Categoría: Conferencias


O xoves 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: "O MOITO QUE MONTEVIDEO LLE DEU Á NOSA TERRA", pronunciada polo escritor Xosé María Monterroso Devesa. Foi Montevideo, pola sua dimensión con respecto ao Uruguai -metade da poboación do país-, o núcleo urbano e humano que desempeñou un papel exclusivo e relevante na historia de Galiza e na vida dos galegos daquén e dalén mar. Pois se Buenos Aires é a enorme metrópole galega da Galiza da diáspora, a capital ur [...]

O xoves 28 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro "NON MÁIS ALÓ DAS NUBES", de Xabier M. Betanzos editado por Medulia Editorial. No acto ademais do autor participará Miguel Anxo Mato Fondo (escritor). Entrada libre ata completar aforo. Resumo: Dona Constanza, unha marquesa á que os seus fillos pretenden incapacitar xudicialmente a causa do manexo dispendioso da súa facenda foxe da súa casa cunhas poucas pertenzas que vai arrastrando nun carriño da compra. [...]

O xoves 21 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras conitinuaremos co ciclo da Crónica dunha viaxe a Grecia. Actividade que consisitirá nunha crónica , ilustrada de imaxes, realizada por Felipe Senén, da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizou na segunda quincena de xuño, con especial atención á illa de Creta, á cultura minoica e micénica, seguindo a Atenas e outros puntos do Peloponeso. Actividade no que o conferenciante abondará na civilización grega e a súa incidencia no Mediterran [...]

O xoves 14 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "LA CARTOGRAFÍA EN EL ARTE ANTIGUO Y MEDIEVAL" A charla acompañarase coa proxección de máis dun centenar de imaxes para mostrar a concepción que se tiña do mundo ao longo dos séculos, facendo especial fincapé nos mapas simbólico-relixiosos que poñían de manifesto a xeometría como reflexo da divindade. Esta actividade está [...]

O xoves 10 de agosto, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "EL VIOLENTO Y MUJERIEGO REY DAVID" A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos polos que un mítico rei mullereiro, adúltero, perxuro e asasino foi convertido polo cristianismo en antepasado de Cristo, monarca culto e autor dos Salmos. Esta actividade está enmarcada n [...]

O xoves 3 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras visionaremos un documental sobre o Partenón da acrópole ateniense. Con esta proxección iníciase un ciclo que continuará en xoves seguintes e nos que Felipe-Senén lembrará e analizará histórica e culturalmente o recorrido realizado por noso colectivo no pasado mes de xullo por Creta, Atenas e o Peloponeso.

O xoves 20 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida pola arqueóloga Ana Isabel Filgueiras, titulada OS CEREMONIAIS FLORAIS GALAICOS: ORIXE, LÍRICA E LEGADO MUSICAL. Repaso de tradicións galegas, repartidas ao longo do ciclo agrario anual que radican no mundo céltico e román. Costumes fortemente cristianizadas, fundamentalmente en relación co tempo primavera, Candeloria, Entroido, Maios, San Xoán... ás que abren á luz e ás froles, como símbolo de novos frutos n [...]

O xoves 13 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "SANTIAGO Y LA LEYENDA JACOBEA" A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos económicos e políticos que xustificaron a elaboración de varios relatos lendarios, tratando de explicar a translación das reliquias do apóstolo desde Xerusalén a Galicia e o descubrimento, sete [...]

O xoves 6 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do arqueólogo e investigador Lois Ladra, na que falará dos MUIÑOS DE VENTO DA CORUÑA: HISTORIA E ICONOGRAFÍA. Aínda que hoxe a penas se conservan os restos parciais dun antigo muíño de vento no Parque de Santa Margarida, a comezos da Idade Moderna eran varios os que señoreaban a paisaxe herculina, destacando como sentinelas recortados no horizonte da cidade. E así aparecen representados en diversos cadros e grava [...]

O xoves 22 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada por Victorino Pérez Prieto (escritor e teólogo) arredor de "SANTA MARIÑA, SAN PAIO, SANTO AMARO E OUTROS/AS SANTOS/AS GALEGOS/AS. ENTRE A HISTORIA E A LENDA". As santas e os santos galegos foron cristiáns que levaron unha vida virtuosa ao servizo da xente e de Deus. Máis que as biografías deles, as que chegaron até nós foron as súas haxiografias lendárias. Mesmo as dalgúns son só fermosas lendas. As e os d [...]