outras actividades

ROTEIROS DE OUTONO RECOMENDADOS: O MODERNISMO E AS PAISAXES DE LLORENS NAS MARIÑAS CORUÑESAS

Ampliar imagen
Ampliar imagen

O Consorcio das Mariñas ofrece un novo recurso cultural e turístico, neste caso arredor do Modernismo, da súa singular arquitectura urbana, así como  de mansións  rurais indianas, da burguesía... confluir de arquitectos, de artesáns, de constructores e promotores. Anos nos que tamén se encadran as buscas pictóricas que dende o impresionismo abren a outros camiños :a presencia nesta bisbarra do pintor coruñés Francisco LLorens, atraído por paisaxes que ofrecen o reto de reinterpretar no lenzo e "ao natural" sobre o cabalete,  a poesía de cada intre, o devalar da luz, das nubes, das estacións...: Betanzos, Sada, Oleiros, Bergondo, Abegondo, Carral, Cambre forman parte destes dous recorridos, o Modernismo/ as paisaxes de LLoréns, centrado arredor dos anos vinte do século pasado, cando se abrían tantos camiños nas pescudas artísticas.



O obxectivo destas rutas guiadas é poñer en valor e divulgar a obra de Francisco Llorens e a súa identificación como “o pintor das Mariñas”, así como difundir o patrimonio natural, etnográfico e arquitectónico deste xeodestino. Percorrerán aqueles lugares que o pintor plasmou nas súas obras, que dalgún xeito o inspiraron ou formaron parte da súa traxectoria vital.



Itinerarios promocionais, a prezo simbólico,  que  incluen o xantar e tertulia sobre o tema en lugares representativos. Fará de profesor e guía acompañante o historiador da Arte Felipe-Senén. Abaixo incluimos as datas. Para maior información en VIAXES PACO, Rúa Juan Florez 32, baixo, tfn.-981126021


 


RUTA 1.- PERCORRIDO TURÍSTICO POR BETANZOS



Percorrido guiado a pé por Betanzos, onde o pintor residiu practicamente durante un ano.Partindo da Praza dos Irmáns García Naveira, farase un traxecto guiado centrado naqueles puntos que lle serviron de inspiración a Llorens para algunhas das súas obras. A visita rematará cunha cea-degustación de produtos locais.



LUGAR: Betanzos



PUNTO DE ENCONTRO: Praza dos Irmáns García Naveira, Betanzos (fonte de Diana Cazadora)



HORA: 19.00-20.30 h



DATAS: 22 e 29 de setembro e 20 de outubro



PREZO: 15 € / persoa



 


RUTA 2.- PERCORRIDO TURÍSTICO EN AUTOCAR POLAS MARIÑAS



Este percorrido circular en autocar levaranos polas paisaxes que Llorens plasmou nalgúns dos seus cadros máis famosos. Esta ruta poñerá de manifesto a súa especial relación con estas paisaxes das Mariñas que cobran unha importancia transcendental na súa obra, sobre todo as perspectivas costeiras, converténdoo nun dos paisaxistas de referencia na historia da arte do século XX en Galicia.



LUGAR: Bergondo, Sada e Oleiros



PUNTO DE ENCONTRO: Casa da Cultura Pintor Llorens, Sada



HORA: 11.00-14.00 h



DATAS: 28 de outubro, 11 de novembro e 2 de decembro



PREZO: 18 €/ persoa



 


RUTA 3.- O MODERNISMO NA CORUÑA E SUA CONTORNA



Este itinerario combina unha visita a pé pola Coruña modernista, cidade natal do pintor Francisco Llorens, cun percorrido guiado en autocar por algúns lugares das Mariñas, para centrar a atención do visitante na irrupción deste renovador estilo arquitectónico de finais do século XIX e principios do XX na bisbarra. Este percorrido permitirá coñecer aqueles edificios modernistas máis emblemáticos da cidade, desde a Praza de María Pita ata a contorna da Praza de Lugo. A visita inclúe xantar na Coruña.



LUGAR: A Coruña cidade, Oleiros e Sada.



PUNTO DE ENCONTRO: Praza de María Pita, A Coruña (monumento a María Pita)



HORA: 11.00-14.00h Visita a pé pola Coruña



14.00-16.00h Comida



16.00-19.00h Visita en autocar polas Mariñas



DATAS: 23 de setembro, 21 de outubro e 4 de novembro



PREZO: 28 €/ persoa



 


RUTA 4.- LLORÉNS E AS SÚAS PAISAXES DAS MARIÑAS DO INTERIOR



Percorrido guiado en autocar por algúns dos lugares do interior da bisbarra das Mariñas: Carral, Culleredo e Cambre, onde Llorens recrea a paisaxe en todo o seu esplendor cromático, e cuxos pazos e casais serán fonte de inspiración constante na súa obra.



LUGAR: Carral, Culleredo e Cambre.



PUNTO DE ENCONTRO/SAÍDA: Praza de Ourense, A Coruña



HORA: 11.00-14.00 h



DATAS: 27 de outubro, 18 e 25 novembro



PREZO: 18 €/ persoa



 


INSCRICIÓNS



En todas as rutas é necesaria inscrición previa a través dos seguintes medios:



OFICINAS VIAJES PACO: A Coruña: R/ Juan Flórez, 32 Ferrol: R/ Tierra, 15-19



Teléfono: 981 126 021 - 698 18 17 17 · Correo electrónico: info@icegalicia.com



PRAZAS LIMITADAS



ORGANIZACIÓN TÉCNICA: ICE GALICIA, S.L. R/ Tierra, 15-19. Ferrol




Fecha: 08/09/2017

 
Archivo PDFDiptico Rutas Llorens DEFINITIVO(1).pdfDescargar ArchivoDescargar

artigos
conferencias
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia