Categoría: Conferencias


O mércores 18 de maio (Día Internacional dos Museos) , ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia: "PONTEVEDRA E A PEREGRINACIÓN A COMPOSTELA" impartida polo Historiador da Arte Carlos Valle Pérez. Neste "Día dos Museos" daremos a coñecer o "Premio Pedra do Destino 2022", dedicado a aquelas persoas caracterizadas pola súa actividade na salvagarda e difusión do Patrimonio Cultural de Galicia.

O xoves 12 de maio ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 -A Coruña) a presentación do libro: "CARVALHO SEMPRE, ALUSTRES DE VIDA E OBRA" de Luis G. Soto e Tareixa Roca editado por Espiral Maior, no acto, alén dos autores participará o editor: Miguel Anxo Fernán Vello. Entrada libre ate completar aforo. Tareixa Roca (Guitiriz, Lugo, 1956), catedrática de ensino secundario de Lingua e Literatura Galegas, é membro da primeira promoción de licenciados en filoloxía galego-portuguesa [...]

O xoves 28 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, baixo - A Coruña) a conferencia do arqueólogo e Profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo Diego Piay Augusto arredor de: "As vilas romanas na antiga provincia de Gallaecia" As vilas foron estruturas de carácter residencial e produtivo situadas no mundo rural, moi características da civilización romana. A súa presenza esténdese, aproximadamente, desde o século II aC ata o V dC. Atópanse dispersas por todo o [...]

O xoves 7 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras Jose Carlos Alonso Sánchez presentará LIBROS POLA “ P” - “Puerto de A Coruña” e “Puente del Pasaje”. Jose Carlos Alonso Sánchez, redactor desde hai 6 anos do “Proyecto FLUJOS” presenta con estes dous títulos da súa colección (noveno e décimo primeiro) os primeiros que abordan temas de interese para o conxunto da cidadanía coruñesa. O porto porque tivo unha panoplia de implicacións (laborais, lúdicas, transporte…) e a ponte por que a través del pu [...]

O xoves 31 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da nova publicación de Amigos dos Museos de Galicia: DE CEE A COMPOSTELA: Un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade, de Victor Manuel Castiñeira Castro, historiador e Técnico de Cultura do Concello de Cee. Cada asistente recibirá un exemplar do libro de balde. Entrada libre ata completar aforamento. "Afortunadamente, cada vez son máis numerosos os traballos de investigación e divulgación sobre a importancia [...]

O xoves 24 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Ángel Arcay Barral "Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza", no acto ademais do autor participará Ernesto Vázquez Rey (Presidente de Amigos do Museo de Pontevedra), que tamén colabora na publicación. LAS 1001 RECETAS DEL PALACETE DE LAS MENDOZATrátase dunha obra que recolle a transcrición de 1001 receitas elaboradas polas irmás Mendoza no seu palacete de Santa María, no centro de Pontevedra, e que cont [...]

O xoves 10 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación dos libros "Testemuño da Guerra Civil" de Isabel Ríos, así como de "El Defensor" de Manuel Romero Mengotti. Presentará Testemuño da Guerra Civil o traductor do libro ao galego Xosé Antón García Ferreiro e visionaremos videos con entrevistas a Isabel Ríos e ao fillo da autora, Manuel Calvelo, que finalmente non pode asistir ao acto. A Continuación Manuel Romero Mengotti presentará "El Defensor" TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL [...]