Categoría: Conferencias


O xoves 15 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas nos falará arredor de "LA OTRA NAVIDAD", coa proxección de arredor dun centenar de imaxes explicará as escenas e personaxes que se esqueceron ou eliminaron do Nadal, pero que deixaron a súa pegada nas obras de arte. Actividade enmarcada dentro do ciclo: Paganismo e Relixión na Arte. Entrada libre ata completar aforo.

O mércores 14 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar o encontro con Xurxo Mares, no que se presentará o seu segundo libro "Bailando el agua" (2022) é un libro autoeditado que repasa as décadas dos 70, 80, 90 e ata hoxe na Coruña, xa noutro contexto e outras peripecias propias da idade do narrador, música, publicidade, La Voz de Galicia, Antena 3 de Galicia, dobraxe, cine (cortos e largos), teatro ou televisión (series), Discos Portobello, El Linar, el Cine Goya, Casa Enrique o El [...]

ATENCIÓN SEÑORA, xoves 1, Portas Ártabras (A Coruña), ás 20 h. Volta ALDEA TERREMOTA! “A aventura de Chumín, gaiteiro contratado nunha aldea na que a ninguén lle acorda que é o día da festa”. Sesión dramática sobre as fotografías que fixo Pablo Gallego en 1997, coa música de Xoán Creus, e o retorno de Sofía de Labañou ! Xurxo Souto, “XX anos de literatura”, CELEBRACIÓN !

O mércores 30 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) terá lugar a conferencia do escritor Miguel Anxo Fernán Vello titulada:"MARÍA CASARES, CORUÑESA, GALEGA E UNIVERSAL" Maria Victoria Casares Pérez , "Vitoliña" como lle chamaban os seus máis achegados, naceu na Coruña no 1922, filla de Gloria Pérez e de Santiago Casares Quiroga, Presidente do Goberno de España na II República. Familia que viviu unha intensa vida marcada fondamente pol [...]

O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña), terá lugar a presentación de "CANCIONEIRO DE BUÑO" de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos. Participan no acto: Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo [...]

O mércores 23 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) a conferencia de Andrés García Pascual titulada "GALICIA S.XIX. OCUPACIÓN FRANCESA. LAS CARTAS, ESOS DOCUMENTOS HISTÓRICOS". García Pascual, coruñés de pro, é un recoñecido filatelista e historiador do universo postal, reunindo unha importante colección. Sobranceiro e mesmo imprescindible entre filatelistas de todo o mundo. Nesta conferencia abondará sobre os documentos, especialmente cartas, do tempo d [...]

O venres 18 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia de Rafael López Loureiro (mestre da escola de Cedeira, é o principal impulsor do Samaín), titulada: "ANTÓN DE GARAY... PIRATA TEMERARIO OU VÍTIMA XUDICIAL?". Unha nova interpretación desta figura histórica á luz da lectura completa do seu proceso. Unha historia coruñesa, vasca e cedeiresa acontecida entre 1509 e 1510.

O xoves 17 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "OVIEDO, EL CRONISTA" de Manuel Romero Mengotti. "Esta es la historia de la apasionante vida de Gonzalo Fernández de Oviedo, el historiador de Indias y cronista oficial del emperador. Al servicio de los Reyes Católicos, de Carlos V y de Felipe II, recorrió toda España, Flandes, la Italia renacentista de norte a sur, y cruzó ocho veces el Atlántico para denunciar ante los reyes los abusos de algunos gobernadores d [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a presentación do libro de poesía de Merche Antón: "ESCONXUROS". No acto acompañarán a autora: Siro López (ilustrador) , Santiago Fernández (actor) e Xulio Valcárcel (editor). Resumo: “A reflexión amorosa atinxe, a un tempo, á memoria de vivencias e aconteceres do pasado e a denuncia dos problemas actuais: atentados ecolóxicos, desgrazas, naufraxios, guerras e inxustizas cometidas por causa do imperia [...]