próximas xeiras

DOMINGO 30 DE XULLO: XEIRA A TERRAS ASTURIANAS DE GRANDAS DE SALIME, OSCOS E TARAMUNDI

Ampliar imagen
Ampliar imagen

Dedicaremos esta xornada a visitar terras asturianas limitrofes con Galicia. Recorrido que nos leva por terras lucenses da Fonsagrada, seguindo o camiño primitivo a Compostela, " de Ovieu", pra chegar a Grandas de Salime, coñecer a súa riqueza arqueolóxica, especialmente castrexa, e como non o seu Museo Etnográfico, centro referente e obra do noso amigo Pepe el Ferreiro. De seguido continuaremos por terras montesías dos  Oscos contando aspectos da súa riqueza cultural, arqueolóxica, mineira, as ferreirías, os ilustrados... e  o artesanado... Finalmente  remataremos o día visitando Taramundi co seu recinto etnográfico de muiños e ferreirías dos Teixoes.  Non faltes, esperamoste.




Fecha: 05/06/2017


artigos
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia