próximas xeiras

DOMINGO 27 DE AGOSTO: SÚMATE A UNHA XEIRA ANTOLÓXICA POLO COUREL

Ampliar imagen
Ampliar imagen

Dedicamos este último domingo do més de agosto a un recorrido inesquecible polos lugares máis representativos da serra do Courel. Viaxe cómodo, en autocar: seguindo o río Lor por terras de Quiroga, a Hermida, onde apareceu o célebre Crismón labrado en mármore no século V, visitando os pregues  xeolóxicos de Campodola,  Folgoso, o tipismo e sinbgularidade etnográfica das aldeas de Seceda e Sobredo, co castro romanizado da Torre. Sen faltar o xantar enxebre en Seone, a base de troitas, lacón con castañas, año... e de sobremesa queixo do  Cebreiro...Continuando por Moreda e Parada, a aldea  coa casa grande e o milenario souto cantados polo bardo courelá Uxio Novoneyra. Espazos onde somos recibidos de xeito inmellorable poilos herdeiros do vello amigo.



Rematará a viaxe ollando a mina de ouro de termpos romanos da Toca, deixando tamén a aldea Pacios e tendo aínda tempo pra unha completa visita ao Cebreiro, das pallozas e do Santaurio, dos mitos artúricos arredor do Grial, do milagre eucarístico... entre moitos outros espazos en función do tempo cronolóxico e climatolóxico que será aproveitado de xeito óptimo. Unha viaxe pra sentir Galiza, sempre diferente por moitas veces que se vaia ao Courel e  que deixa pegada no corazón e que convida a volver e exclamar con Novoneyra aquelo de  " Ou Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe...Eiquí é onde se sinbte o pouco que é un home".  ¡¡ANOTATE XA, TRATASE DUNHA VIAXE  ESPECIAL, MINORITARIA, UNICA, EN AUTOCAR PEQUENO...!!!




Fecha: 09/08/2017


artigos
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia