comunicados

XERMOLOS DE GUITIRIZ RECUPERARÁ A CASA DO POETA DÍAZ CASTRO

Recibimos o cumunicado que trascribimos abaixo e ao que  se suma  o noso colectivo, tamén o podedes facer de xeito particular, mesmo espallándoo:



A Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz recibiu da familia do poeta Xosé María Díaz Castro a súa casa en ruínas que agora queremos rehabilitar para convertela na Casa da Xente, para devolvela ao pobo convertida en museo, pousada de creadores, escola das e dos nosos escritores, local social para a veciñanza, centro de formación e interpretación do rural, etc. Somos unha Asociación Cultural que funciona grazas a voluntarios e voluntarias, sen capacidade para aventurarnos sós neste proxecto. Necesitamos da axuda de todas e todos, con pequenas colaboracións que nos permitan seguir soñando.  Con este motivo lanzamos hoxe, día 17 de abril, a nosa campaña de crowdfunding (micromecenado a través de internet) coa cal aspiramos a recolectar arredor de 24.600€ que nos permitan levar a cabo as medidas máis urxentes antes de que o deterioro sexa xa irreversible. Agradeceríamos calquera aportación, ademais da difusión nos vosos círculos e perfís persoais. Para coñecer máis información sobre o proxecto ou facer as vosas aportacións visitade este link https://www.goteo.org/project/a-casa-da-xente. Saúde e terra!



[Guíta titorial de como facer aportacións en Crowdfunding: http://goteo.org/blog/566 ]




Fecha: 18/04/2017


artigos
proxeccións
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia