Categoría: Próximas xeiras


Previa a inscripción, esta xeira partirá ás 15 horas da parada de autobuses do Sporting Casino (inmediata ao Obelisco), en dirección a Pontevedra , Poio, a fin de visitar de xeito integral a Escola de Canteiros, en plenas horas de clase e funcionamento: aulas de análise de pedras, química, aulas de debuxo ao natural, biblioteca, talleres, maquinaria auxiliar, instrumentos... experiencia en construcción de bóved [...]

Derradeira xeira do ano 2019 que nos levará polos "locus amoenus", os inspiradores e amados lugares para o poeta  Manuel María. Excursión seguindo os textos literarios deste creador literario que foi un dos grandes e incondionais amigos do noso colectivo. Visita  en Outeiro de Rei á "Casa de Hortas", hoxe Casa-Museo gardadora das esebncias do chairego, os arredores: o Campo de Santa Isabel, as Penas de Rodas...  o [...]

A visita prevista pro xoves 14 de novembro á  Escola de Canteiros de Poio queda por posposta polo imprevisto de obras urxentes naquel centro. Pendente pois a súa realización para un día lectivo do mes de febreiro, o que anunciaremos previamente nestas páxinas. Visita que ven a ser unha recomendable, importante e sorpendente lección para introducirnos na antiga e tradicional arte dos canteiros: debuxo, tipoloxías de pe [...]

Para adentrarse na historia da cultura galega compre coñecer ben a cidade de Braga, unha das grandes capitais da Gallaecia Romana e importante núcleo e rival de Compostela no Medievo. Dende esta óptica o noso colectivo dedicará este fin de semana  de outono á furar na capital do baixo Minho. Xeira que partirá ás 9 da mañán do sábado 23, dende a parada de Bus do Sporting-Casino, Obelisco, ( punto de saída [...]

Confirmamos xa as datas desta esperada visita (xoves 28 de novembro e venres 13 de decembro), grupos especiais de 30 persoas: Saída ás 15 horas da parada de bus do Sporting Casino, previa inscrición que deberá facerse no noso espazo de cultura, Portas Àrtabras, ou chamando ao tfn. 981 210 101. Trátase dunha visita tanto pra coñecer a historia da Catedral de Santiago, como do simbolísmo do Pórtico, así como o recente [...]

Podes sumarte a esta xeira que, dende a Coruña  nos levará ao Carballiño, cerna na que complementar aspectos menos coñecidos da vila. Visitando en ester caso o Balneario, a Pena dos Enamorados, a fábrica de papel e o conxunto etnográfico do Arenteiro... Río que seguiremos até adentrarnos no campo da Saleta, o sorprendente románico de Astureses e Xurenzás, Cameixa , Salón, volta a pasar por [...]

Podes anotarte a esta excursión cultural que neste domingo do primeiro ]outono que nos levará ao Sur da provincia de Ourense. Estrada bordando a Vía Nova ou XIX, a que unía Astúrica con Brácara, pasando por Bande, coñecendo o campamento e mansión romana de Aquis Querquennis, as termas… seguindo pola igrexa visigótica de Santa Comba, o balneario de Río Caldo, Entrimo coa súa sorprendente Colexiata  barro [...]

Podes participar nesta xeira especial con recorrido a través dun universo pouco coñecido entre dúas vilas mariñeiras por excelencia, Muros e Noia, as que coñeceremos de xeito integral. Arqueoloxía, arte, historia, etnografía, tipismo e canto hai entre ambas vilas: o Tambre, a ría, a Ponte Nafonso, San Ourente de Entíns e Outes cos seus carpinteiros de ribeira, Bornelle cos conxuntos de hórreos, o Cachón co seu [...]

Está aberta a inscripción para sumarte a esta xeira especial e tradicional no noso colectivo pro tempo de verán. Visitaremos a Hermida de Quiroga, adentrándonos no Courel polo Alto do Boi, os Vilares, Santa Icía,  Folgoso....e coma tantas veces as aldeas de Seceda e Sobrado, tan repsentativas desta serra lucense. Minas de ouro en tempos romanos, castros, soutos, vellas ermidas e solitarios camposantos... Non deixaremos de entrar nos predios  que [...]

Como complemento da pasada xeira do domingo 28 de xullo a terras pontevedresas do Condado, esta nova excursión cultural , pensada pros días longos do verán e buscando espazos de frescura, estará dedicada a recorrer outra banda arraiana do Miño: dende Arbo, atravesando pola ponte do celebrado Miño lampreeiro a Melgaço, seguindo Monçao. Área vitivinícola do celebrado Alvarinho, arredor do solemne e espectacular Pazo da Breijoeir [...]