Etiqueta: Portas Ártabras


O xoves 2 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), os árqueólogos e especialistas en Historia Antiga, Juan L. Naveiro López e Diego Piay Augusto, presentarán os resultados do libro publicado recentemente, que leva por título: "La huella romana en Catoira. De la arqueología a la Historia" (Andavira, 2023). A obra reconstrúe un período menos coñecido da historia de Catoira, anterior á construción das Torres de Oeste, para o cal se dispón unicamente de fontes arqueolóx [...]

O xoves 10 de xuño, ás 8  horas do serán no noso espazo de cultura, “Portas Ártabras” presentarase o documental O CAMIÑO DOS ARRIEIROS, UN CAMIÑO ENTRE MAMOAS, dirixido por Cultureume e no que se recollen testemuñas, aspectos arqueolóxicos e etnográficos desta antiga senda, a que, dende as Pontes de García Rodriguez leva a Estaca de Bares, pasando ademais polos concellos de Ortigueira e Grañas do Sor. Camiño que atravesa a serra da Faladoira, entre mámoas que ademais serven de fito orientativo, [...]

O xoves 13 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do álbum ilustrado "Nación Mar" de Xosé IglesiasNo acto falarán Xurxo Souto e o representante da editorial Bululú Xosé Duncan, ademais do propio autor do libro. Aforo limitado, e preciso reservar no teléfono: 630930298 Xosé Iglesias Lamela, Cée, Costa da Morte 1974 é un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó , e toda unha vida tendo o océ [...]

O xoves 15 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de Xurxo Souto: "O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS". Aforo limitado, cumprindo escrupulosamente as normativas oficiais . É preciso reservar no teléfono 630930298. Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se ll [...]

Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados...en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na o [...]