{"id":2384,"date":"2023-02-23T12:51:55","date_gmt":"2023-02-23T12:51:55","guid":{"rendered":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=2384"},"modified":"2023-02-23T12:51:56","modified_gmt":"2023-02-23T12:51:56","slug":"o-paradoxo-de-combarro-instar-aos-poderes-publicos-a-recuperar-o-patrimonio-publico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2023\/02\/23\/o-paradoxo-de-combarro-instar-aos-poderes-publicos-a-recuperar-o-patrimonio-publico\/","title":{"rendered":"O PARADOXO DE COMBARRO: INSTAR AOS &#8220;PODERES P\u00daBLICOS&#8221; A RECUPERAR O PATRIMONIO P\u00daBLICO"},"content":{"rendered":"<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-2385\" width=\"180\" height=\"138\"\/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Combarro, 15 de febreiro de 2023<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este m\u00e9rcores 15 de febreiro unha representaci\u00f3n das asociaci\u00f3ns Amigos dos Museos de Galicia e de A Solaina de Combarro mantiveron unha entrevista coa delegada Provincial de Econom\u00eda y Hacenda, Luc\u00eda E. Rodr\u00edguez, para co\u00f1ecer en que situaci\u00f3n se atopaba o expediente da &#8220;casa barroca&#8221; de Combarro, comprada en 1973 polo Ministerio de Educaci\u00f3n e Ciencia para Museo do Mar e, neste momento, rexistrada a favor dun particular no Catastro de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A comisi\u00f3n que se entrevistou coa delegada estaba presidida por Rafael Vallejo Pousada, presidente da Asociaci\u00f3n cultural A Solaina de Combarro e catedr\u00e1tico de Historia Econ\u00f3mica da Universidade de Vigo, e por Felipe Sen\u00e9n L\u00f3pez, presidente de Amigos dos Museos de Galicia, que foi director do Museo Arqueol\u00f3xico de San Ant\u00f3n da Coru\u00f1a e actual secretario da Real Academia Galega de Belas Artes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Amigos dos Museos de Galicia fixera xesti\u00f3ns nos Ministerios de Cultura e Hacienda, en 2016, para que se clarificase a titularidade da &#8220;casa barroca&#8221; comprada no seu d\u00eda para Museo do Mar en Combarro. \u00c1 s\u00faa vez, a Asociaci\u00f3n A Solaina presentou o 3 de marzo de 2021 un detallado informe sobre esta &#8220;casa barroca&#8221; combarresa ao Ministerio de Cultura, no que revelaba como Javier Tusell, director xeneral de Bellas Artes informaba, o 14 de xullo de 1981, que esta casa de Combarro, &#8220;de la que fue propietaria Da. Florinda Salgueiro Romero, fue adquirida en 150.000 pts. en 1973 y abonada en su momento&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Neste informe da Solaina de marzo de 2021 tam\u00e9n se explicaban as xesti\u00f3ns feitas pola familia Romero Fern\u00e1ndez de Combarro para impedir a inscrici\u00f3n deste edificio monumental no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, en favor dun particular sen t\u00edtulos suficientes para acreditar esa propiedade, cousa que se logrou en 2021. Adicionalmente, A Solaina achegaba informaci\u00f3n precisa sobre a oficina onde se atopaba en Uruguai o testamento de Florinda Salgueiro, cuxa consulta ser\u00eda decisiva para clarificar a sorte desta casa barroca.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O informe da Solaina foi enviado tam\u00e9n \u00e1 Subdelegaci\u00f3n do Goberno en Pontevedra, \u00e1 Deputaci\u00f3n Provincial, ao Delegado provincial de Econom\u00eda y Hacienda, e ao Concello de Poio. De feito, A Solaina entrevistouse d\u00faas veces, en 2021 e 2022, coa Subdelegada do Goberno, e outras d\u00faas co anterior delegado provincial de Econom\u00eda y Hacienda, a \u00faltima o 14 de xu\u00f1o de 2022. Nesta transmitiulle que o Concello de Poio lograra unha copia do testamento de Florinda Salgueiro, en que nomeaba herdeiros a dous sobri\u00f1os seus de Uruguai. Hab\u00eda datos, pois, para que Facenda revisase o expediente feito sobre esta casa barroca, e cualificara esta, a efectos catastrais, en situaci\u00f3n de &#8220;en investigaci\u00f3n&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Co acordo un\u00e1nime dos tres partidos pol\u00edticos representados no Concello de Poio, unhas semanas despois envi\u00e1base, desde a alcald\u00eda de Poio, o testamento ao Delegado Provincial de Econom\u00eda y Hacienda, e ped\u00edalle revisar, \u00e1 luz da informaci\u00f3n achegada polo devandito testamento, a situaci\u00f3n deste emblem\u00e1tico ben cultural de Combarro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O 20 de xullo de 2022 a Asociaci\u00f3n A Solaina envioulle nova documentaci\u00f3n ao Delegado de Econom\u00eda y Hacienda, que lle ser\u00eda \u00fatil para &#8220;clarificar nesa Delegaci\u00f3n e nas oficinas do Catastro en Pontevedra, a verdadeira titularidade desta vivenda&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pasados varios meses desas xesti\u00f3ns, a Asociaci\u00f3n A Solaina e Amigos dos Museos de Galicia, non ti\u00f1an constancia das conclusi\u00f3ns \u00e1s que se chegou no Catastro de Pontevedra e na Delegaci\u00f3n de Econom\u00eda y Hacienda. Dado que en outubro de 2022 foi nomeada unha nova delegada provincial, entenderon que era oportuno pedir entrevista con ela para tratar este asunto. Esta reuni\u00f3n, concedida de inmediato por Luc\u00eda E. Rodr\u00edguez, celebrouse este m\u00e9rcores 15 de febreiro. A ela tam\u00e9n asistiu o funcionario das oficinas catastrais que tramitou o expediente desta &#8220;casa barroca&#8221;, as\u00ed como o tesoureiro da Solaina e unha representaci\u00f3n da familia Romero Fern\u00e1ndez de Combarro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Solaina e Amigos dos Museos, a trav\u00e9s de Rafael Vallejo e Felipe Sen\u00e9n L\u00f3pez, transmitiron a s\u00faa preocupaci\u00f3n sobre a situaci\u00f3n actual desta casa barroca de, entenden, titularidade p\u00fablica, pero rexistrada a nome dun particular no Catastro de Pontevedra. Achegaron novas evidencias sobre o tr\u00e1mite que levou \u00e1 expropiaci\u00f3n e compra no seu d\u00eda desta casa. E, sobre todo, puxeron de manifesto o que entend\u00edan erros e omisi\u00f3ns no expediente feito no Catastro de Pontevedra entre 2016 e 2021. Un deles, o m\u00e1is relevante pero non o \u00fanico, \u00e9 o de non investigar a realidade dos herdeiros certos de Florinda Salgueiro. Ela morreu en Uruguai en 2000, testou en Uruguai igualmente, e os seus herdeiros son dous sobri\u00f1os uruguaios. Florinda Salgueiro non deixou ningunha herdanza aos seus familiares afastados (curm\u00e1ns ou sobri\u00f1os) de Combarro. Por tanto, a investigaci\u00f3n das oficinas catastrais de Pontevedra non seguiu a aut\u00e9ntica li\u00f1a de herdanza, feito que tam\u00e9n revelou a representaci\u00f3n da familia Romero Fern\u00e1ndez nesta reuni\u00f3n. Poder\u00eda haber, indicaron os reunidos coa delegada, un posible problema de legalidade no tr\u00e1mite feito nas oficinas de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is relevante a\u00ednda \u00e9 que, nese testamento, non figura ning\u00fan ben en Combarro. Por tanto, tampouco figura a &#8220;casa barroca&#8221; en cuesti\u00f3n. Por que non figura? A comisi\u00f3n reunida coa delegada de Econom\u00eda y Hacienda entende que a raz\u00f3n \u00e9 que esa casa foi comprada e paga en 1973. Felipe Sen\u00e9n L\u00f3pez, que traballaba ent\u00f3n con Manuel Chamoso Lambas, o etn\u00f3grafo promotor do Museo do Mar de Combarro, e que co\u00f1ece ben todo o relacionado coa concepci\u00f3n e o tr\u00e1mite deste e dos outros Museos de Artes e Costumes Populares que Chamoso promov\u00eda en Galicia, achegou \u00e1 delegada o testemu\u00f1o directo sobre a compra en 1973 da casa barroca, transmitido por Chamoso Lamas, ao que se lle informou, naquel mesmo momento, desde a delegaci\u00f3n de Educaci\u00f3n e Ciencia de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia trasladara a Pontevedra a orde de pago, en xullo de 1973, para que este fose realizado con cargo \u00e1 &#8220;aplicaci\u00f3n&#8221; orzamentaria 18.08.611\/73, dos orzamentos xerais do Estado para 1973. Esta mesma informaci\u00f3n traslad\u00f3uselle desde o Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia, en xu\u00f1o de 1973, ao Conselleiro Provincial de Belas Artes de Pontevedra, Xos\u00e9 Filgueira Valverde: &#8220;ESTE MINISTERIO ha resuelto aceptar como justiprecio fijado por mutuo acuerdo entre la Administraci\u00f3n y el expropiado en este expediente la cantidad de 150.000 ptas. la cual se librar\u00e1 con cargo al cr\u00e9dito 18.08.611 del vigente presupuesto de gastos del Departamento a favor de Da. Florinda Salgueiro Romero a trav\u00e9s del Pagador Provincial de Servicios del Ministerio de Educaci\u00f3n y Ciencia en Pontevedra&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A delegada de Econom\u00eda y Hacienda mostrouse receptiva \u00e1 informaci\u00f3n transmitida por estas d\u00faas Asociaci\u00f3ns. Comprometeuse a revisar, de acordo coas oficinas do Catastro de Pontevedra, o expediente sobre esta &#8220;casa barroca&#8221;. Tam\u00e9n a requirir, de ser necesario, o asesoramento da avogac\u00eda do Estado sobre este particular. Asumiu o compromiso de manter unha comunicaci\u00f3n directa con ambas as asociaci\u00f3ns, co fin de telas informadas dos resultados destas novas actuaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, Amigos dos Museos e a Asociaci\u00f3n A Solaina informaron \u00e1 delegada de Econom\u00eda y Hacienda de que \u00edan facer xesti\u00f3ns, nos pr\u00f3ximos d\u00edas, cos partidos pol\u00edticos con representaci\u00f3n no parlamento de Galicia e nas Cortes espa\u00f1olas, a fin de comprometelos na busca dunha soluci\u00f3n satisfactoria para o patrimonio cultural de Pontevedra e de Galicia. As\u00ed mesmo van solicitar asesor\u00eda, por se nas acci\u00f3ns ou omisi\u00f3ns reveladas no expediente aberto no Catastro de Pontevedra, puidese haber irregularidades ou alg\u00fan tipo de ilegalidade, para, chegado o caso, pedir que se po\u00f1a o actuado en mans da Fiscal\u00eda da provincia de Pontevedra ou da Fiscal\u00eda da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia. Estamos ante a defensa dun ben de interese cultural, e ambos colectivos non van escatimar medios para que volva \u00e1 plena titularidade p\u00fablica.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-table\"><table><tbody><tr><td>Asdo: Felipe Sen\u00e9n L\u00f3pez, presidente de Amigos dos Museos de Galicia &nbsp;<\/td><td>Asdo: Rafael Vallejo Pousada, presidente da Asociaci\u00f3n A Solaina de Combarro.<\/td><\/tr><\/tbody><\/table><\/figure>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/Combarro-foo-Chamos-Lamas-1024x682.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2386\" width=\"666\" height=\"443\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/Combarro-foo-Chamos-Lamas-1024x682.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/Combarro-foo-Chamos-Lamas-300x200.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/Combarro-foo-Chamos-Lamas-768x512.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/Combarro-foo-Chamos-Lamas-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/Combarro-foo-Chamos-Lamas.jpg 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 666px) 100vw, 666px\" \/><\/figure>\n<\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Combarro, 15 de febreiro de 2023 Este m\u00e9rcores 15 de febreiro unha representaci\u00f3n das asociaci\u00f3ns Amigos dos Museos de Galicia e de A Solaina de Combarro mantiveron unha entrevista coa delegada Provincial de Econom\u00eda y Hacenda, Luc\u00eda E. Rodr\u00edguez, para co\u00f1ecer en que situaci\u00f3n se atopaba o expediente da &#8220;casa barroca&#8221; de Combarro, comprada en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-2384","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-comunicados"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2384","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2384"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2384\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2388,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2384\/revisions\/2388"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}