{"id":2600,"date":"2023-09-03T21:43:21","date_gmt":"2023-09-03T21:43:21","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=2600"},"modified":"2023-09-03T21:47:28","modified_gmt":"2023-09-03T21:47:28","slug":"casa-barroca-de-combarro-denuncia-ante-fiscalia-provincial-de-pontevedra-o-1-de-setembro-de-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2023\/09\/03\/casa-barroca-de-combarro-denuncia-ante-fiscalia-provincial-de-pontevedra-o-1-de-setembro-de-2023\/","title":{"rendered":"CASA BARROCA DE COMBARRO: DENUNCIA ANTE FISCAL\u00cdA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O 1 DE SETEMBRO DE 2023"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>Nota informativa, referida a denuncia presentada polas asociaci\u00f3n Amigos dos Museos de Galicia (A Coru\u00f1a) e A Solaina de Combarro, ante a Fiscal\u00eda Provincial de Pontevedra, para que se clarifique a propiedade da \u00abchamada Casa Barroca de Combarro\u00bb, adquirida en 1973 polo Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia para destinala a sede do Museo de Artes e Costumes Populares (Museo do Mar de Combarro). <\/em>Pontevedra, 4 de setembro de 2023.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Presentaci\u00f3n da denuncia ante a Fiscal\u00eda o venres 1 de setembro.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Asociaci\u00f3n A Solaina de Combarro e Amigos dos Museos de Galicia presentaron este venres 1 de setembro una denuncia ante a Fiscal\u00eda Provincial de Pontevedra que ten como obxecto que se clarifique a propiedade da \u00abchamada Casa Barroca de Combarro\u00bb, adquirida en 1973 polo Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia para destinala a sede do Museo de Artes e Costumes Populares (Museo do Mar de Combarro). Asinan a mesmo os presidentes de ambas asociaci\u00f3ns culturais, Rafael Vallejo Pousada e Felipe-Sen\u00e9n L\u00f3pez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A documentaci\u00f3n presentada por A Solaina e Amigos dos Museos consta de d\u00faas partes: o texto da &#8220;Denuncia ante a Fiscal\u00eda Provincial&#8221;, un escrito de seis p\u00e1xinas; e, un &#8220;Informe Documental sobre a Casa Barroca de Combarro, con referencia catastral 4479116NG2947N0001KB, adquirida en 1973 polo Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia para instalar nela un Museo estatal de Artes e Costumes Populares, con 8 Informes documentais\u201d. Este amplo Informe, organizado neses oito informes documentais, supera as 550 p\u00e1xinas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Unha denuncia por obriga c\u00edvica<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No texto da denuncia , a asociaci\u00f3n Amigos dos Museos de Galicia, con sede na Coru\u00f1a, e a Asociaci\u00f3n A Solaina para a Defensa e Promoci\u00f3n do Patrimonio Hist\u00f3rico Art\u00edstico de Combarro, manifestan que se ven &#8220;na obrigaci\u00f3n de po\u00f1er en co\u00f1ecemento da Fiscal\u00eda provincial de Pontevedra, mediante esta DENUNCIA, a situaci\u00f3n actual dunha casa barroca sita en Combarro, con referencia catastral 4479116NG2947N0001KB. Esa casa, desde xaneiro de 2021 est\u00e1 inscrita pola Gerencia Territorial del Catastro de Pontevedra a favor dun titular que previamente (en 2020) se declarou propietario da mesma, e nesa inscrici\u00f3n catastral e declaraci\u00f3n de propiedade puido haber acci\u00f3ns, omisi\u00f3ns ou declaraci\u00f3ns rexistradas documentalmente ante notario que puidesen ser constitutivas de delito, e que puideron facer posible a privatizaci\u00f3n, presuntamente fraudulenta, dun ben cultural, que entendemos de titularidade do Estado espa\u00f1ol, que forma parte destacada, pola s\u00faa \u00abbeleza art\u00edstica\u00bb e valores patrimoniais, do Conxunto Hist\u00f3rico Art\u00edstico de Combarro, pobo monumental declarado ben de interese cultural en 1972&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta \u00abchamada Casa Barroca de Combarro\u00bb fora sometida a un proceso de expropiaci\u00f3n forzosa por raz\u00f3ns de utilidade p\u00fablica, para convertela en Museo estatal de \u00abArtes y Costumbres Populares\u00bb, en 1972-1973 (Decreto 3371 \/1972, do 22 de decembro, BOE 13-2-1973, p. 2749). Por ela, o Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia pagara en 1973, \u00e1 s\u00faa antiga propietaria, Da. Florinda Salgueiro Romero, combarresa residente en Montevideo, a cantidade de 150.000 pesetas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O contido da denuncia: os feitos e a solicitude \u00e1 Fiscal\u00eda.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A denuncia organ\u00edzase, primeiro, coa manifestaci\u00f3n dos feitos e, en segundo lugar, coas petici\u00f3ns concretas que se lle trasladan \u00e1 Fiscal\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os feitos que sustentan a necesidade desta denuncia son froito dunha rigorosa reconstruci\u00f3n hist\u00f3rica da traxectoria seguida por esta \u00abchamada Casa Barroca de Combarro\u00bb. Esa reconstruci\u00f3n organ\u00edzase en tres momentos: o ano 1973, cando se produciu a expropiaci\u00f3n e pago desa vivenda barroca; a traxectoria desta casa barroca entre 1973 e 1982: e, entre 1982 e 2023. Neste apartado da denuncia propiamente dita esa &#8220;traxectoria hist\u00f3rica&#8221; esta sintetizada en catro folios. Pero, as asociaci\u00f3ns A Solaina e Amigos dos Museo fan un relato m\u00e1is minucioso da mesma no apartado sete do informe documental, que se titula &#8220;Indicios e evidencias de que a casa barroca de Combarro con referencia catastral 4479116NG2947N0001KB \u00e9 propiedade do Estado espa\u00f1ol&#8221;. \u00c9 un apartado cargado de novidades sobre o que xa se sab\u00eda desta casa. Nel ap\u00f3rtanse, por exemplo, as evidencias de que &#8220;a Delegaci\u00f3n provincial de Cultura de Pontevedra f\u00edxose cargo&#8221; desta casa en 1978, converteuna nun dos inmobles do &#8220;Centro Social do Ministerio de Cultura en Combarro&#8221;, e que exerceu a tutela e titularidade da mesma ata xullo de 1982. Foi nese momento cando se produciron as transferencias de competencias do Estado en materia de cultura a Galicia, e desaparec\u00eda aquela Delegaci\u00f3n provincial do Ministerio de Cultura en Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na denuncia, ambas asociaci\u00f3ns po\u00f1en de manifesto que este inmoble quedou \u00abprivatizado\u00bb en xaneiro de 2021, cando a Gerencia Territorial del Catastro de Pontevedra inscribiu o inmoble a favor de D. P-EPF, quen o recibiu da s\u00faa nai Da. DFR, quen, a s\u00faa vez, se declarara en 2020 herdeira desta casa, unha herdanza sobre a que existen d\u00fabidas fundamentadas de que non \u00e9 tal. En todo caso, unha herdanza que merece ser investigada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A petici\u00f3n \u00e1 Fiscal\u00eda Provincial de Pontevedra.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como consecuencia deses feitos descritos con detalle, Amigos dos Museos e A Solaina de Combarro SOLICITAN da &#8220;Fiscal\u00eda de Pontevedra unha investigaci\u00f3n, en relaci\u00f3n \u00e1 casa barroca sita en Combarro con referencia catastral 4479116NG2947N0001KB, orientada a clarificar os seguintes extremos:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">1 \u00ba) Se a atribuci\u00f3n de herdanza e propiedade desta casa, por Da. DFR e o seu fillo D. P-EPF, est\u00e1n xuridicamente suficientemente fundamentadas, ou se hai nela presuntos erros, omisi\u00f3ns ou falsidades que puidesen ser constitutivos de delito e, por tanto, puidesen anular a propiedade que se atrib\u00faen.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">2\u00b0) Se no expediente aberto pola Gerencia Territorial del Catastro de Pontevedra para atopar un titular desta casa barroca de Combarro puidese haber as\u00ed mesmo acci\u00f3ns ou omisi\u00f3ns que puidesen causar prexu\u00edzos a particulares e, sobre todo, permitir a privatizaci\u00f3n, presuntamente fraudulenta, dun ben cultural, de presumible titularidade p\u00fablica, e parte integrante do patrimonio cultural do Estado espa\u00f1ol.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">3\u00b0) A presumible propiedade p\u00fablica desta \u00abCasa Barroca\u00bb, de alto interese cultural, sometida a expropiaci\u00f3n por raz\u00f3ns de utilidade p\u00fablica en 1973, e segundo os testemu\u00f1os e evidencias dispo\u00f1ibles, pagada en 1973 \u00e1 s\u00faa antiga titular, Da. Florinda Salgueiro Romero, polo prezo convido polo Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia e a mencionada propietaria, que foi de 150.000 pesetas&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O amplo Informe documental sobre a casa barroca de Combarro incorporado nesta denuncia, est\u00e1 organizado nos seguintes oitos apartados:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">1) Xesti\u00f3ns e documentaci\u00f3n de 2016-2017 sobre casas barrocas de Combarro adquiridas para Museo etnogr\u00e1fico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">2) Xesti\u00f3ns feitas coa Sra. Subdelegada do Goberno en Pontevedra e ante o Ministerio de Cultura pola Asociaci\u00f3n A Solaina, desde o 3-2-2021 a 8-7-2022.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">3) Xesti\u00f3ns realizadas ante a \u00abDelegaci\u00f3n de Econom\u00eda y Hacienda\u00bb da provincia de Pontevedra (2021-2023).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">4) Actuaci\u00f3ns dos irm\u00e1ns Da. DRF e D. FRF, ante o Rexistro d\u00e1 Propiedade para paralizar a inmatriculaci\u00f3n da casa con referencia catastral 4479116NG2947N0001KB, e ante a Gerencia Territorial del Catastro de Pontevedra, solicitando o cambio de titular.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">5) Relaci\u00f3n dos documentos relacionados coa iniciativa parlamentaria do deputado do BNG no Congreso dos Deputados D. N\u00e9stor Rego Candamil sobre a casa barroca de Combarro expropiada en 1973 para museo etnogr\u00e1fico polo Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">6) Xesti\u00f3ns ante o Concello de Poio e do propio Concello de Poio, e algunha da documentaci\u00f3n xerada por este sobre a casa barroca de Combarro (2021-2023).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">7) Indicios e evidencias de que a casa barroca de Combarro con referencia catastral 4479116NG2947N0001KB \u00e9 propiedade do Estado espa\u00f1ol.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">8) Copia do expediente de expropiaci\u00f3n da casa barroca de Combarro (Pontevedra) que se atopa localizado no Archivo General de la Administraci\u00f3n (AGA), referencia: IDD (03)005.003.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&#8220;Cada un destes apartados cont\u00e9n un informe sobre cada unha das cuesti\u00f3ns que se abordan nos mesmos, unha relaci\u00f3n de documentos e testemu\u00f1os que avalan e ilustran o contido de cada un deses informes parciais, e unha copia deses documentos, claramente identificados&#8221;, segundo lle indican A Solaina e Amigos dos Museos de Galicia \u00e1 Fiscal\u00eda Provincial na s\u00faa denuncia.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-table\"><table><tbody><tr><td>Asdo: Rafael Vallejo Pousada, presidente de A Solaina de Combarro. DNI: 35285705W &nbsp;<\/td><td>&nbsp;<\/td><td>Asdo: Felipe-Sen\u00e9n L\u00f3pez G\u00f3mez, presidente de Amigos dos Museos de Galicia. DNI: 76689843T &nbsp;<\/td><\/tr><\/tbody><\/table><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Observaci\u00f3ns: &#8211; <\/strong><em>Nesta nota de prensa usamos iniciais para a identificaci\u00f3n de catro persoas que, no documento entregado \u00e1 Fiscal\u00eda, aparecen cos nomes detallados.<\/em><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/Combarro-Casas-Museo-Foto-Chamoso-Lamas-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2601\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/Combarro-Casas-Museo-Foto-Chamoso-Lamas-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/Combarro-Casas-Museo-Foto-Chamoso-Lamas-300x200.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/Combarro-Casas-Museo-Foto-Chamoso-Lamas-768x512.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/Combarro-Casas-Museo-Foto-Chamoso-Lamas-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/Combarro-Casas-Museo-Foto-Chamoso-Lamas-2048x1365.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nota informativa, referida a denuncia presentada polas asociaci\u00f3n Amigos dos Museos de Galicia (A Coru\u00f1a) e A Solaina de Combarro, ante a Fiscal\u00eda Provincial de Pontevedra, para que se clarifique a propiedade da \u00abchamada Casa Barroca de Combarro\u00bb, adquirida en 1973 polo Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia para destinala a sede do Museo de Artes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-2600","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-comunicados"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2600","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2600"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2600\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2604,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2600\/revisions\/2604"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2600"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2600"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2600"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}