próximas xeiras

DOMINGO 17 de DECEMBRO , UNHA XEIRA SORPRENDENTE PARA PECHAR 2017:OS MISTERIOS DE LOUSAME E NOIA

Apuntate a esta viaxe coa que pechamos o ciclo 2017 da serie "Coñecer Galicia", para  coller forzas retornar no 2018 con novas iniciativas viaxeiras nos primeiros domingo de febreiro, alá polo tempo da Candeloria. A viaxe do domingo 17 de decembro levará aos asistentes polo complexo de volframio de Lousame, as históricas e míticas minas de San Finx, nas abas da serra da Barbanza. Conxunto de arqueoloxía industrial musealizado recentemente. Empregaremos o día coñecendo a riqueza  arqueolóxia e etnográfica desta bisbarra, caracterizada polos seus cruceiros e que necesariamente nos pon no conxunto monumental de Noia, cos seus templo cimeterios, riqueza histórica e literaria. Pasaremos por  Boa e quizais poñamos unha flor e un poema sobre a campa do poeta Aviles de Taramancos...Sempre nos espera o Castro de Baroña.



Sendo esta a derradeira xeira do ano 2017, para celebrar éxitos e chamar á saude, non faltara o mellor xantar enxebre. ¡¡¡Ven con nós, entra na Historia de Galicia!!!.




Fecha: 10/11/2017


artigos
conferencias
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia