Categoría: Outras actividades


O xoves 29 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do manifesto, Máis alá! (que neste 2022 está de centenario), de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Publicado por embora con estudo introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souzao. No acto contarase coa presenza de Xosé María Dobarro (profesor, investigador e coeditor literario do libro) e de Xesús Torres Regueiro (historiador, investigador e coeditor literario do libro).

O xoves 22 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras, o escritor e profesor de Ciencias da Educción da Universidade da Coruña Héctor Pose presenta "MUXOS" (Hércules ediciones), novela que obtivo o accésit no I Premio de Novela Asubío da Fund. María José Jove. "Muxos" é unha novela curta que apela á sensibilidade cara á aquelas persoas que que son estigmatizadas por algunha razón, converténdoas en invisíbeis. Prosa exquisita nun nobelo de historias onde o mar está omnipresente no devalo dos días [...]

ATENCIÓN SEÑORA, xoves 1, Portas Ártabras (A Coruña), ás 20 h. Volta ALDEA TERREMOTA! “A aventura de Chumín, gaiteiro contratado nunha aldea na que a ninguén lle acorda que é o día da festa”. Sesión dramática sobre as fotografías que fixo Pablo Gallego en 1997, coa música de Xoán Creus, e o retorno de Sofía de Labañou ! Xurxo Souto, “XX anos de literatura”, CELEBRACIÓN !

O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña), terá lugar a presentación de "CANCIONEIRO DE BUÑO" de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos. Participan no acto: Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo [...]

O xoves 17 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "OVIEDO, EL CRONISTA" de Manuel Romero Mengotti. "Esta es la historia de la apasionante vida de Gonzalo Fernández de Oviedo, el historiador de Indias y cronista oficial del emperador. Al servicio de los Reyes Católicos, de Carlos V y de Felipe II, recorrió toda España, Flandes, la Italia renacentista de norte a sur, y cruzó ocho veces el Atlántico para denunciar ante los reyes los abusos de algunos gobernadores d [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a presentación do libro de poesía de Merche Antón: "ESCONXUROS". No acto acompañarán a autora: Siro López (ilustrador) , Santiago Fernández (actor) e Xulio Valcárcel (editor). Resumo: “A reflexión amorosa atinxe, a un tempo, á memoria de vivencias e aconteceres do pasado e a denuncia dos problemas actuais: atentados ecolóxicos, desgrazas, naufraxios, guerras e inxustizas cometidas por causa do imperia [...]

O xoves, 3 de novembro, ás 20 horas terá lugar no Espazo Cultural Portas Ártrabas (rúa Sinagoga, 22, baixo) o acto de presentación do libro do poeta Luis Suñén "Como néboa que entra". É unha antoloxía bilingüe castelán-galego, editada por Medulia. A selección e tradución dos poemas foi responsabilidade de Xosé María Álvarez Cáccamo. Intervirán no acto o autor, o tradutor, o escritor Xavier Seoane e o director da editorial Medulia, Xulio Valcárcel.

O xoves 20 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Santiago Juega Puig: "PERIPLO AL MALUCO. LA CASA DE CONTRATACIÓN DE ESPECIERÍA. A CORUÑA, 1522 - 1529" En 1522, tras o regreso de Elcano a bordo da nao Victoria, Carlos I creou na Coruña a Casa de Contratación da Especiería, coa intención de centralizar toda a actividade coas Illas Molucas. Partiron tres expedicións: Esteban Gómez (1524-1525), Loaísa-Elcano (1525-1536) que conseguiría realizar a segunda c [...]