SÁBADO 22 DE MARZO: VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA


O sábado 22 de marzo, pola tarde ás 16:30 horas faremos unha visita especializada ao castro de Elviña guiada polo arqueólogo – museólogo Felipe – Senén.

Paseo no que nos adentraremos na historia das pescudas arqueolóxicas, como na tradición, nos problemas de pasado e presente de tan singular xacemento arqueolóxico. Análise do asentamento, entendendo as condicións xeoestratéxicas do que poido ser Brigantia, as súas orixes na Idade do Ferro, así como o longo proceso de romanización e relación co porto, as construcións, os templos, os artefactos atopados, as cerámicas, o fabuloso tesouro… as elites, o abandono, o contexto e o interese etnográfico e histórico desta área periurbana da cidade na que ademais no 1809 aconteceu a batalla de Elviña entre as tropas inglesas de John Moore e as francesas de Soult.

Actividade gratuita con aforo limitado destinada @s asociad@s, polo que previamente, quen desexe asistir, deberá pre-inscribirse en Portas Ártabras (Sinagoga 22 – A Coruña), nos horarios de tarde, de luns a venres (19 – 21 horas), ou ben chamando neste mesmo horario ao 981 21 01 01.

@s asistentes deberán achegarse ao castro polos seus medios, recomendando a utilización do bus universitario (UDC) que ten parada no mesmo acceso ao castro (Intercampus O Castro) xa que o castro apenas dispón de prazas de aparcamento.