DOMINGO 23 DE FEBREIRO: PRIMEIRA XEIRA DO ANO AO RIBEIRO DAS MIMOSAS CO CASTRO DE SAN CIBRÁN DAS LAS E CAMEIXA


A espera de publicar as actividades do ano 2025, xa vos podedes inscribir nesta xeira que nos levará por Terras do Carballiño, e Boborás, o Ribeiro das Mimosas, con visita especial ao Castro de San Cibrán das Las, o seu museo, as escavacións arqueolóxicas, para seguir por Astureses, Xurenzás e Castro de Cameixa… entre outros puntos célebres polos seus igrexarios, etnografía, etc… E coma sempre non faltará o xantar enxebre.

Dadas as circunstancias actuais é de gran axuda e realizar a reserva con antelación suficiente, a fin de programar e facer as cousas como desexamos e merecen quen pon as ilusións nestas nosas actividades, de sentir fondamente cultural. Así que, para anotarse debe ser en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.