{"id":1991,"date":"2022-03-25T11:44:09","date_gmt":"2022-03-25T11:44:09","guid":{"rendered":"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=1991"},"modified":"2022-03-25T11:44:10","modified_gmt":"2022-03-25T11:44:10","slug":"xoves-31-de-marzo-de-cee-a-compostela-a-figura-de-domingo-antonio-de-andrade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2022\/03\/25\/xoves-31-de-marzo-de-cee-a-compostela-a-figura-de-domingo-antonio-de-andrade\/","title":{"rendered":"XOVES 31 DE MARZO: DE CEE A COMPOSTELA. A FIGURA DE DOMINGO ANTONIO DE ANDRADE"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <strong>xoves 31 de marzo<\/strong> \u00e1s <strong>20 horas<\/strong> ter\u00e1 lugar en<strong><em> Portas \u00c1rtabras<\/em><\/strong> a presentaci\u00f3n da nova publicaci\u00f3n de <strong>Amigos dos Museos de Galicia<\/strong>: <strong>DE CEE A COMPOSTELA: Un achegamento \u00e1 figura de Domingo Antonio de Andrade, <\/strong>de <strong>Victor Manuel Casti\u00f1eira Castro, <\/strong>historiador e T\u00e9cnico de Cultura do Concello de Cee.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cada asistente recibir\u00e1 un exemplar do libro de balde. Entrada libre ata completar aforamento.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"731\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/2_20220325_122112_0001-731x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1992\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/2_20220325_122112_0001-731x1024.jpg 731w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/2_20220325_122112_0001-214x300.jpg 214w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/2_20220325_122112_0001-768x1076.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/2_20220325_122112_0001-1097x1536.jpg 1097w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/2_20220325_122112_0001.jpg 1428w\" sizes=\"auto, (max-width: 731px) 100vw, 731px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&#8220;<em>Afortunadamente, cada vez son m\u00e1is numerosos os traballos de investigaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n sobre a importancia e transcendencia da obra dun dos grandes xenios do Barroco que deu Galicia: Domingo Antonio de Andrade. Ainda dando unha visi\u00f3n de conxunto da s\u00faa monumental obra, non pretende este libro facer una an\u00e1lise formal da mesma, por ser algo xa ben co\u00f1ecido.<br>O noso proposito, moito m\u00e1is modesto, \u00e9 o de amosar como o artista, natural de Cee, non perdeu nunca o vinculo coa s\u00faa vila de nacemento, a\u00ednda que sexa loxicamente Compostela o lugar no que deixou a maior parte da s\u00faa impronta. Intentamos achegarnos \u00e1 realidade que lle tocou vivir de neno e nos seus anos mozos nunha pequena vila alonxada pero moi vencellada \u00e1 capital. Unha vez instalado na mesma, Andrade non deixar\u00eda de manter a relaci\u00f3n cos seus antigos veci\u00f1os facendo diferentes encargos para a igrexa de Santa Mar\u00eda da Xunqueira. Por desgraza, a queima do templo parroquial ceense debido a invasi\u00f3n das tropas francesas en abril de 1809 fixo que se perderan para sempre os dous retablos e a l\u00e1mpada de prata que o gran mestre fixera para a igrexa na que foi bautizado no ano 1639.<\/em>&#8220;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>VICTOR MANUEL CASTI\u00d1EIRA CASTRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Licenciado en Xeograf\u00eda e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), obt\u00e9n o grao pola tese &#8220;Din\u00e1mica sociodemogr\u00e1fica del finisterre gallego, 1600-1860&#8221; (1996).<br>A s\u00faa labor investigadora, que incl\u00fae libros e numerosos artigos tanto en revistas especializadas como na prensa escrita, c\u00e9ntrase na comarca de Fisterra (s\u00e9culos XVI-XIX), e moi especialmente en todo o relacionado co seu concello natal, a\u00ednda que tam\u00e9n ten feito traballos de demograf\u00eda hist\u00f3rica e emigraci\u00f3n para o s\u00e9culo XX, as\u00ed como unha primeira aproximaci\u00f3n \u00e1 historia da Costa da Morte.<br>Na s\u00faa faceta como divulgador da historia de Cee hai que salientar as s\u00faas conferencias nos centros de ensino, a colaboraci\u00f3n con asociaci\u00f3ns culturais e os seus artigos que abarcan diferentes temas como a poboaci\u00f3n, a emigraci\u00f3n, a invasi\u00f3n francesa, a prolongaci\u00f3n do cami\u00f1o xacobeo e os antigos hospitais de peregrinos, a pesca, o patrimonio hist\u00f3rico-art\u00edstico, e tam\u00e9n a figuras senlleiras ceenses como Fernando Blanco de Lema ou Domingo Antonio de Andrade. No caso deste \u00faltimo, foi o responsable da organizaci\u00f3n das actividades que tiveron lugar en Cee para a divulgaci\u00f3n da s\u00faa obra, tanto no ano 2012 (Tricentenario do seu pasamento) como no 2020 con motivo do D\u00eda das Artes Galegas a iniciativa da Real Academia Galega de Belas Artes.<br>Actualmente, e co gallo do Ano Santo Xubilar 2022\/23 e coronaci\u00f3n can\u00f3nica pontificia da patroa de Cee, a Virxe da Xunqueira, est\u00e1 a investigar e profundizar na historia da s\u00faa parroquia co obxectivo de publicar un libro que recolla os fitos m\u00e1is importantes da mesma e da vila de Cee nos \u00faltimos cinco s\u00e9culos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O xoves 31 de marzo \u00e1s 20 horas ter\u00e1 lugar en Portas \u00c1rtabras a presentaci\u00f3n da nova publicaci\u00f3n de Amigos dos Museos de Galicia: DE CEE A COMPOSTELA: Un achegamento \u00e1 figura de Domingo Antonio de Andrade, de Victor Manuel Casti\u00f1eira Castro, historiador e T\u00e9cnico de Cultura do Concello de Cee. Cada asistente recibir\u00e1 un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[17,19],"tags":[],"class_list":["post-1991","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-conferencias","category-outras-actividades"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1991","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1991"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1991\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1993,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1991\/revisions\/1993"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1991"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1991"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1991"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}