{"id":1680,"date":"2021-03-29T15:54:42","date_gmt":"2021-03-29T15:54:42","guid":{"rendered":"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/?p=1680"},"modified":"2021-03-29T15:54:42","modified_gmt":"2021-03-29T15:54:42","slug":"1-de-abril-dia-das-artes-galegas-pra-sensibilizar-sobre-o-patrimonio-cultural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/2021\/03\/29\/1-de-abril-dia-das-artes-galegas-pra-sensibilizar-sobre-o-patrimonio-cultural\/","title":{"rendered":"1 DE ABRIL \u201cD\u00cdA DAS ARTES GALEGAS\u201d, PRA SENSIBILIZAR SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Por Felipe-Sen\u00e9n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nas <em>calendas <\/em>de Abril, isto \u00e9 o&nbsp; primeiro d\u00eda deste mes do ano 1188 e abrindo a primaveras g\u00f3ticas galgas, entre estadas e gr\u00faas de madeira o Mestre Mateo dirixe na fachada occidental da catedral compostel\u00e1 &nbsp;a colocaci\u00f3n dos simb\u00f3licos linteis do P\u00f3rtico da Gloria. Portas que no Extremo Occidente abren \u00e1 tumba dun Ap\u00f3stolo \u00edntimo de Cristo, onde converxen os vieiros que van configurando a Europa dos pobos.&nbsp; Data e feitos que Mateo constata en ep\u00edgrafe baixo as colosais e monol\u00edticas limeiras.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso mesmo cada un de abril debe ser o d\u00eda dos creador@s, d@s artes\u00e1ns, d@s te\u00f3ric@s de todos os tempos e que traballaron e traballan en Galiza para humanizala a trav\u00e9s do seu saber.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Placa-para-a-tumba-de-Andrade-na-Capela-da-Concepcion-da-Catedral-Compostela-2021-1024x576.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1681\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Placa-para-a-tumba-de-Andrade-na-Capela-da-Concepcion-da-Catedral-Compostela-2021-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Placa-para-a-tumba-de-Andrade-na-Capela-da-Concepcion-da-Catedral-Compostela-2021-300x169.jpg 300w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Placa-para-a-tumba-de-Andrade-na-Capela-da-Concepcion-da-Catedral-Compostela-2021-768x432.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Placa-para-a-tumba-de-Andrade-na-Capela-da-Concepcion-da-Catedral-Compostela-2021-1536x864.jpg 1536w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Placa-para-a-tumba-de-Andrade-na-Capela-da-Concepcion-da-Catedral-Compostela-2021.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O p\u00f3rtico significa, lindeiro, apertura a mundos, pasaxe, iniciaci\u00f3n entre o interior e o exterior, entre as tebras e a luz, &nbsp;ascese pois. P\u00f3rtico que na fachada do solpor da catedral compostel\u00e1n exp\u00f3n e representa os saberes que aproximan ao ser humano \u00e1 divindade, ao humanismo a trav\u00e9s da Arte: Arquitectura, Escultura, Pintura, M\u00fasica, Mitos, Po\u00e9ticas&#8230;. entre un sen fin de s\u00edmbolos no que un, arrastrado pola tradici\u00f3n, non ten m\u00e1is que cumprir os ritos de pasaxe: pousar os sentidos, enxergar, tocar, golpear ao Santo dos cabelos encrocados, &nbsp;fundirse coa esencia da pedra nunha aperta \u00e1 imaxe do Ap\u00f3stolo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A <em>Academia Galega de Belas Artes<\/em>, nacida no 1849, coa ansia de estimular a creaci\u00f3n, a salvagarda do patrimonio cultural, \u00f3rgano consultivo de administraci\u00f3n, creadora da Escola de Belas Artes, a dos primeiros pasos de Picasso, de museos, de asociaci\u00f3ns, promotora de estudos e de actividades de divulgaci\u00f3n, determinou no 2015 institu\u00edr un d\u00eda dedicado a sensibilizar a Arte en Galiza. Entre varias propostas o colectivo acad\u00e9mico entendeu, polo devandito, que esa data debe ser o d\u00eda 1 de Abril, \u201c<em>D\u00eda das Artes Galegas\u201d<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A primeira dedicaci\u00f3n non pod\u00eda ser a outro mais que ao Mestre Mateo, logo, no 2016 ser\u00eda a Castelao, no 2017 a&nbsp; Maruja Mallo, no 2018 a Alejandro de la Sota, no 2019 a Luis Seoane e no &nbsp;2020 e 2021, anos de esperanzas truncadas pola pandemia, ao arquitecto ceense Domingo de Andrade( 1639-1712). Dous anos envoltos na difusi\u00f3n da espiral do Barroco e nun dos seus mellores te\u00f3ricos e&nbsp; art\u00edfices. Ben o merece este mestre e per\u00edodo de grandes arquitectos e escultores, retablistas&nbsp; con significadas intervenci\u00f3ns en templos, mosteiros, pazos, na paisaxe, no urbanismo&nbsp; dese referente que \u00e9 Compostela e nas vellas cidades. Aspectos que ademais se comparten coa veci\u00f1a e irm\u00e1n Portugal, e que&nbsp; mesmo se levan e se traen co ouro dos pa\u00edses de ultramar a trav\u00e9s da misi\u00f3n e &nbsp;do comercio. Intres de contrastes, de teor\u00edas da arte na sempiterna pedra, de t\u00e9cnicas construtivas, de mestr\u00eda, os que se enfrontan a ditados academicistas de tendencia cl\u00e1sica. A contestaci\u00f3n galega&nbsp; e compostel\u00e1n ofrecer\u00e1 un desaf\u00edo malabar para non perecer baixo imperativas normativas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Barroco \u00e9 un proceso art\u00edstico transcendental na identidade da cultura de occidente e m\u00e1is da s\u00faa parte extremeira, Galiza-Portugal. Aqu\u00ed \u00e9 est\u00e1n moi arraigados, proliferan e esp\u00e1llanse os cultos e as devoci\u00f3ns arredor das que nacen romar\u00edas e polo tanto templos, grandes obras e negocios. Edificaci\u00f3ns que gaban a forza do poder relixioso e pol\u00edtico, <em>Arte da Contrarreforma<\/em> en contestaci\u00f3n \u00e1 protesta luterana que reclama rexenerar unha Igrexa corrupta, enriquecida pola explotaci\u00f3n e o engano, &nbsp;polas bulas, os foros,&nbsp; as esmolas a inventos de santos e milagres, evitando o libro, considerado perigoso polo establecemento dunha vixiante Inquisici\u00f3n. E a contestaci\u00f3n contrarreformista&nbsp; farase dun xeito grandilocuente, contrario, escenogr\u00e1fico, abraiante, engaiolante, apoucando a\u00ednda m\u00e1is ante o poder ao homilde devoto e espectador. Faranse m\u00e1is atractivos os escenarios, as entradas con grandes escalinatas, p\u00f3rticos, esculturas, no interior filigrana de &nbsp;retablos vestidos de ouros&#8230; Ventos da Contrarreforma que petan na Compostela das Peregrinaci\u00f3ns, dos mosteiros, das clausuras e dos c\u00f3engos, a dos mitos e dos ritos O Rom\u00e1nico rev\u00edstese de Barroco.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A posta en valor dos talleres-escolas, da tradici\u00f3n e profesionalizaci\u00f3n nas artesan\u00edas<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Arte do Barroco que non \u00e9 un estilo \u00e9 un movemento sociocultural, pol\u00edtico e fortemente econ\u00f3mico, marcado polo absolutismo pol\u00edtico-relixioso. Pola contra incentiva as artes buscando\u00a0 provocar emoci\u00f3ns a trav\u00e9s do c\u00e1lculo, da harmon\u00eda, do equilibrio, do dinamismo, \u00a0da habilidade na filigrana, un desafiando ao tempo, a tensi\u00f3ns fronte \u00e1 serenidade&#8230; O fin dos promotores era elevar ao que eles dic\u00edan a Providencia, o Gran Xe\u00f3metra, Arquitecto do Universo&#8230; \u00a0Intento, xogo pois pitag\u00f3rico, entre matem\u00e1ticas, xeometr\u00edas, sensaci\u00f3ns, fantas\u00edas, emoci\u00f3ns e sentimentos en busca do Esp\u00edrito.\u00a0 Despois do Renacemento un \u00a0importante paso adiante na dial\u00e9ctica das artes polo que supo\u00f1en de desaf\u00edo de habilidades t\u00e9cnicas e da capacidade dun ser humano que abandeiraba imperios para desembocar \u00a0agora \u00a0en valorar o local , a obxectividade entre naturalismo e metaf\u00edsicas. Floreos culturais que provocan \u00e1 raz\u00f3n para abrir \u00a0ao positivismo e ao empirismo,\u00a0 ao senso evolucionista, tam\u00e9n da Historia. En definitiva, nesa dial\u00e9ctica \u00e1brense as portas \u00e1 Ilustraci\u00f3n na que madura a teosof\u00eda, nace a masoner\u00eda e as\u00e9ntase a ciencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Barroco, cos seus pros e contras vaise revalorizando dende as perspectivas do tempo: arte moi en paralelo coa paisaxe e a sensibilidade po\u00e9tica galega, que move ao mellor do artesanado, comezando pola tradici\u00f3n dos canteiros. Gremios de xornaleiros galegos que se sumaban a cuadrillas de trasmer\u00e1ns, viscainos, portugueses pra recorrer o mundo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao respecto\u00a0 desa interacci\u00f3n Barroco con canto significa de artesanado, pedra, canteiros&#8230; e aprendendo a lecci\u00f3n debe terse en conta a actividade desenvolta na derradeira d\u00e9cada no plan de restauraci\u00f3n da catedral de Santiago, das s\u00faas fachadas, torres, cubertas&#8230; Traballo que supuxo novos estudos, volvendo a ser f\u00e1brica que pon en valor o necesario papel da \u00a0Escola Taller de Canter\u00eda de Poio. Centro de formaci\u00f3n de artes\u00e1ns, artistas solicitados de todo o mundo para traballos especializados. \u00a0Vela\u00ed pois un modelo, un cami\u00f1o de normalizaci\u00f3nn as escolas, de Artes e oficios, onde aprender e por en pr\u00e1ctica ademais a arte da carpinter\u00eda, do ferro, dos vitrais, da cer\u00e1mica, a ouriver\u00eda, das teas a todas a artes &#8230; coa \u00a0funci\u00f3n non so de crear ou \u00a0rehabilitar sen\u00f3n de revitalizar moitos saberes que van de edificios a pequenos obxectos de tradici\u00f3n e cultura que nos identifican no mundo e que hoxe esmorecen no desleixo e na incerteza. Espazos de formaci\u00f3n pra seguir creando , innovando e conservando o Patrimonio Cultural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pois velaqu\u00ed un d\u00eda pra un repaso e reco\u00f1ecemento de canto se foi aportando dende esas fisterras \u00e1 Arte universal, con esa particularidade da pedra, dende o Megal\u00edtico, \u00e1 cultura Castrexa, a Romanizaci\u00f3n, o Rom\u00e1nico e G\u00f3tico, o Renacemento, o Barroco, o Neocl\u00e1sico, o Modernismo&#8230;na roda dunha eterna dial\u00e9ctica. Un d\u00eda tam\u00e9n pra revisar as Leis e os estamentos que defenden e fomentan canto significa o Patrimonio Cultural, non ben sabidos nesa roda da madurez cultural dun pobo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">D\u00eda que, ademais dos grandes mestres arquitectos, dos canteiros e artes\u00e1ns quere ser\u00a0 un homenaxe a todos os estudosos do Barroco apelidado Galego, como\u00a0 Couselo Bouzas, Mart\u00edn Gonz\u00e1lez, Chamoso Lamas, Socorro Otega, Hipolito de Saa, Vila Jato, Garc\u00eda Iglesias, Ta\u00edn Guzman e tantos outros. Un d\u00eda pra vitaminarse en cultura galega como aporte universal.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"576\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Restauracion-cubertas-Catedral-de-Santiago-2020-2-576x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1684\" srcset=\"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Restauracion-cubertas-Catedral-de-Santiago-2020-2-576x1024.jpg 576w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Restauracion-cubertas-Catedral-de-Santiago-2020-2-169x300.jpg 169w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Restauracion-cubertas-Catedral-de-Santiago-2020-2-768x1365.jpg 768w, https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Restauracion-cubertas-Catedral-de-Santiago-2020-2.jpg 828w\" sizes=\"auto, (max-width: 576px) 100vw, 576px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por Felipe-Sen\u00e9n Nas calendas de Abril, isto \u00e9 o&nbsp; primeiro d\u00eda deste mes do ano 1188 e abrindo a primaveras g\u00f3ticas galgas, entre estadas e gr\u00faas de madeira o Mestre Mateo dirixe na fachada occidental da catedral compostel\u00e1 &nbsp;a colocaci\u00f3n dos simb\u00f3licos linteis do P\u00f3rtico da Gloria. Portas que no Extremo Occidente abren \u00e1 tumba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22],"tags":[28,30,29],"class_list":["post-1680","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos","tag-dia-das-artes-galegas-2021","tag-domingo-de-andrade","tag-patrimonio-cultural"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1680","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1680"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1680\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1685,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1680\/revisions\/1685"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1680"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1680"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosmuseosgalicia.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1680"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}