{"id":3140,"date":"2024-07-31T19:22:00","date_gmt":"2024-07-31T19:22:00","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=3140"},"modified":"2024-08-06T09:01:24","modified_gmt":"2024-08-06T09:01:24","slug":"sabado-10-de-agosto-noventa-aniversario-da-inauguracion-do-monumento-a-curros-da-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2024\/07\/31\/sabado-10-de-agosto-noventa-aniversario-da-inauguracion-do-monumento-a-curros-da-coruna\/","title":{"rendered":"S\u00c1BADO 10 DE AGOSTO: NOVENTA ANIVERSARIO DA INAUGURACI\u00d3N DO MONUMENTO A CURROS DA CORU\u00d1A"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O s\u00e1bado 11 de Agosto de 1934 inaugurouse, con toda solemnidade e nos espazos do Recheo coru\u00f1\u00e9s, o Monumento a Curros. Obra  antol\u00f3xica do escultor Asorey. Acto ao que concurriu o Presidente da Rep\u00fablica Niceto Alcal\u00e1 Zamora, seguido de todas as autoridades e o m\u00e1is florido da intelectualidade galeguista daqueles anos, que con aquel feito v\u00edan cumprida unha das s\u00faas vellas ansias, a de honrar ao poeta civil que tanto contribu\u00edu \u00e1 creaci\u00f3n da Academia Galega.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Inmediatamente \u00e1 morte de Curros acontecida na Habana o 7 de marzo de 1908 procedeuse ao seu traslado \u00e1 Coru\u00f1a, onde chegaron os seus restos mortais o 31 de marzo, para ser exp\u00f2stos no Concello da cidade e enterrado o 2 de abril cun acompa\u00f1amento multitudinario&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dende ent\u00f3n e coa axuda dos centros galegos da Habana e Bos Aires, pensouse xa en erixirlle un monumento e escolas que levaran o seu nome. Proceso longo seguido dos seus debates \u00e9ticos e est\u00e9ticos, para despois de varios intentos ser o proxecto que m\u00e1is convence, o do escultor cambad\u00e9s asentado en Compostela Francisco Asorey. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Asorey sum\u00e1base aos presupostos simbolistas e galeguistas da Xeraci\u00f3n N\u00f3s, inspir\u00e1ndose para esta ocasi\u00f3n no poema &#8220;Encomenda&#8221; do mesmo Curros: as\u00ed ergue un monumento de forma piramidal, que vai do caos terreal ao cosmos, pasando polos monstros da irracionalidadade sobre os que est\u00e1 o poeta, pousando ca s\u00faa lira, guiando tras del ao pobo labrego, derriba deles levada por dous cabalos a figura espida da Alborada que, esperanzada ergue as m\u00e1ns ao ceo&#8230; detr\u00e1s o megalitismo, as relaci\u00f3ns co panceltismo&#8230; No reverso a furna inacabada que gardar\u00eda as cinzas do poeta de Celanova presidida por un baixoreleve en alusi\u00f3n \u00e1 Virxe do Cristal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A <strong>Real Academia Galega de Belas Artes<\/strong> dedicou este ano do 2024 o &#8220;D\u00eda das Artes Galegas&#8221; (1 abril 2024,  que lembra a mesma data do 1188 no que Mateo asenta as limeiras do P\u00f3rtico da Gloria) ao escultor <strong>Asorey,<\/strong> onde o seu monumento a Curros \u00e9 moi celebrado, polo que a <strong>Agrupaci\u00f3n Cultural o Facho, a Alexandre B\u00f3veda e Amigos dos Museos, lembrar\u00e1n esta data cun acto, \u00e1s 12 do mesmo s\u00e1bado 10 de Agosto do 2024 diante do monumento<\/strong>. Encontro no  que <strong>Felipe Sen\u00e9n introducir\u00e1 \u00e1 historia e significaci\u00f3n do monumento e C\u00e1ntigas da Terra<\/strong> <strong>cantar\u00e1 versos de Curros<\/strong>.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/IMG-20240802-WA0010-723x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-3141\" width=\"583\" height=\"826\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/IMG-20240802-WA0010-723x1024.jpg 723w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/IMG-20240802-WA0010-212x300.jpg 212w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/IMG-20240802-WA0010-768x1088.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/IMG-20240802-WA0010-1084x1536.jpg 1084w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/IMG-20240802-WA0010.jpg 1129w\" sizes=\"auto, (max-width: 583px) 100vw, 583px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>O monumento a Curros da Coru\u00f1a como \u201caltar de galeguidade\u201d<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A obra m\u00e1is celebrada do escultor cambad\u00e9s Francisco Asorey Gonz\u00e1lez (1889-1961) \u00e9 o monumento a Curros da Coru\u00f1a. Como un altar, erguido despois de moitas contrariedades, o 11 de agosto de 1934, feito moi esperado e realizado con todos os honores, contando coa presencia do presidente da Rep\u00fablica, Niceto Alcal\u00e1 Zamora, autoridades, corporaci\u00f3ns acad\u00e9micas, a intelectualidade galeguista e o entusiasmo da cidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para tal ocasi\u00f3n, asumindo a transcendencia, a Academia Galega editou un libri\u00f1o sobre o poeta de Celanova, o que tantas veces agasallou a que el cantaba \u201cOuh Cidade Meiga da Coru\u00f1a\u201d e no que se deixa constancia das xesti\u00f3ns para a execuci\u00f3n de tan significativa obra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Monumento proposto inmediatamente \u00e1 morte na Habana do poeta creador da Academia Galega, un 7 de marzo de 1908, momento dende o que a cidade que ti\u00f1a coroado solemnemente ao poeta en 21 de outubro do 1904 quer\u00eda acoller agora os seus restos mortais nun gran mausoleo. A Academia Galega e a Asociaci\u00f3n da Prensa acordan xestionar a erecci\u00f3n do mesmo, as que, en 5 de xu\u00f1o de 1908 forman a Comisi\u00f3n promonumento, abandeirando a proposta Murgu\u00eda e o alcalde Manuel Cas\u00e1s, contando ademais coa ent\u00f3n denominada, e dende a s\u00faa creaci\u00f3n no 1849, a Academia Provincial de Belas Artes da Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O 31 de marzo \u00e9 recibido no porto da Coru\u00f1a, con todos os honores, o cadaleito do vate, que ser\u00e1 exposto na Consistorial, para o 2 de abril darlle unha multitudinaria despedida at\u00e9 o cemiterio de Santo Amaro. Feito que quedou moi prendido na memoria da cidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ofr\u00e9cense veladas coa ansia de animar \u00e1 causa promonumento a Curros, b\u00fascanse doantes&#8230; s\u00famanse en Bos Aires iniciativas, insistindo, a un tempo na creaci\u00f3n de escolas que honrasen o nome de Curros Enr\u00edquez. Ansias nas que non queda atr\u00e1s a colectividade galega da Habana, a que mesmo ofrece o proxecto dun mausoleo ideado polo laureado escultor vallisolet\u00e1n, afincado en Cuba, Mois\u00e9s de Huertas y Ayuso (1881-1962).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por diferentes circunstancias pasan os anos e as propostas posp\u00f3\u00f1ense. A morte de Murgu\u00eda contrib\u00fae ao retraso. Delegando poderes \u00e1 Academia Galega ret\u00f3mase o asunto no 1921 e faise propo\u00f1endo a convocatoria dun concurso entre artistas espa\u00f1ois. Preocupa a situaci\u00f3n do monumento, escollendo a nova \u00e1rea do Recheo, ampla explanada no coraz\u00f3n da cidade, a car\u00f3n do porto e que serv\u00eda como posta en escena de obras modernistas que expresan a ilustraci\u00f3n municipal do momento. Ins\u00edstese en que o material sexa granito galego e que nel se dispo\u00f1a de sitio para depositar as cinzas do poeta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Os vizos, o poeta&#8230; e tras del o pobo labrego&#8230; no cimo a Alborada&#8230; detr\u00e1s o panceltismo&#8230;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Prep\u00e1ranse as bases do concurso para a selecci\u00f3n do proxecto do monumento, e simbolicamente o 22 de xullo do 1923 colocarse a primeira pedra. En 7 de marzo do 1927 a Academia saca o concurso e o 7 de setembro re\u00fanese o xurado: o Marqu\u00e9s de Figueroa, Ram\u00f3n Cabanillas, Francisco LLor\u00e9ns, Dur\u00e1n Salgado e Juan Cristobal. Primeira convocatoria na que non convencen os proxectos presentados, declarando meritorios os presentados por Ferrant, Mar\u00edn, Gonz\u00e1lez del Villar e Lage. Axi\u00f1a, o 11 de agosto de 1928 convocase un segundo concurso ao que concorren doce proxectos, nesa ocasi\u00f3n no xurado estar\u00e1n o Marqu\u00e9s de Figueroa, \u00c1lvarez de Sotomayor, Antonio Palacios, Francisco LLor\u00e9ns, Rodr\u00edguez Gonz\u00e1lez, acordando outorgar o primeiro premio a Francisco Asorey, o segundo de 2000 pesetas ao castellonense Juan Bautista Adsuara (1891-1973), en colaboraci\u00f3n con Sala e o terceiro de 1000 pesetas a Izquierdo y Vivas (1893-1985). Asorey pon mans a obra, pero unha enfermidade, as folgas, as indecisi\u00f3ns sobre a situaci\u00f3n do monumento retrasan os prazos&#8230; O escultor recibe 60.000 pts. polo coste da s\u00faa obra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Asorey est\u00e1 moi solicitado, \u00e9 ent\u00f3n cando muda o taller de Caramoni\u00f1a ao inmediato e a car\u00f3n do convento compostel\u00e1n de Santa Clara. Taller do que sair\u00e1n ademais o Monumento a San Francisco para Compostela, con esas mesmas premisas: diferentes tipos de pedra, a forma piramidal, a simetr\u00eda escenogr\u00e1fica, o simbolismo: da Terra ao Ceo, do Caos ao Cosmos&#8230; e a ascese polo medio. Isto \u00e9 as raiceiras como as orixes, seguida da torada ou tronco ascendente cara as ramas e \u00e1 Luz, parella \u00e1 idea da Cruz, da \u00c1rbore. O mesmo concepto co que a ilustradora irlandesa Althea Gyles ti\u00f1a iluminado a portada da Rosa Secreta de W. B Yeats&#8230; \u00e9tica e est\u00e9tica do Er\u00edn celto-cristi\u00e1n que non pasou desapercibido aos \u201cinadaptados\u201d de N\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O profesor Otero Tu\u00f1ez, estudoso de Asorey en anos da vida do escultor, \u00e9 autor da biograf\u00eda El Escultor Asorey (1959) na que d\u00e1 conta que o monumento a Curros est\u00e1 inspirado no poema Encomenda de Aires da Mi\u00f1a Terra, versos que aluden \u00e1 \u201clira torva, como un coitelo fera\u201d detr\u00e1s da que seguen, como a un Cristo, as xentes do traballo&#8230;\u201dcastigo pros verdugos, pros m\u00e1rtires coroas&#8230; a traballosa costa\u201d, con \u201ccima sagrada e vitoriosa\u201d, na esperanzada Aurora. Non \u00e9 unha novidade na cultura galega esta idea de ascese, est\u00e1 xa nas estelas funerarias galaicas romanas de hai dous mil anos, igual que nas fachadas occidentais dos templos rom\u00e1nicos: abaixo o x\u00e9nese, para ascender e ir creando \u00eddolos, monstros, logo, polos profetas e os ap\u00f3stolos, o verbo&#8230; crear m\u00fasica, o trunfo da civilizaci\u00f3n&#8230; e sobre todo a cosmogon\u00eda calidosc\u00f3pica do roset\u00f3n, pola que fura a luz do solpor e incide no altar que est\u00e1 \u201corientado\u201d. No monumento a Curros: abaixo os meg\u00e1litos, entre macetos para que neles medren as plantas enxebres, as que se deixan na almof\u00eda de auga na noite do Xo\u00e1n, ocos sobre os que asexan os vicios de Galicia, tres monstros inspirados nos da base do P\u00f3rtico Gloria, dos canicelos, das g\u00e1rgolas: a inxustiza, o caciquismo, a avaricia&#8230;baixo os p\u00e9s de Curros verte a auga purificadora. A imaxe do poeta da un paso e sost\u00e9n a s\u00faa lira, tras del e a unha banda os homes, na outra as mulleres, todos cargando as ferramentas do traballo, labrego, os escravos da terra, e sobre deles, erguida por cabalos, espida, alza as mans, entre un manto nubeiros, a Alborada, a Esperanza&#8230; e de fondo aqueles trilitos \u201cceltas\u201d, as portas, vello icono acollido polo galeguismo e sobre o que tanto traballou Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o, a Ara Gael&#8230; A parte traseira acolle a furna-ara para as cinzas do poeta, a que quedou por rematar e que se complementar\u00eda cun relevo alusivo \u00e1 Virxe do Cristal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No 1944 o empresario Emilio Rey Romero, asociado con Pedro Barri\u00e9 de la Maza, (Sociedade Sainga) conseguen permiso para edificar un hotel e teatro-cine nesta zona do Recheo, proxecto do arquitecto Jacobo Rodr\u00edguez-Losada Trulock, conxunto que recibir\u00e1 o nome de Hotel Embajador e Teatro Col\u00f3n, quit\u00e1ndolle o protagonismo orixinal ao monumento. Nun lateral estaba o flamante Hotel Atl\u00e1ntico, inaugurado no 1923, do arquitecto madrile\u00f1o Luciano Delage y Villegas, propiedade dunha sociedade presidida por Casares Quiroga, e no que se aloxaron as personalidades que acudiron a inauguraci\u00f3n do monumento, edificio modernista derrubado no 1968 para a outra nova arquitectura de hotel&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Concello e propietarios do hotel inciden en trasladar o monumento a Curros ao Parque de Santa Margarita, idea que perdura at\u00e9 os anos setenta. A Academia Galega e a de Belas Artes logran que se mante\u00f1a no sitio orixinal, tal como informou Asorey. E nesas sigue&#8230; polo exceso de celo entre agresivos lavados a chorro que pulen o expresionismo, mesmo at\u00e9 borrar a sinatura do escultor&#8230; cando non, lle d\u00e1 traseiro un deses ostentosos palcos da aculturaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Felipe Sen\u00e9n<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O s\u00e1bado 11 de Agosto de 1934 inaugurouse, con toda solemnidade e nos espazos do Recheo coru\u00f1\u00e9s, o Monumento a Curros. Obra antol\u00f3xica do escultor Asorey. Acto ao que concurriu o Presidente da Rep\u00fablica Niceto Alcal\u00e1 Zamora, seguido de todas as autoridades e o m\u00e1is florido da intelectualidade galeguista daqueles anos, que con aquel feito [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21,19],"tags":[],"class_list":["post-3140","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-comunicados","category-outras-actividades"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3140","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3140"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3140\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3143,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3140\/revisions\/3143"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}