Está aberta a inscripción para esta xeira, que realizaremos o domingo de Entroido, 2 de marzo. Xeira da aventura na que os asistentes levarán sorpresa tras sorpresa durante toda a xornada, sin saber que lugares e entroido visitarán, que xantar enxebre tomarán, que monumentos complementarán a viaxe… Algo que si terá relación con alguna destas festas primaveráis das máis representativas e impactantes, atrevéndonos a dicir mesmo do mundo: o tradicional entroido galego, expresión da gran riqueza etnográfica de Galicia. Sabendo canto significan estas celebracións, ritos de pasaxe neste confín, polas súas singularidades e rivalidades entre parroquias, con máscaras, disfraces e ritos que aunan tradicións antigas, medieváis, creatividade e retranca… Nesta ocasión, sairase puntualmente ás 8:00 e retornarase arredor de doce horas despois.
Non o dubides, anótate xa en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 de luns a venres de 19 a 21 horas. Coas ansias de facer as cousas como queremos e se merecen, estas requiren reserva con antelación suficiente. Grazas… e moi de corazón.
