O domingo 23 de marzo, saíndo ás 9:00 das paradas habituais realizaremos esta singular xeira que nos levará área luguesa da Terra Chá. Itinerario con múltiples recursos arqueolóxicos, históricos, artisticos, etnográficos ou literarios e que especialmente se fará seguindo os espazos amados polo escritor, poeta e amigo Manuel María (1929-2004): a casa familiar en Outeiro de Rey, a igrexa e cimeterio parroquial, o campo de romaría de Santa Isabel na encrucillada do Miño e do Ladra, as Penas de Rodas, Cospeito, as lagoas, a mítica lenda da cidade asolagada… a Virxe do Monte, a Casa Museo do escultor Victor Corral en Baamonde… entre moitos outros puntos nos que tamén falaremos e coñeceremos os sitios da vida e da obra doutro gran poeta chairego, Díaz Castro.
E como é tradición nestas xeiras de fondo valor culltural, non faltará o xantar enxebre en lugar representativo.
Non o dubides, anótate xa en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 de luns a venres de 19 a 21 horas. Coas ansias de facer as cousas como queremos e se merecen, estas requiren reserva con antelación suficiente. Grazas.
