{"id":3021,"date":"2024-05-16T08:53:49","date_gmt":"2024-05-16T08:53:49","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=3021"},"modified":"2024-05-16T08:53:50","modified_gmt":"2024-05-16T08:53:50","slug":"os-museos-galegos-nun-dia-internacional-dos-museos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2024\/05\/16\/os-museos-galegos-nun-dia-internacional-dos-museos\/","title":{"rendered":"OS MUSEOS GALEGOS NUN &#8220;D\u00cdA INTERNACIONAL DOS MUSEOS&#8221;"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesa \u00a0continua construci\u00f3n dun almanaque civil global, o que traspapela ao santoral e desconcerta \u00e1 beater\u00eda, dende 1977 o\u00a0<em>Consello Internacional de Museos<\/em>\u00a0(ICOM)\u00a0estableceu cada 18 de maio como \u201c<em>D\u00eda Internacional dos Museos\u201d<\/em>.\u00a0 \u201c<em>D\u00edas<\/em>\u201d ideais, como un xeito \u00a0de endomingar a cultura, de edulcorala e enc\u00e1psulala nun foli\u00f3n de fastos.\u00a0Aproveitarase ent\u00f3n a convocatoria para cavilar no estado da cuesti\u00f3n das novas advocaci\u00f3ns. Non cabe d\u00fabida que todo entra nun proceso de cousificaci\u00f3n da cultura, sometida \u00e1 mercantilizaci\u00f3n ou macdonalizaci\u00f3n, cando os valores de uso se converten en valores de consumo, para solemnes liturxias e demais performances, cultura do espect\u00e1culo. Esquecendo que a cultura \u00e9 o que o ser humano cultiva para sobrevivir dando resposta ao seu contexto espacial, temporal ou social e faise acudindo a tradici\u00f3ns, mitos, creaci\u00f3ns, investigaci\u00f3ns e relaci\u00f3ns&#8230; e agora mesmo no remu\u00ed\u00f1o da\u00a0<em>Cuarta Revoluci\u00f3n Industrial,<\/em>\u00a0a da Intelixencia Artificial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Galicia, conf\u00edn que emproa ao Atl\u00e1ntico, \u00e9 rica en xeolox\u00eda, ent\u00f3n en&nbsp; contrastes de paisaxes, ocupadas por arqueolox\u00edas dende o Paleol\u00edtico, con mostras do &nbsp;Megalitismo, dos Castros e dos romanos, da cristianizaci\u00f3n&#8230; do trunfo do Rom\u00e1nico e do Barroco&#8230; Pa\u00eds de misioneiros, conquistadores, aventureiros, mari\u00f1eiros, cerna do realismo m\u00e1xico, de superstici\u00f3ns e mitos, de peregrinos, de homes e mulleres inventoras, de artistas, m\u00fasicos&#8230;de aluados, tam\u00e9n de encoros, e\u00f3licos, empresas&#8230; En fin, argumentos capaces de musealizarse, para contribu\u00edr as\u00ed \u00e1 informaci\u00f3n e \u00e1 formaci\u00f3n, \u00e1 dignificaci\u00f3n, ao aporte singular \u00e1 universalidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Compre pois asumir que somos tan actores como espectadores da Historia, que atesouramos documentos, testemu\u00f1as, artefactos, retomando cami\u00f1os nun longo proceso de madurez, as\u00ed invertemos na educaci\u00f3n creando o sitio das Musas, vela\u00ed o \u201c<em>Museion\u201d<\/em>&nbsp;grego, as prestixiosas colecci\u00f3ns renacentistas, os gabinetes de curiosidade da Ilustraci\u00f3n&#8230;e as\u00ed deica hoxe.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Proba de que a sociedade esta nun permanente devalar e mesmo con ela a idea e a definici\u00f3n de museo, agora acorde co noso tempo, coa democracia, a igualdade, as novas tecnolox\u00edas e vela\u00ed &nbsp;a aprobada polo ICOM &nbsp;na s\u00faa 26 conferencia &nbsp;celebrada en Praga a finais de agosto do 2022: \u201c<em>O Museo \u00e9 &nbsp;instituci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro, permanente, ao servizo da sociedade, que colecciona, investiga, interpreta, conserva e exhibe o patrimonio material e inmaterial. Abertos ao p\u00fablico, accesibles, inclusivos, fomentando a diversidade e a viabilidade. Coa participaci\u00f3n das comunidades, os museos operan e comunican \u00e9tica, profesionalidade, ofrecendo experiencias en funci\u00f3n da educaci\u00f3n, o lecer, a reflexi\u00f3n e o intercambio de co\u00f1ecementos\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Non faltan teor\u00edas ou &nbsp;leis&nbsp; sobre a xesti\u00f3n do museo, da Museolox\u00eda&#8230; a realidade \u00e9 outra<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As\u00ed que, pondo en contraste cada unha das funci\u00f3ns&nbsp; especificadas na definici\u00f3n de museo coa realidade galega, atopamos que boa parte dos chamados \u201cmuseos\u201d non responden a tan profesional criterio. Museos uns dependentes da Xunta de Galicia, outros das deputaci\u00f3ns, como de concellos, de padroados ou fundaci\u00f3ns&#8230;e moitas e importantes colecci\u00f3ns, que non museos, creadas por ese&nbsp; principio do museo que &nbsp;\u00e9 reunir cousas con certa coherencia. Iso si, tampouco faltan leis ao respecto, como a&nbsp;<em>Lei 7\/2021 de febreiro de Museos e outros centros muse\u00edsticos de Galicia&nbsp;<\/em>(BOE 78 de 1 de abril 2021.)&nbsp; na que se pormenoriza sobre o obxecto, o \u00e1mbito, as funci\u00f3ns, os deberes, a definici\u00f3n e estrutura, a administraci\u00f3n, sobre o&nbsp;<em>Consello de Centros Muse\u00edsticos<\/em>, como do&nbsp;<em>Sistema Galego de Museos<\/em>. Incidindo sobre o r\u00e9xime de creaci\u00f3n e cualificaci\u00f3n de museos, colecci\u00f3ns e centros de interpretaci\u00f3n&#8230; Rexistro Xeral, &nbsp;os tipos de redes, organizaci\u00f3n, funcionamento e autonom\u00eda, persoal, visitas, acceso, a xesti\u00f3n dos fondos, dep\u00f3sitos, daci\u00f3ns, legados, dereito de tanteo e retracto, expropiaci\u00f3n&#8230; como sobre a conservaci\u00f3n, a restauraci\u00f3n, a baixa de bens, a documentaci\u00f3n, consultas, investigaci\u00f3n, difusi\u00f3n&#8230; como sobre axudas, cooperaci\u00f3n, patrocinio, participaci\u00f3n, iniciativas. Sen faltar os aspectos sobre o r\u00e9xime sancionador&#8230;sobre a did\u00e1ctica, &nbsp;a integraci\u00f3n no&nbsp;<em>Rexistro Xeral de Centros Muse\u00edsticos de Galicia<\/em>, con especificidadespara o&nbsp;&nbsp;<em>Museo Pedag\u00f3xico de Galicia<\/em>, para os centros da Igrexa, &nbsp;para o&nbsp;<em>Museo do Pobo Galego<\/em>&#8230; sobre a clasificaci\u00f3n de museos, a derogaci\u00f3n da normativa&#8230; En fin por leis e enredos burocr\u00e1ticos que non sexa, igual que pola existencia de departamentos que inzan o mapa, de concellos, de deputaci\u00f3ns, da Xunta e do Goberno de Espa\u00f1a apelidados&nbsp;<em>\u201cde Cultura\u201d&#8230;.<\/em>Iso si, despois vemos o que vemos: a &nbsp;falta de espazos axeitados, as\u00ed como de persoal cualificado e conseguintemente &nbsp;con eses horarios &nbsp;de \u201c<em>Pechado por descanso\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre eses coutos \u00e9 sobranceira a labor de museos que son referente, como o Museo de Pontevedra, o de Lugo , ambos dependentes das correspondentes deputaci\u00f3ns, como o mesmo Museo de Belas Artes da Coru\u00f1a, dependente da Xunta de Galicia, igual que o Museo do Mar de Vigo ou o de Bueu, o das Peregrinaci\u00f3ns en Compostela&#8230; ou o Museo do Pobo Galego dependente de Padroado. O papel fundamental dos museos de sitio, como o da Arte Rupestre de&nbsp;<em>Campo Lameiro,<\/em>&nbsp;os castrexos de&nbsp;<em>San Cibrao de Las<\/em>&nbsp;ou o de&nbsp;<em>Viladonga,<\/em>&nbsp;o romano de&nbsp;<em>Aqu\u00eds Querquennis<\/em>&#8230; Mentres compre po\u00f1er fin \u00e1 eterna obra no hist\u00f3rico Museo Arqueol\u00f3xico de Ourense&#8230; Iso si, parab\u00e9ns ao&nbsp;<em>Museo Etnol\u00f3xico<\/em>&nbsp;de Ribadavia coa extensi\u00f3n ao&nbsp;<em>Museo do Vi\u00f1o de Galicia<\/em>&nbsp;na vella parroquial de &nbsp;Camporedondo&#8230; E eses sobrevivintes museos de concellos, tal como o Arqueol\u00f3xico da Coru\u00f1a que, dende hai anos, xa deber\u00eda reformularse a s\u00faa reubicaci\u00f3n &nbsp;\u00e1 nova museolox\u00eda, dedicando o&nbsp;<em>castelo de San Ant\u00f3n<\/em>&nbsp;a museo de si mesmo: a fortaleza, a historia, os presos&#8230; A actual penuria do desexado<em>&nbsp;Museo Luis Seoane<\/em>, baixo unha fundaci\u00f3n presidida pola alcald\u00eda da Coru\u00f1a, centro creado co fin de contaxiar a dimensi\u00f3n do artista que aplicou o seu arte \u00e1 industria, en competencia cos&nbsp;<em>Centros de Arte Contempor\u00e1nea como CGAC<\/em>&nbsp;de Compostela ou o<em>&nbsp;MARCO<\/em>&nbsp;de Vigo, mentres que o&nbsp;<em>Museo Carlos Maside<\/em>, &nbsp;creado polo esforzo e creatividade do tandem&nbsp; D\u00edaz Pardo &amp; Seoane, vencellado \u00e1 \u00e9tica e \u00e1 est\u00e9tica do&nbsp;<em>Laboratorio de Formas de Galicia<\/em>, agora , da&nbsp;<em>\u201ca esquecemento da inxuria&#8230;<\/em>\u201d. &nbsp;Entre o panorama os m\u00e1is mimados centros interactivos das ciencias da Coru\u00f1a fronte \u00e1 heroicidade e gran riqueza de colecci\u00f3ns etnogr\u00e1ficas, como o&nbsp; formado por&nbsp;<em>Olimpio Liste<\/em>&nbsp;en Oseira e Vigo, o Museo&nbsp;<em>Monte Caxado<\/em>&nbsp;das Pontes, o da<em>&nbsp;Capela<\/em>, o de&nbsp;<em>Meixido<\/em>&nbsp;en Ortigueria, a Casa do Patr\u00f3n en Lal\u00edn&#8230; detr\u00e1s dos que latexa esforzo e voluntarismo, en ocasi\u00f3ns tomando como modelo o&nbsp;<em>Museo de Pepe el Ferreiro<\/em>&nbsp;que situou no mapamundi a Grandas de Salime. O Museo das Mari\u00f1as de Betanzos, a singularidade merecedora de maiores atenci\u00f3ns do&nbsp;<em>ecomuseo do Forno de Forte de Bu\u00f1o<\/em>, dependente do Concello-Deputaci\u00f3n&#8230; &nbsp;Meritorio o Museo do Entroido de Xinzo, parello ao&nbsp;<em>Museu Ib\u00e9rico da M\u00e1scara&nbsp;<\/em>na trasmontana Bragan\u00e7a. Sen deixar a urxencia de que as clausuras, as sancrist\u00edas, as dioceses ensinen os seus tesouros, vela\u00ed lecci\u00f3n das Clarisas de Monforte, o Museo de Arte Sacro da Colexiata, da Coru\u00f1a&#8230; Sumando \u00e1 n\u00f3mina \u00f3 m\u00e9rito inacabado de casas museos, como a de&nbsp;<em>Rosal\u00eda&nbsp;<\/em>en Padr\u00f3n, a de&nbsp;<em>Curros<\/em>&nbsp;en Celanova, a de&nbsp;<em>Cabanillas<\/em>&nbsp;en Cambados, a<em>&nbsp;Casa da Troia<\/em>&nbsp;en Compostela, a da&nbsp;<em>Pardo Baz\u00e1n<\/em>&nbsp;na Coru\u00f1a, as de&nbsp;<em>Valle Incl\u00e1n<\/em>&nbsp;na Pobra e en Vilanova, a&nbsp;<em>Manuel Antonio<\/em>&nbsp;en Rianxo, a&nbsp;<em>Manuel Mar\u00eda<\/em>&nbsp;en Outeiro de Rei, a de&nbsp;<em>Novoneyra<\/em>&nbsp;en Parada do Courel&#8230; E museos, por arte de birlebirloque desaparecidos, como o&nbsp;<em>Museo El\u00e9ctrico de Fenosa<\/em>, o de&nbsp;<em>Arte Contemporanea MACUF<\/em>&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O museo \u00e9 unha inversi\u00f3n en futuro, prioritaria para gardar, informar e formar&#8230; toda escavaci\u00f3n arqueol\u00f3xica implica previamente un museo con garant\u00edas de conservaci\u00f3n, estudo exposici\u00f3n&#8230; Sirva, pois, ao menos un \u201c<em>d\u00eda\u201d<\/em>\u00a0para facer exame de conciencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Felipe Sen\u00e9n<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">18 &#8211; MAIO &#8211; 2024<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-1024x768.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-3023\" width=\"529\" height=\"396\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-1024x768.png 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-300x225.png 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-768x576.png 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-1536x1152.png 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-120x90.png 120w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2-273x203.png 273w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/image-2.png 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 529px) 100vw, 529px\" \/><\/figure>\n<\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nesa \u00a0continua construci\u00f3n dun almanaque civil global, o que traspapela ao santoral e desconcerta \u00e1 beater\u00eda, dende 1977 o\u00a0Consello Internacional de Museos\u00a0(ICOM)\u00a0estableceu cada 18 de maio como \u201cD\u00eda Internacional dos Museos\u201d.\u00a0 \u201cD\u00edas\u201d ideais, como un xeito \u00a0de endomingar a cultura, de edulcorala e enc\u00e1psulala nun foli\u00f3n de fastos.\u00a0Aproveitarase ent\u00f3n a convocatoria para cavilar no estado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,21],"tags":[37],"class_list":["post-3021","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos","category-comunicados","tag-dia-dos-museos-2024"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3021","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3021"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3021\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3024,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3021\/revisions\/3024"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3021"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3021"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3021"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}