Obxetivo da memoria


Obxetivo da memoria

GAÑADOR@S DO PREMIO DE FOTOGRAFÍA ´OBXECTIVO DA MEMORIA 2009´ O 18 de maio, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS, deúse a coñecer ós gañadores do certame fotográfico OBXECTIVO DA MEMORIA 2009. Entre máis de cen fotografías presentadas, de gran cualidade e con temas referidos ó patrimonio cultural galego, un xurado multidisciplinar, acordou dar os seguintes premios: 1.-José Meis Meaño:Rapa das bestas de Armenteira.800 euros 2.-Pedro Rolando González:Cemiterio de Goiriz.500 euros 3.-Almudena de la Cal:Ritos da auga, panos.300 euros O xurado estivo composto polos seguintes membros * Manolo Lemos, fotógrafo * Pedro Pastor, fotográfo * José Luis García Suárez, oculista fotógrafo * Ernesto Pérez Ramil,museólogo * Felipe Senén López, Historiador da Arte * José luis Lamas, bancario * Ignacio Novoa Cisneros,militar * Noemi Aedo, profesora * Pablo Valencia Ces, notario * Francisco Peña Dono, bancario * Arturo Cornella (Secretario) Durante todo o mes de xuño, en ´Portas Ártabras´ mostrarase unha selección das mellores fotografías presentadas, así como as premiadas. Nun acto que se sinalará axiña farase entrega dos galardóns. A mais os premiados serán convidados por Amigos dos Museos a unha exposición da súa obra en ´Portas Ártabras´, así como a unha sesión de proxección comentada sobrea mesma.

 


 

CONCURSO FOTOGRÁFICO “OBXECTIVO DA MEMORIA” BASES DA CONVOCATORIA ANUAL ÓTodos os anos polo inverno, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, tendo entre os seus fíns a divulgación e conservación do Patrimonio Artístico de Galicia, convoca o Concurso Fotográfico “OBXECTIVO DA MEMORIA”, dedicado a temas sobre a inmensidade do Patrimonio Cultural Galego: Arqueología, Arte, Etnografía,.. Pondo preferentemente de relevo tanto a evolución como o estado da cuestión, o que se fai ou desfai, destacando aspectos relativos á reconstrucción e conservación axeitada, como ó expolio ou a destrucción á que se ven sometidos boa parte dos bens moveis e inmoveis, así como moitos costumes e festas tradicionais que forman parte da chamada memoria colectiva. Con iste aporte fotográfico, colectivo e Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, incrementa para o futuro e para o estudo o seu arquivo fotográfico sobre o tema patrimonial dende diferentes obxectivosBASES CONCURSO FOTOGRÁFICO “OBXECTIVO DA MEMORIA 2009 ” Sobre temas do PATRIMONIO CULTURAL GALEGO Ó igual que cada ano, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, tendo entre os seus fíns a divulgación e a conservación do Patrimonio Cultural de Galicia, convoca o Concurso Fotográfico ´OBXECTIVO DA MEMORIA”, dedicado a temas sobre a inmensidade do Patrimonio Cultural Galego: Arqueoloxía, Arte, Etnografía… poñendo preferentemente de relevo tanto a evolución como o estado da cuestión, o que se fai ou desfai, sobranceando aspectos relativos á reconstrución e conservación axeitada, como ó espolio ou a destrución á que se ven sometidos os bens mobles e inmobles, así como moitos costumes e festas tradicionais que forman parte da memoria colectiva. Con este aporte fotográfico colectivo a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia incrementa para o futuro e para o estudo o seu arquivo fotográfico sobre o tema patrimonial dende diferentes obxectivos. BASES O Premio ten carácter aberto, é dicir, non é necesario pertencer ó colectivo dos “AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA”, aínda que só poden participar fotógrafos afeizoados, con fotografías orixinais da súa autoría. A obra pode ser en branco e negro ou a cor, con tema relativo ao Patrimonio Cultural Galego,material e inmaterial: arqueoloxía, arte, etnografía… o seu pasado ou estado da cuestión, méritos e deméritos. O formato das fotografías sobre papel será de 20 x 25 ou 20 x 28, sen ningún tipo de enmarques. Sen limitación do número de orixinais por concursante. As fotografías levarán no seu dorso a seguinte identificación: – Título da fotografía. – Tema representado. – Lugar, concello e provincia no que se fixo a foto. – Data da toma. – Número de orde (se un autor presenta máis dunha fotografía). – Seudónimo do autor. En sobre aparte pechado, figurará unha relación de tódalas fotografías presentadas, número e título, así como a identificación do autor (nome, enderezo, teléfono ou e-mail) xunto co texto “Como afeizoado á fotografía autorizo á Asociación dos Amigos dos Museos de Galicia a publicar estas fotografías da miña autoría”, asinado polo fotógrafo. Os orixinais remitiranse por correo certificado ou entregaranse persoalmente na sede da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia ´Portas Ártabras´ Rúa Sinagoga, 22 baixo, 15001 A Coruña, ou no Apartado de Correos 2.245, 15080 A Coruña. O prazo de admisión das fotografías será do día 1 de febreiro ó 10 de abril de 2009. O xurado constituído por persoeiros da cultura e profesionais da fotografía, fará unha selección das 100 mellores fotos, que posteriormente amosaranse ó público nunca exposición a celebrar no local social “Portas Ártabras”, na Rúa Sinagoga, 22 baixo de A Coruña. O xurado outorgará os seguintes premios: PRIMEIRO PREMIO, dotado con 800 € e Diploma. SEGUNDO PREMIO, dotado con 500 €. TERCEIRO PREMIO, dotado con 300 €. Darase noticia dos premiados nos diferentes medios de comunicación. Así como na páxina web www.amigosmuseosgalicia.org. Todas as fotografías presentadas pasarán ó poder da Asociación, reservándose o dereito a publicalas, garantindo sempre a difusión da súa autoría. O feito de presentarse a este concurso significa a aceptación polo autor das devanditas bases.