{"id":2093,"date":"2022-07-05T20:27:29","date_gmt":"2022-07-05T20:27:29","guid":{"rendered":"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=2093"},"modified":"2022-07-05T20:27:30","modified_gmt":"2022-07-05T20:27:30","slug":"adulterar-o-plan-do-museo-valle-inclan-da-pobra-entre-outras-chapuzas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2022\/07\/05\/adulterar-o-plan-do-museo-valle-inclan-da-pobra-entre-outras-chapuzas\/","title":{"rendered":"ADULTERAR O PLAN DO MUSEO VALLE -INCL\u00c1N DA POBRA, ENTRE OUTRAS CHAPUZAS"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cando se fala \u00e1 lixeira de crear museos, de musealizar e de plans expositivos, non sobra seguir a explicar o que \u00e9 un museo e a museolox\u00eda como ciencia da xesti\u00f3n destes centros. Museos dque se prentende de actores m\u00e1is que de espectadores, en funci\u00f3n da \u00e9tica e da est\u00e9tica, tam\u00e9n das novas tecnolox\u00edas: centros para informar e formar, en constante evoluci\u00f3n .<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E sabemos que non \u00e9 f\u00e1cil crear un museo real \u2013 fronte \u00e1s campantes virtualidades &#8211; con canto aquel implica de continente, de contidos e de funci\u00f3n social: conseguir espazos axeitados, adaptalos, facerse con artefactos orixinais que nos axuden a complementar o crevacabezas da historia, a estudialos, documentalos, seleccionalos, a expo\u00f1er e explicar cunha secuencia l\u00f3xica ou, en todo caso conservalos entre os fondos en reserva para futuras exposici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En fin, entender o museo cunha misi\u00f3n de sensibilizzaci\u00f3n, para atraer aos de dentro e aos de fora, pra ser referente, como na Proba do Carami\u00f1al ven sendo o <em>Museo Valle- Incl\u00e1n,<\/em> o pazo que nunca tivo, quixo ter e por fin, agora ten a memoria de don Ram\u00f3n Mar\u00eda del Valle-Incl\u00e1n. Ese espazo son as renacentistas Torres de Berm\u00fadez, noutrora mirando a ise seu mar de Arousa, estrutura soberbia onde acoller o \u201c<em>genius loci<\/em>\u201d , as misteriosas sombras do esp\u00edrito do creador dos esperpentos. Referentes, recursos identitarios e tur\u00edsticose cos que , non sempre, se ten sensibilidade pra dialogar con eles , entendelos e respectalos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&nbsp;Si o dif\u00edcil \u00e9 crear o f\u00e1cil \u00e9 destru\u00edr, enchafallar, chringuitizar, adulterar os argumentos orixinais, os que determinan orixinalidade, como \u00e9 o que parece est\u00e1 acontecer co plan e a traxectoria do <em>Museo Valle-Incl\u00e1n da Proba<\/em>, tampouco \u00e9 o \u00fanico caso en Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Partimos do principio de que tan \u201cculto\u201d \u00e9 o xeito de facer como o xa &nbsp;feito. Entendendo que non se debe intervir, cando un profesional dos que profesan o que fan, como \u00e9 Antonio Gonz\u00e1lez Mill\u00e1n, director do Museo estando de baixa por enfermidade, non se consulte, se ignore o plan museogr\u00e1fico, pra, aproveit\u00e1ndose da s\u00faa eventual ausencia, dende os poderes p\u00fablicos municipais, se desmonte o montado con criterio e se&nbsp; instale algo que non encaixa cos fins, nin co criterio profesional, o que ben puidera ter sitio m\u00e1is axeitado noutros espazos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>Museo de Valle- Incl\u00e1n<\/em> da Proba do Carami\u00f1al no que, deica aqu\u00ed, se ven gastando saber e sensibilidade coa ansia de devolver a don Ram\u00f3n del Valle-Incl\u00e1n &#8211; ise xenio que coloca a Galicia, \u00e1 Barbanza e a s\u00faa r\u00eda no mapamundi, &#8211; &nbsp;o seu \u201c<em>locus amoenus\u201d<\/em> , &nbsp;\u00e1 cerna da s\u00faa inspiraci\u00f3n, o lugar de ida e volta. &nbsp;Torre-museo &nbsp;que non soamente son referente, sen\u00f3n que ao albeiro da luz desta torre-faro naceron e compiten moitas outras iniciativas. Aqu\u00ed maduran aquelas vellas ilusi\u00f3ns, as que lle temos escoitado a leais \u201c<em>barbanz\u00f3nicos\u201d<\/em> , entre eles a Carlos Garc\u00eda Bay\u00f3n. Nesa tarefa de constru\u00edr, Antonio Gonz\u00e1lez vix\u00eda e procura canto pode enriquecer este centro, atrae e implica \u00e1 familia Valle-Incl\u00e1n, adquire, faise &nbsp;con legados pra incorporalos &nbsp;a un proxecto museogr\u00e1fico coherente e niso sigue, pese \u00e1s pedras do cami\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero vela\u00ed, topamos coa aculturaci\u00f3n campante, mesmo coa ignorancia, causas que te\u00f1en os seus efectos. Pois a cultura ou a incultura l\u00e9vase posta e esta den\u00f3tase na falla de sensibilidade, na chapuza, nos intervencionismos, nas \u201c<em>tonechadas<\/em>\u201d oficiais, interferencias fronte \u00e1 profesionalidade&#8230;e vela\u00ed iso que chamamos fe\u00edsmo e que tanto abrangue a estruturas, como a comportamentos e tantas veces \u00e1s mesmas administraci\u00f3ns. As\u00ed que polo que enxergamos &nbsp;a\u00ednda algu\u00e9n non se entende a misi\u00f3n dun Museo dedicado a Valle- Incl\u00e1n e vela\u00ed &nbsp;o elefante que entra na cacharreir\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non \u00e9 novo o problema nesta Galicia nosa, onde dende os poderes p\u00fablicos , edulcorados na adulaci\u00f3n, son capaces de exerce certa tiran\u00eda, tinxida de \u201cdemocr\u00e1tica\u201d, &nbsp;e prolongan a s\u00faa parva ilustraci\u00f3n ao territorio p\u00fablico, mesmo aproveitando os momentos baixos dos profesionais, Tan sequera sen saber o seu papel entender que o m\u00e1is listo \u00e9 o que te\u00f1en o tel\u00e9fono de todos os listos. E Antonio Gonz\u00e1lez \u00e9 a peza axeitada nese taboleiro de xadrez.. A il p\u00f3dese aplicar o dito &nbsp;de \u201c<em>que buen&nbsp;vasallo&nbsp;si oviesse&nbsp;buen se\u00f1or<\/em><strong>\u201d<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sabemos que o que est\u00e1 de ser ser\u00e1, que ao fin e ao cabo a profesionalidade vence e que \u201c <em>el que m\u00e1s vale, no vale tanto como vale Valle<\/em>\u201d, un teimudo profesional das letras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Felipe-Sen\u00e9n L\u00f3pez<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>(Muse\u00f3logo)<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/imagenmuseo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2094\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/imagenmuseo.jpg 640w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/imagenmuseo-300x225.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/imagenmuseo-120x90.jpg 120w\" sizes=\"auto, (max-width: 640px) 100vw, 640px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando se fala \u00e1 lixeira de crear museos, de musealizar e de plans expositivos, non sobra seguir a explicar o que \u00e9 un museo e a museolox\u00eda como ciencia da xesti\u00f3n destes centros. Museos dque se prentende de actores m\u00e1is que de espectadores, en funci\u00f3n da \u00e9tica e da est\u00e9tica, tam\u00e9n das novas tecnolox\u00edas: centros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-2093","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-comunicados"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2093","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2093"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2093\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2095,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2093\/revisions\/2095"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2093"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2093"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2093"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}