Categoría: Conferencias


O xoves 8 de setembro, ás 20 horas en Portas ´Ártabras terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión fará un análisis iconográfico, remarcando os paralelismos con outras culturas do relato de "LA CREACIÓN DEL MUNDO", tal como é narrado nos primeiros capítulos do "Xénese".

O xoves 14 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en arte medieval José Luis García Dornelas continuará o ciclo "Paganismo e Relixión na Arte" cunha conferencia arredor das: "DEVOCIONES CORUÑESAS: ESCENAS DE SANTA LUCÍA, SANTA CATALINA, SANTA MARGARITA Y SAN CRISTÓBAL EN EL ARTE" Conferencia na que se comentarán escenas pouco coñecidas das vidas destes santos e de como se manifestan a través da Arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintu [...]

O xoves 30 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22- A Coruña) terá lugar a conferencia do Doutor e Profesor de Historia Antiga da USC Francisco javier González García titulada: "O CABO E O PORTO DOS ÁRTABROS. RELENDO A COSTA GALEGA NA ANTIGÜIDADE." BREVE CURRICULUM: Francisco Javier González García (A Coruña, 1964). Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor Titular de Historia Antiga no Departamento de Historia da USC e Investigador do Grupo Síncrisis. Inves [...]

Nesta semana Amigos dos Museos de Galicia, desenvolve unhas xornadas sobre TRADICIÓNS ROMANAS EN GALICIA, centradas cunha conferencia en Portas Artabras, Sinagoga, 22,  (xoves 23 de xuño, ás 20 horas) e o domingo 26 de xuño, cunha xeira a fin de coñecer aspectos  da area arqueolóxica romana das Médulas e do Sil, así do seu patrimonio inmaterial, como son os ritos, do solsticio, os do San Xoán . Información Amigos Museos G.   630930298

O xoves 9 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en arte medieval José Luis García Dornelas retoma o ciclo "Paganismo e Relixión na Arte" cunha conferencia arredor das: "DEVOCIONES CORUÑESAS: ESCENAS DE SANTA BARBARA, SAN JORGE, SANTA LUCÍA Y SANTA CATALINA EN EL ARTE" Conferencia na que se comentarán escenas pouco coñecidas das vidas destes santos e de como se manifestan a través da Arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultu [...]