comunicados

RECLAMACIÓN DE CASAS ADQUIRIDAS PARA MUSEO EN COMBARRO DEDICADAS A OUTROS FINS

Ampliar imagen
Ampliar imagen

Amigos dos Museos de Galicia fixo chegar a diferentes administracións, estatais, provinciais de Pontevedra e mesmo do concello de Poio, un amplo e documentado informe sobre dúas casas típicas de Combarro, concello de Poio, Pontevedra, que foron adquiridas por diferentes administracións, a fin de dedicalas a Museo do Mar de Combarro, o que se creou por decreto no 1969.



Este proxecto museístico de Combarro parte do 1950 por parte da Deputación de Pontevedra que compra un destes inmobles, nobles, con patín e solaina, posteriormente o Ministerio de Educación, a fin de dar maior servizo ao que sería futuro Museo de Combarro compra outro inmoble inmediato, dando ambos os dous á un ha gran eira sobre unha peneda e horreos. A boa canteiría pontevedresa faise patente.



Pasado o tempo  transpapeláronse os documentos, variaron as ideas e a aquelas casas dedicaronse incluso a fins diferentes, a "Taberna Bar".



Combarro esta nun área turística moi concurrida das Rías Baixas, visita complementaria de Pontevedra, espazos sensibles no que se fan patentes as esencias enxebres labregas e do mar , así pois resumo identitario de Galicia, postal representativa, merecente das maiores atencións e cautelas por parte das administracións.




Fecha: 19/01/2017


artigos
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia