos<\/em>, aquela instituci\u00f3n con selo dese\u00f1ado polo mesmo Castelao e que re\u00fane esencias panceltistas e cristi\u00e1ns:&nbsp; o c\u00e1liz do <em>Grial<\/em> coa pomba &nbsp;do Esp\u00edrito sobre del, entre d\u00faas cunchas de venera e en letra g\u00f3tica galega o lema <em>Deus Scientia Gratiesque Gallaetia<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sobre as verbas limiares do libro campa o debuxo da cruz&nbsp; que centra o P\u00f3rtico da Gloria, dous anxos sostendo a cruz. A cruz, s\u00edmbolo dun Reino, coas s\u00faas glorias e pecados tam\u00e9n. Neste pr\u00f3logo, Castelao fai declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns: &nbsp;\u201c outras obrigas menos gratas e m\u00e1is graves, estancaron a mi\u00f1a empresa. Unha misi\u00f3n pol\u00edtica que deber\u00eda cumprir por patriotismo, arredoume do traballo emprendido, porque aqueles intres non conced\u00edan tr\u00e9gola ningunha. A lide chegou a ser moi brava e moi cr\u00faa&#8230;e, mais tarde, a resultas sa\u00f1udas da guerra civil, na que fun belixerante, bot\u00e1ronme polo mundo cara ao exilio no que arestora se debate a mi\u00f1a morri\u00f1a. Empero, a boa fada que soubo gardarme de todo mal, quixo tam\u00e9n salvar os meus dese\u00f1os e unha gran parte das notas&#8230;\u201d Obra que, apunta, \u201cinconclusa e fanada\u201d, a que outros poder\u00e1n completar. E non foi in\u00fatil a mensaxe.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Libro de Castelao que non debera faltar nas casas galegas que aman \u00e1 Terra. P\u00e1xinas que afondan na orixe e simbolismo da cruz, nese encontro da vertical celestial coa horizontal terreal, nos petr\u00f3glifos, nas primeiras cruces en Galiza, na cristianizaci\u00f3n, na cruz vinculada aos cami\u00f1os, \u00e1 casa&#8230; as tipolox\u00edas, as representaci\u00f3ns, as devoci\u00f3ns&#8230;Tratado para furar no \u201cesp\u00edrito\u201d deste conf\u00edn c\u00e9ltico. Cruceiros dos que mesmo co\u00f1ecemos os nomes dos seus canteiros, como o gran Xos\u00e9 Cervi\u00f1o Garc\u00eda (Pepe da Pena, lugar de Augas Santas Cotobade), autor do cruceiro do H\u00edo.. Font\u00e1n, Ogando&#8230; santeiros, mestres canteiros dos que ben sab\u00eda o arquitecto Antonio Palacios e non soamente escultores tam\u00e9n de pante\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A lecci\u00f3n continua: afortunadamente tampouco faltan homes e mulleres estudosas que fan inventarios, que estudan e divulgan os cruceiros, mesmo dende o 2010 <em>a Asociaci\u00f3n de Amigos dos Cruceiros de Galicia<\/em> vela e insiste, promovendo encontros, divulgando a cuesti\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cruceiros simples ou complexos que foron encargos de p\u00e1rrocos, de fregueses, de devotos&#8230;como para esconxurar encrucilladas, vellos cultos, a morte accidental, un lostregazo, como para redimir un pecado, un suceso&#8230;obras realizadas polos saberes ancestrais de canteiros, tal como foron os arxinas de Cotobade. Estruturas tam\u00e9n, \u00e1s veces, maltratadas por intervenci\u00f3ns pouco co\u00f1ecedoras, como quitando o cal ou a cor que lle daba vida, a un tempo que protex\u00eda a pedra dos fungos, dos musgos, da erosi\u00f3n&#8230;metendo ferros que se oxidan e dilatan a pedra at\u00e9 fendela&#8230;Castelao xa advirte disto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Cruceiros, <em>Bens de Interese Cultural<\/em>, na teor\u00eda protexidos por Lei, abandonados e ameazados<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para a s\u00faa protecci\u00f3n debemos implicar aos poderes p\u00fablicos, como di o <em>artigo 46 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola<\/em>, dende os concellos, \u00e1s deputaci\u00f3ns provinciais, a Xunta de Galiza e mesmo ao Goberno de Espa\u00f1a, acudindo \u00e1 disposici\u00f3n que lles da a m\u00e1xima protecci\u00f3n, como <em>Bens de Interese Cultural<\/em> aos que te\u00f1en m\u00e1is de 100 a\u00f1os, <em>Decreto 571\/1963 da Lei do Patrimonio Hist\u00f3rico Espa\u00f1ol<\/em>.&nbsp; Sen faltar a sensibilidade, a educaci\u00f3n de veci\u00f1os, concelleiros, alcaldes, autoridades que deben de atender,&nbsp; vixiar e protexelos, as\u00ed como \u00e1s s\u00faas contornas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"3555\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Nogueirosa-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3555\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Nogueirosa-768x1024.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Nogueirosa-225x300.jpg 225w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Nogueirosa-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Nogueirosa.jpg 1536w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"3556\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Hio-cruceiro-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3556\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Hio-cruceiro-768x1024.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Hio-cruceiro-225x300.jpg 225w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Hio-cruceiro-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Hio-cruceiro-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Hio-cruceiro-scaled.jpg 1920w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"815\" data-id=\"3554\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Cristianizando-a-Peneda-de-Gundamil-Corme-1024x815.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3554\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Cristianizando-a-Peneda-de-Gundamil-Corme-1024x815.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Cristianizando-a-Peneda-de-Gundamil-Corme-300x239.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Cristianizando-a-Peneda-de-Gundamil-Corme-768x611.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Cristianizando-a-Peneda-de-Gundamil-Corme-1536x1223.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-Cristianizando-a-Peneda-de-Gundamil-Corme.jpg 1612w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Triste noticia a que a finais deste mes de febreiro do 2025 enxergamos respecto aos efectos do temporal \u201cHerminia\u201d, &nbsp;a que petou con forza, tanto contra humildes como gabanciosos cruceiros da&nbsp; beiramar da Barbanza e mesmo de Viveiro. Derrubado e esnaquizando en Noia o cruceiro con&nbsp; desencravo do lugar de Eiroa, obra do1879 atribu\u00edda por Garc\u00eda Bay\u00f3n e por Fern\u00e1ndez de la Cigo\u00f1a ao santeiro de Chave, Lousame, Andr\u00e9s Casta\u00f1o Fern\u00e1ndez. Cruceiro en perigo, sometido \u00e1 ampliaci\u00f3n da estrada e que xa no 2001 sufrira o efectos dun forte accidente de tr\u00e1fico, esnaquiz\u00e1ndoo. Naquel mesmo momento escribimos e insistimos na proposta de que o orixinal restaurado se levase ao <em>Museo das Laudas Gremiais<\/em> de Santa Mar\u00eda de Noia e que no seu lugar se puxera unha reproduci\u00f3n. Garantindo as\u00ed, permanentemente, a salvagarda. Galiza conta con canteiros, ademais da mod\u00e9lica <em>Escola de Canteiros de Poio<\/em>, creada para fins como os que propo\u00f1emos e onde se poder\u00eda reproducir a nova peza. Ao respecto diremos que a&nbsp;<em>Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/em> no 2000 encargou para a carballeira do Pazo de Mari\u00f1\u00e1n&nbsp; un cruceiro con desencravo, semellante ao de Eiroa e para o que foi seleccionado o escultor de Rois Xos\u00e9 Conde Ferreiros. Obra labrada con m\u00e1is saber e entusiasmo que prezo. Sabendo e querendo sempre se atopan soluci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"620\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Eiroa-Noia-Desenclavo-2-620x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3557\" style=\"width:221px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Eiroa-Noia-Desenclavo-2-620x1024.jpg 620w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Eiroa-Noia-Desenclavo-2-182x300.jpg 182w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Eiroa-Noia-Desenclavo-2-768x1269.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Eiroa-Noia-Desenclavo-2-930x1536.jpg 930w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Eiroa-Noia-Desenclavo-2.jpg 1116w\" sizes=\"auto, (max-width: 620px) 100vw, 620px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Temos insistido en que cruceiros como o que se ergue nunha banda da capela de San Roque, en Melide, un dos m\u00e1is antigos, sc. XIV, a s\u00faa cruz xa debera estar protexida no interior da mesma igrexa e no seu lugar po\u00f1er unha copia&#8230;igual que, co cruceiro, do Sc. XIV, da r\u00faa de Francos en Calo, Teo&nbsp; ou o xa moi desgastado de Santa Mar\u00eda do Campo na Coru\u00f1a (Sc. XV), o do Home Santo , a car\u00f3n de Bonaval en Compostela&#8230;. E claro, entre eles, eses grandes cruceiros do sc. XIX, os que merecen unha vixilancia e protecci\u00f3n constante, cos tratamentos especializados,&nbsp; como o do igrexario do H\u00edo, o mesmo do Castro de Tro\u00f1a&#8230;o do Covelo, o Cruceiro Bonito de Abegondo&#8230; Temos insistido ante o concello de Vilagarc\u00eda que repo\u00f1a a cruz sobre o singular varal &#8211; con Adan e Eva, serpe do demo por medio &#8211; do cruceiro da parroquial de Carril, esnaquizado nunha noite de maio do 2010 por un individuo armado cunha panca de ferro. Os resto gard\u00e1ronse , pero cousa tan sinxela, unha icona de Carril e de Galiza segue atrancada entre un esperp\u00e9ntico sainete de burocracias, o que debera avergo\u00f1ar \u00e1 cidadan\u00eda e que pon de manifesto a inaptitude das autoridades: po\u00f1er unha copia e o orixinal, restaurado, que pase ao interior da igrexa, proba de amor, de sensibilidade e capacidade. E &nbsp;sen esquecernos, nin deixar de vista e coidados os art\u00edsticos, cruceiros que son obras de Asorey, de Failde, de Camilo Nogueira&#8230;.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-group is-nowrap is-layout-flex wp-container-core-group-is-layout-8f761849 wp-block-group-is-layout-flex\"><div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"804\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV-804x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3549\" style=\"width:290px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV-804x1024.jpg 804w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV-236x300.jpg 236w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV-768x978.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV-1206x1536.jpg 1206w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV-1608x2048.jpg 1608w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Cruceiro-de-San-Roque-Melide-Sc.-XIV.jpg 1972w\" sizes=\"auto, (max-width: 804px) 100vw, 804px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"882\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Carril-igrexa-e-cruceiro-decapitado-1-1024x882.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3563\" style=\"width:428px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Carril-igrexa-e-cruceiro-decapitado-1-1024x882.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Carril-igrexa-e-cruceiro-decapitado-1-300x259.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Carril-igrexa-e-cruceiro-decapitado-1-768x662.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Carril-igrexa-e-cruceiro-decapitado-1-1536x1324.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Carril-igrexa-e-cruceiro-decapitado-1-2048x1765.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A destruci\u00f3n deses s\u00edmbolos da identidade galega que son os cruceiros Por Felipe-Sen\u00e9n Cruceiros e h\u00f3rreos, ambos cunha fonda significaci\u00f3n cultural e mesmo relixiosa, son dous dos enxebres t\u00f3picos, iconas que identifican Galiza no mapamundi. Algo a ter moi en conta na era da imaxe, e m\u00e1is dende os poderes p\u00fablicos, a fin de aplicar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22],"tags":[],"class_list":["post-3548","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3548"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3548\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3564,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3548\/revisions\/3564"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}